Non só quedarei sen estudos; tamén quedarei sen vida

Moitos protestan, con razón, pola suba das taxas universitarias e polo cambio da dación de becas porque ven, coma min, perigar os seus estudos. Eu vexo, ademais, perigar a miña felicidade.

No meu lugar non teño relación con ninguén. Son o que se chama unha “marxinada”. Pero aquí en Santiago a cousa cambia. Dende que cheguei á facultade, e sobre todo este  curso, a miña vida social cambiou. Parece mentira que nunha clase se poidan formar relacións persoais tan fortes coma estas. Na facultade puiden coñecer a moita xente e, entre esa xente, atopar grandes amigos. Pero todo o que acadei pódoo perder en xullo. Se non aprobo o 100% das materias, o curso que vén eu non poderei volver para cursar terceiro. E se non volvo, perderei a miña vida. E se ben é certo que ata o de agora fun quen de vivir soa, a partir de agora non poderei, porque agora sei o que perdo. E sei que se ben o roce fai o cariño, tamén sei que a distancia pode facer que perda o que  gañei.

Non sei vós, pero eu considero que sacar un curso limpo na universidade é algo moi difícil. Penso que é un abuso pedir sacar o 100% das materias para poder ter beca, sen contar case outros factores. E penso que perder a felicidade que acadei é un prezo moi elevado por non ser unha alumna brillante.

Aproveito o post para dicirvos ós que o leades que, se ó final non volvo o curso que vén, botareivos moito de menos. Porque algunha vez escoitei que as mellores e máis duradeiras amizades son as que se forman na universidade.

Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1

Posted on 13 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: