ITÍNERA II: Máis que un simple traballo de clase

A negociación con Carlos, a persoa que leva Itínera, non foi fácil. Moito tempo que adicarlle, horarios inflexibles, insistencia arredor de certas actividades… O acordo chegou tras barallar múltiples opcións. Entre os argumentos del atopábase o “ides realizar actividades de voluntariado e tedes que adaptarvos ás que se vos ofrecen”. Neses intres, as nosas mentes automaticamente pensaban que nós non eramos uns voluntarios propiamente ditos, senón unha especie de “voluntarios obrigados”. Diríamos o mesmo agora? Pode que para algúns de nós máis que para outros, pero as cousas cambiaron dende aquela.

Tras as primeiras experiencias como voluntarios cada un en distintas actividades, as conversas fóronse desenvolvendo cada vez máis arredor das vidas dos usuarios, dos enfermos e das súas circunstancias, da nosa empatía, e ao mesmo tempo simpatía, cara eles. A dimensión humana que adquiriu o noso traballo con Itínera está outorgándonos puntos de vista que non esperabamos obter. O certo é que contabamos con simplemente analizar os hábitos comunicativos dos enfermos dende unha perspectiva maioritariamente obxectiva. Non foi así, a experiencia veu cargada de sensibilidade.

Nunhas actividades máis ca noutras, a relación con algúns dos membros de Itínera son tan estreitas que é difícil non establecer lazos. Ao comezar, dous de nós nos sorprendemos con que un rapaz que estivera no voluntariado o ano pasado seguía coas actividades na actualidade. Hoxe, ao sabelo, xa non nos resulta tan ‘incrible’.

Con todo isto queremos dicirvos que deste traballo sacamos experiencias de proveito que van máis aló da realización de post, memorias e demais traballo. Basta con dicir que dous de nós continuarán co voluntariado máis tempo do pactado por propia vontade.

Só esperamos que as experiencias de todos os que estades realizando algún tipo de voluntariado sexan tan gratificantes como a nosa!

T5B

Posted on 15 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: