A importancia da comunidade

 Resulta que vivimos nun mundo globalizado, ou mundializado, xa dende hai unha cantas décadas. A vida nos países desenrolados parece camiñar cara unha homoxeneidade que fai perigar os valores propios de cada comunidade. É preciso fomentar a participación e a comunicación dentro das distintas comunidades. A idea do ”progreso”, tal e como explica o texto, provoca un efecto de conformismo e resignación. A centralización dos poderes políticos, económicos, sociais …, non xeneran desenvolvemento ou cando menos non o fan do mesmo xeito para tódalas comunidades.

 

As preocupacións do miserable home capitalista de Illich son ben distintas as que poden ter as persoas do Terceiro Mundo. Se queremos banalizar o exemplo, os problemas dun galego tamén distan dos problemas dun murciano, explícome: persoalmente non me interesa demasiado os problemas do trasvase do Ebro do mesmo xeito que os murcianos tampouco lles quita o sono que os montes galegos ardan tódolos anos. Quero dicir que os problemas das comunidades sociais son distintos, os valores culturais tamén, os intereses, etc …. Os problemas deben ser tratados de xeito individualizado dentro de cada comunidade e por isto é imprencindible unha boa comunicación. A idea de que ”todos somos iguais” non se sustenta por ela mesma. Coñecer o teu entorno resulta imprecindible, a cultura, as persoas, as tradicións …, polo simple motivo de que as condicións co rodean son máis semellantes ás propias. Interactúar na túa comunidade vainos aportar os coñecementos e a experiencia necesaria para solucionar conflitos dentro dela.

 

Castro Silva, S1B

Posted on 14 Maio, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Ademáis, as comunidades compartimos un sentimento de identidade común, que é o que fai empatizar tanto nos casos de problemas que afectan á propia comunidade, como foi o caso de Prestige, por exemplo.
    Vivimos nun mundo onde cada vez somos máis individualistas, egoístas, en certo modo, que só nos preocupamos polos nosos problemas e os da nosa casa. Este sentido de comunidade parece que só aflora coas desgracias e o fútbol.
    Moi bo post 😉

  2. Casos coma os do Prestige é xustamente o que me refiría. De non chegar a ser por aquela marea branca de voluntarios que colaboraron nas tarefas de limpeza o desastre podería haber sido moito maior. A comunidade enfronta os seus problemas en conxunto porque o beneficio tamén é colectivo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: