E se damos a cara?

Foi en 1993 cando se estableceu o Día Mundial da Liberdade de Prensa pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas seguindo a Recomendación adoptada durante a 26ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO.

O pasado xoves foi un día raro…e máis para os xornalistas. En lugar de celebrar un ano máis o día da liberdade de prensa os xornais, a televisión e a radio enchíanse de queixas e choros pola situación pola que pasa a nosa profesión. Baixo o lema “Sen xornalismo non hai xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia” milleiros de xornalista saíron á rúa para reivindicar o seu rol. Un rol que se ve agravado polo crise.

A Asociación de Prensa de Madrid elaborou unha lista con 10 motivos dos que me gustaría resaltar un xa que o que reúne os actuais problemas de crenza na figura do xornalista: Porque defendemos un periodismo libre de presións e servidumes políticas e económicas que nos devuelva a credibilidad ante a cidadanía.

Por outro lado, como publica o xornal Público na súa web 6.200 xornalistas perderon o seu emprego nos últimos catro anos. Esta cifra, que non recolle aquelas persoas con estudos en xornalismo que nunca exerceron, é alarmante para a sociedade e tamén para aqueles que aínda estamos andando o camiño. Lendo os comentarios desta noticia xórdeme unha dúbida. De quen é a culpa? Uns culpan aos gobernos, outros ao pouco criterio que teñen hoxe en día os xornalistas… e nós que podemos facer?

http://www.youtube.com/watch?v=5ReQqkUIdQM

Oxalá todos saibamos dar a cara e enfrontarnos a aqueles que nos privan, que non nos dan ás para exercer un bo xornalismo.

 Lozano Aguiar

S2D

2b1

Posted on 8 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. As culpas estrélanse contra o vacío que ven logo de se facer ista pregunta. Dito isto tan bonito, e que oculta todo o problema, tamén confesarlle que a min a libertade da Prensa tanto me ten, se entendemos que a libertade prensa é a libertade das empresas de prensa (precisando: dos empresarios) Emporiso, tanto me ten, que xa teñen dabondo libertade para botar xenta á rúa. A min o que me preocupa é a libertade de Expresión, é dicir, a libertade de poder respostar e propor que corresponde a todos. Non cabe dúbida que o xornalismo é o exercicio, ou debera ser, de facilitar isa libertade de expresión, abrindo o abano da opinión pública. Eis eiquí onde podemos atopar parte da culpabilidade (ou sentimento de) Cre vostede que o actual xornalismo facilita o exercicio da libertade de expresión do conxunto da opinión pública? Ou só o fai dunha parte dila? Parese que moitos dos xornalistas pensan que non, mesmo os que defenden (ou sobor de todo eles) a libertade de Prensa. E aí volvemos outra vez, permite a libertade de Prensa a libertade de Expresión? É dicir, permite a liberalidade que se ten cos empresarios de prensa facilitar o exercicio dun xornalismo que atende ao conxunto da opinión pública? Quen non tivera pecado que tire a primeira pedra. Hai alguén tan falaz que diga ( e sobor de todo practique), niste contexto de crise actual- e tamén nos de bonanza-, que o xornalismo vai antes de poder comer? Penso que estes uroboros desfanse por si sós outorgándose o papel, cada un de nós, de negociador das realidades, de dialogador, de reclamador, fronte ás posicións maximalistas, de poder ou de apropiarse dos medios e crear outros que respondan ás nosas necesidades. Ó cabo, estas mudanzas nas propiedades dos medios son necesarias cada tempo para proceder ós cambios, o problema devén cando téntase manter a estrutura máis tempo da súa obsolescencia social.
    Saúdos.
    Martínez Hermida CIC

    • Lara Lozano Aguiar

      Entendo o que me quere transmitir e non lle digo que primeiro o que necesitamos é liberdade de expresión. Pero para poder ter iso é necesaria a liberdade de prensa, que non a hai porque aos empresarios o único que lles importan son os cartos. Que máis dá, o que importa é encher os petos. Eu coincido en que o xornalismo actual só dá voz a uns poucos e volvo ao tema dos cartos e da política. E se nos parten a cara como facemos logo? Non nos deberían ensinar como conseguir que isto cambie. Nas facultades estes temas tócanse poucas veces, non sei se por medo a non saber falar deles ou porque non interesa ensinalo aos futuros xornalistas. Pero dígame vostede, cal cre que é a solución? Cambiar a estructura porque xa non procede nos tempos de hoxe? Grazas pola axuda!

      • Non podo compartir a tristura dista situación, aínda que eventualmente (diante dos feitos) a proclame. Penso que si, que xa chegou a hora de non entrar na roda e crear por vós mesmos as vosas expectativas, non recoller estas que nos ofrecen, tan pírricas e interesadas na explotación mísera do noso esforzo. Por tanto, crear novas saídas desde nós, cos compañeiros e compañeiras que temos ó redor (que son a base da vosa xeración) é a saída. Hai que ter valentía, albiscar un proxecto e facelo voso coa vosa vida como garantía. Con menos que máis acerto talvez ista asignatura (era o meu modesto propósito) amosoulles a súa capacidade de emprender en ámbitos e espazos que teñen ao carón de si, nos que creo que sinceiramente pode haber un futuro, unha experiencia máis enriquecedora e quizabes tan mal paga ao principio como as que ofrecen medios e gabinetes. Pero nas que vostedes poden, cando menos, decidir se son vencidos. O que máis precisa agora a sociedade non son xornalistas de salario, son comunicadores que muden, ou cando menos proxecten, novas empresas no mellor sentido dista palabra. Eu estarei disposto, nas miñas escasas forzas, a apoialos cada vez que o consideren. Para isoestou aquí, e penso que estarei. cando o precisen.
        Un saúdo.
        Martínez Hermida CIC

  2. E respondendo ao título do seu post:… nola parten.
    Martínez Hermida CIC

  3. Eu penso que non é nada sinxelo fuxir das rutinas productivas nas que están recaendo os medios, igual que tampouco é posible ignorar a crise e a incertidume que están a determinar o escenario de traballo do xornalista. Estou en contra de que os xornais estean plagados de intereses políticos e económicos, que o único que están a facer é atentar contra o verdadeiro xornalismo. Nesta realidade xorde un dilema para o xornalista: Escribe noticias sobre galiñas e pañais, ou deixa o seu traballo?

    • Supoño que fala dos xornalistas que teñen traballo agora, non si? e fala tamén do “verdadeiro xornalismo”, non? Agora diste tipo non abonda, aínda que o que hai tamén aplica ises dogmas como a “verdade”. Como na obxectividade eu non creo na verdade, podo crer na intersubxectividade e na honestidade, na decencia común. Sempre pensei que o exercicio do xornalismo, bueno non sempre que un vai aprendendo a base de labazadas e de atoparse coa crúa cotidianidade e a miseria que che arrebenta diante dos morros, era a pescuda da xustiza social, é dicir, da equidade das voces e a fidel descrición dos contextos nos que se vive o conflito. Dito isto, vostede formula: non é nada sinxelo fuxir das rutinas. Como os malos hábitos as rutinas son difíciles de subsanar (digo as rutinas das empresas ou nas que as empresas informativas tentan involucrarnos), pero hai que proporse facelo, paseniño, na construción das axendas cidadanas, en cada compromiso coas noticias, de non deixarse levar por uns e outros, pola comodidade e os discursos autocompasivos. Ninguén dixo que isto era fácil. Ser periodista é unha responsabilidade social moi grande e hai que crer, aínda que coste, no xénero humano e nas súas cualidades. Na construción política da sociedade que non é outra cousa que tentar mellorar as condicións da vida de todos.
      Ogallá os xornais estiveran realmente preñados de política (a construción pública) ou da economía ( ou sexa, de equidade na relación home-entorno), envez de burocracia e de estafas descaradas agachadas nas porcentaxes e nos decretos. Ogallá.
      Non sei de galiñas, nin de pañais (que non sei que interpretación lle quere dar) Non sei se ás galiñas que entran, polas que saen, ou que sempre que retiras un pañal vai cangado de merda. Se é do oficio de notarios (que son os que din as galiñas que entran, que saen e os pañais como van) trabucáronse de vocasión. Xa que o asunto non é tanto a carreira de rexistradores de propiedades, senon a vocasión por unha profisión cuxa tarefa, creo eu, é publicar. É dicir, facer públicos os asuntos que concernen ao común, crear marcos deliberativos sobre ises asuntos e criticar e sinalar aquiles outros que confunden, deturpan ou conculcan o consenso social. E, nun momento dado (como xa apuntei a súa compañeira Lara) apropiarse dos medios necesarios para publicar, fóra daquilas estruturas que pasando aínda por medios de comunicación cumpriron xa o ciclo e entran na obsolescencia social (é dicir, que xa non sirven á sociedade). O xornalismo ten a súa medida na saúde da sociedade na que se desenvolve. Non se cura con antibióticos.
      Un saúdo.
      Martínez Hermida CIC

      • Lara Lozano Aguiar

        Deberíamos abrir novos camiños pero coido que non é doado. Vexoo a vostede demasiado optimista pero a realidade que nos percibimos como alumnos de xornalismo, e pois como futuros xornalistas non o é tanto. Unirnos, cree que esta aí logo o segredo? Non sei se segredo ou se máis ben a oportunidade que está por aparecer neste eido. O que me chama a atención e como ninguén fai nada. E con respecto ao que dí Antía tamén me gustaría qu eme explicase polo miúdo como asimila iso das rutinas porque penso que aí non está o erro que se está cometendo!

      • A anomía e desesperasión da que están vostedes enfermos (eu tamén) é produto dun contexto que vai apodrecendo e que ten que ver coas expectativas que se marcaron xa vai tempo, como estudantes e, pior, coma persoas (eu tamén, coma estudante e como persoa) Todo o mundo di que son un agoreiro, non sei onde ve vostede en min o do optimismo: certo,eu teño as miñas retóricas balsámicas. Depende o día. O outro día chovía, hoxe vai sol. A min a lus, sen sentila, deprímeme moito.
        Non obstante, non son un optimista rabioso.
        Ao que vamos: cando digo que hai que buscarse a vida, o penso con tódalas palabras. Fixémolo nós, van ter que facelo vostedes e non pior o tiveron os seus pais e abós. É o problema de ser da clase media. Estamos nun sen vivir interxeracional. Xa dixen que era unha cuestión de contexto podre dende vai tempo (aproximadamente dous séculos)
        Non hai expectativa nos medios, nin nos gabinetes, nin en campos afíns,…expectativas que consoliden. Poden collela ao sair, xa que sae abaratada desde a facultade, porque o sistema quere que así saia, pero non vai durar dous anos. Esto xa o sabe vostede. Fronte a esto non cabe dilema posible. Xa escoitou vostede, como o resto, a primeira conferenciante da asignatura, xa pudo ver ao traverso do ProT como é que hai vías que poden aproveitar. Esquézase vostede das rutinas das empresas e, se quere, traballe coas súas proprias. Esto é o que lle dixen a Antía, ou quixen decirlle.
        Mañá levarei un texto á aula, dises que logo non lles da tempo de resolver (xa veño comprobando que lles falta a axilidade vocacional). Fala disto e contextualiza isto. Fala da cenoira do desenvolvemento. Mañá terán que buscarlle onde pode haber unha comunicación posible.
        Un saúdo.
        Martínez Hermida CIC

  4. Lara Lozano Aguiar

    Leerei ao detalle o documento que nos deu vostede onte. Grazas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: