¿Discapacitados?

Como supoño que saberedes, o noso grupo está facendo unha careta de presentación para COGAMI. Non falamos das 51 delegacións, das 17 entidades, do máis de medio centenar de empresas coas que colaboran. Falamos de persoas. Xente con nome e apelidos que cede á imaxe dunha “marca”. ¿E cal é esa marca? A discapacidade.

Parece moi duro dicilo así; pero desde logo non é discapacidade o que estamos vendo día a día. Obervamos cada semana o valor, a coraxe e sobre todo a valía de persoas anónimas que con pequenos xestos están cambiando a marxinación dun colectivo. E digo marxinación porque é certo: se non existise COGAMI a maioría deles non podería traballar, non podería formarse, estarían condeados a unha vida apartada da sociedade. Non son criaturiñas que merecen a nosa mágoa. Teñen grandes capacidades e desde logo poden desempeñar postos de traballo sen que a súa condición de discapacitados sexa impedimento.

É un tópico que no fondo todos somos iguais, somos persoas. Pero nós vivimos esa mágoa que se sinte cando vés a un home sen brazos, unha muller cega ou unha moza en cadeira de rodas. “Pobriños, mira como lles tocou vivir”. Dende logo, se de algo queremos fuxir, e da compasión, da maldita mágoa que tanto marxina. Despois da nosa experiencia, todos pensamos que hai que velo para comprendelo. Se calquera vé un home sen brazos nin pernas en seguida afloran os sentimentos negativos, o “pobriño”. Pero é que logo velo traballando nunha oficina, utilizando un ordenador como tódolos outros, encargándose do seu traballo el só, saíndo á hora do peche con tódolos demáis e montándose no seu propio coche. (Podemos xurar que isto é verdade).

¿Son historias de superación? ¿Son “superhéroes”? Non terían por qué selo. Eles mesmos amosan día a día que poden vivir felices e autosatisfeitos dunha maneira totalmente normal, non hai ningunha condición intrínseca a eles que llelo impida. Pero o que lles da máis valor é enfrentarse á visión desta sociedade, que os considera seres dalgún xeito inferiores, inválidos para tarefas normais, dependentes da axuda externa. O único que necesitan é o apoio, a oportunidade.

Pensade en qué sería calquera de nós sen a oportunidade de formación ou a opción dun traballo digno. ¿Poderíamos realizarnos como persoas ou converteríamonos en “discapacitados”?

T4A

Posted on 22 Marzo, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Despois de tódalas persoas coas que falamos e que vimos no seu ámbito de traballo, eu chego á conclusión de que case custa máis sobrepoñerse á sociedade, á condición de discapacitado e persoa dependente coa que se che etiqueta, que á propia discapacidade. Despois das cousa que vimos, eu creo que ningunha carencia física é impedimento para nada, e moitas das intelectuais poden solventarse con apoio. ¿Quen non necesita esforzo para chegar as súas metas? ¿Quen non tivo que autosuperarse algunha vez para superar unha dificultade?

  2. En mi grupo de ProT estamos trabajando con Compostimes, y decidí hacer un reportaje sobre COGAMI y el Servicio de Intermediación Laboral (SIL), con el que ayudan a personas con múltiples tipos de discapacidad (ya casi 25000) a integrarse nuevamente en el mercado laboral. Hablando ayer con Laura, una usuaria de este servicio, pude corroborar lo mismo que decís en este post: que sin COGAMI la mayoría de estas personas, y ella misma, no tendrían tanta facilidad a la hora de acceder al mercado laboral, pero también recalcó que COGAMI sólo era el “trampolín”, que el “salto” lo tenían que dar las propias personas.

  3. En mi grupo de proT trabajamos con Down Compostela y también hemos sido testigos día a día de lo mucho que se esfuerzan para conseguir sus metas los chicos y chicas de la fundación. Realmente no necesitan compasión, simplemente las mismas oportunidades de las que podemos disponer el resto de las personas. Tienen las mismas ganas de vivir, divertirse y tener un trabajo digno. Cuando un niño o una persona con discapacidad sale del núcleo familia, no todas las puertas de la sociedad están abiertas de par en par. Eso creo que es lo que debería mejorarse.

  4. ¿Superhéroes? desde mi punto de vista desde luego que si, pero un superhéroe como puede ser para mi una mujer que saca a sus hijos adelante sola, un hombre que vaga en busca de trabajo sin descanso,o un alumno que trabaja para poder labrarse un futuro… Toda persona que tiene que luchar contra unas adversidades para mi es un superhéroe.
    Quizá no es lástima lo que mucha gente sienta por esas personas “discapacitadas” sino que pensarán “Si ya tengo yo bastantes problemas para superar el día a día en esta sociedad, igual estas personas más”. Esto no tendría que ser así si la sociedad se adaptase, es decir, si todo se facilitara más. No es la primera vez que al caminar por la calle pienso ¿y si estuviera en silla de ruedas como accedería allí? cómo es posible que en un acceso a un banco, o a una tienda, o a cualquier sitio no haya una rampa o un elevador, sólo escaleras, en verdad que no lo entiendo. Yo me pasé casi un mes con el pie mal y me vi negra para llegar a ciertos sitios.
    Lo mismo se podría decir en otros casos, lo que necesita este mundo es adaptarse a las circunstancias y no dar la espalda a quien más lo necesite vayan en silla de ruedas o a pie, no hay diferencia, como bien dices todos somos personas, solo que algunas necesitamos un apollo a mayores.

  5. Noemí Fiaño
    *Corrijo mi apollo por apoyo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: