De onde xorden as emocións?

Para finalizar a miña travesía por este blog decidín investigar sobre unhas constantes que acompañan ao individuo ao longo da súa vida, e que inflúen no seu comportamento e nas súas relacións interpersoais e intrapersoais: as emocións.

No libro de Eduardo Punset “Excusas para no pensar”, o autor fálanos de que moitos psicólogos se concentraron, case exclusivamente, nos aspectos privados, e non sociais, das emocións. Non só os psicólogos, moitos de nós pensamos que as emocións son elementos que aparecen de repente e que son o resultado das nosas propias interpretacións do que nos sucede. Con todo, se temos en conta todas as experiencias emocionais na nosa vida cotiá, a maioría das cousas que xeran emocións teñen que ver coa reacción doutras persoas. As nosas emocións están determinadas polo que pensan os que nos rodean, pois son produto do noso proceso de socialización. Isto lévanos á falar da existencia de diferenzas interculturais na expresión das emocións básicas e universais. Un exemplo desta diversidade é o feito de que determinados idiomas e culturas teñen certas palabras para designar unas emocións, que non teñen traducción directa noutras linguas. Brian Parkinson, profesor de psicoloxía social na Universidade de Oxford, cre que a maioría dos acontecementos que xeran en nós certos sentimentos teñen que ver con outras persoas: por exemplo, enfadámonos se alguén nos engaña ou alegrámonos se alguén nos felicita.

Hoxe sábese que todos nacemos coas mismas emocións básicas, independentemente da cultura onde nos desenvolvamos. Pero a expresión social desas emocións pode cambiar en función dunha cultura determinada.

 

Geada Ares

S2D

2b1

Posted on 12 Maio, 2012, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Imaxínese vostede unha Antía xinesa ou alemaña, ou andalusa….que emocións súas serían posibles nisas culturas, nisas sociedades. E nista?
    Martínez Hermida CIC

    • Non sei exactamente como poderían ser as miñas emocións vivindo nesas culturas tan diferentes. Supoño que depende do proceso de socialización no que cada persoa se desenvolve. Un exemplo destas diferenzas dependendo da cultura demostrouno un experimento que se fixo nos 70 cuns estudantes, no que que os estudantes xaponeses expresaban as súas emocións de forma distinta á dos estadounidenses, ocultando as emocións negativas a través de expresións máis positivas.

  2. Yo creo que las emociones no solo tienen que ver con hechos ocurridos en relación con otras personas. También nos alegramo o entristecemos por logros y fracasos individuales. Por otro lado, creo que las emociones tienen que ver mucho con nestro corazón. Cuando algo nos emociona sentimos un pálpito mucho más rápido. En ese momento un escalfrío nos recorre por dentro y no queremos que nunca se acabe.

    • Evidentemente existen certos aspectos privados que inflúen nas nosas emocións, pero tamén existe un lado social das emocións, que é ao que me refiro no post. Ese lado que moitas veces algúns profesionais non teñen en conta.
      En canto ao corazón, dende o meu punto de vista, as nosas emocións non dependen do noso corazón son máis ben produto do que pasa no noso cerebro.

  3. Rocío Quintana Fernández, S3E, 3B2

    Estoy de acuerdo con Diego. Las emociones dependen de nosotros mismos. No todos reaccionamos igual ante una misma circunstancia aunque la vivamos de igual manera y estemos rodeados de las mismas personas. Nuestro entorno nos provoca reacciones pero depende de nosotros como las gestionamos y como nos afectan. El refrán cada persona es un mundo, para mí lo refleja a la perfección. Por eso cuando nos sucede algo traumático o inesperado; o por lo contrario, algo muy emocionante y bueno nunca sabemos cómo va a reaccionar la otra persona ni siquiera sabemos cómo reaccionaríamos nosotros ante tal acontecimiento, solo nos atrevemos a imaginarlo.

    • Concordo contigo cando dis que as emocións tamén dependen de nós mesmos, ese é , digamos, o aspecto privado dende o que xorden os nosos sentimentos. Con todo, numerosos estudos aseguran que todos nacemos coas mesmas emocións básicas e que é a cultura onde nos desenvolvemos a que determina a expresión social destes sentimentos.

  4. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Me gustó este post, Antía. Me parece muy interesante la manera de expresar el surgimiento de las emociones, y estoy completamente de acuerdo. También es cierto que no solo depende de los demás, sino de nosotros mismos, pero creo que la mayor parte de las cosas que hacemos y la impresión que tenemos de si eso está mal o bien hecho es por unos parámetros que se han fijado en la sociedad o en la relación concreta con una persona. Por tanto, sigo estando de acuerdo con Punset a pesar de todo.
    Y en cuanto a la asociación con el corazón… nunca lo he visto así. Creo que todo está en nuestra cabeza. Y muestra de esto es que cuando perdemos la memoria, perdemos gran parte de los sentimientos hacia otras personas.

  5. Gústame que fagas referencia a eses parámetros que están fixados na sociedade, pois creo que na maioría das veces son os que se ven reflectidos nas nosas actuacións e na maioría das veces son os que as determinan. Eu tamén creo as miñas emocións dependen, en parte, de min mesma, mais tamén opino que os que me rodean igual que, en certo modo, inflúen nas miñas decisións, tamén inflúen na miña forma de exteriorizar o que sinto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: