“Se hace camino al andar”

E así é como continuamos a pequena andaina que supón o noso tga. Pouquiño a pouco, pasiño a pasiño. A primeira toma de contacta fixémola a través da observación, xa que así logramos coñecer e familiarizarnos co escenario no que imos a desenrolar o noso traballo.

Xoves 3 de marzo, Praza de Cervantes: Nada máis chegar uns voluntarios de Médicos Sen Fronteiras achegáronse a nós para informarnos sobre a campaña contra a desnutrición infantil que levan a cabo noutros países. Mentres, ao noso redor, podíamos ver a un grupo de persoas pedindo unha axuda económica alí mesmo, na rúa, precisamente para alimentar aos seus fillos. Este era o caso dunha rumana que se atopaba de xeonllos no chan suxeitando unha foto dos seus pequenos coa cabeza baixa. Esperar, disimular e escoitar. Esa foi a nosa estratexia para poder elaborar posteriormente un cuestionario realista e coherente aos grupos tan diferentes que conviven, neste caso, na praza Cervantes. 

Ademais, estamos á espera de confirmar unha entrevista coa directora da Cociña Económica de Santiago, Ester Seoane Sanchez. Aquí vos deixamos un vídeo do que será o noso vindeiro campo de traballo.

 3b2

Posted on 9 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Sin duda un TGA que acarreará muchas emociones, y que se desarrollará principalmente con trabajo de campo. Hablando de la cocina económica, la principal dificultad que podéis encontraros es conversar con los que allí van, puesto que, como ya dice en el vídeo, son algo reticentes a establecer relaciones. Pero de eso también va esta materia. Así que, ¿cómo afrontaréis el reto?

    Equipo de crítica y corrección

  2. Pois a verdade é que o noso traballo preséntanos un gran reto, xa que debemos poñer os nosos 5 sentidos para poder xa non só observar, senón coñecer a realidade que se vive nos espazos que estamos a empregar como escearios na nosa análise. Trataremos tamén de falar con xente “pertencente” aos diferentes grupos que conviven na Praza de Cervantes e na cociña económica. Sabemos que pode que se nos mostren reticentes a facer declaracións ou falar con nós, pero esa negativa tamén sirve para enriquecer o noso traballo.

  3. É moi interesante o tema que estades a tratar. Pola etiqueta de cociña económica non sabía moi ben de que ía o tema, pero o certo é que esconde moito máis do que semella.
    Non cabe dúbida de que a vida destas persoas é moi complicada, pero a labor que están facendo en centros coma este de Santiago creo que é, canda menos, laudable. Cando eu vexo xente nesta situación, sempre me pregunto cómo puideron chegar a esa situación, xa que hai o típico que dí “isto pódelle pasar a calquera”, pero nunca pensas que ti podes ser un deles. Isto recórdame en parte á reportaxe de Samanta Villar para Cuatro “21 días entre cartones” que trataba sobre a indixencia. Os vídeos están dispoñibles en Youtube. Quizá vos resulte interesante. Moita sorte coa vosa pesquisa.

  4. Grazas pola túa aportación patricilla5. O certo é que hai moita documentación na rede como a que ti nos porpós, pero nós imos a centrar a nosa análise e o noso estudo na realidade da Praza Cervantes de Santiago de Compostela, por iso de que o mellor para obter un resultado satisfactorio hai que acotar o noso foco ao límite. Á Cociña Económica acudimos posto que está alí ao lado e é o lugar onde comen algunhas daquelas persoas que despois se reúnen na Praza Cervantes. De tódolos xeitos, grazas pola túa interesante aportación.

  5. Esquecéusenos firmar o comentario anterior: TGA 3b2

  6. Patricia Lorenzo Camacho

    Sen dúbida acotar o tema será de gran axuda para vos. Teño unha pregunta respecto a cómo ides abordar o traballo, ides preguntarlle ós voluntarios? ós “visitantes” da Cociña Económica? E teño unha pregunta máis, no vídeo explican cómo conseguen a comida pero creo que non explicaron (ou polo menos non recordo), de onde sacan os cartos para manter o aluguer do sitio, para comprar os alimentos, etc?

  7. Sandra Mourelos

    Como membro do TGA encargado deste post respóndoche Patricia:
    A casa onde está a Cociña Económica de Santiago leva servindo como comedor social dende a súa fundación hai máis dun século (non recordo a data exacta, mais o que si sabemos é que dende o primeiro día que sirveu comida como comedor social non deixou de darlle de xantar a quen o necesita nin un só día). Por ende, entendo que non pagan aluguer. Non obstante, claramente teñen gastos, aos que fan fronte coa axuda de subvencións e ás aportacións cidadanas. Os alimentos moitas veces tamén son donacións e axudas dos mesmos cidadáns. Polo menos isto foi o que nos contou sor Esther Seoane, a súa directora e coa que nós entrevistamos hai unha semana. Agora quédanos falar con aqueles que fan uso deste servizo, centrándonos máis ben naqueles que estén pola praza Cervantes. Así mesmo tamén trataremos de facerlle un cuestionario aos veciños que viven nos edificios dos arredores desa praza.
    Para saber máis sobre como vai a nosa andaina no TGA, recomendamos ler os nosos últimso post: RECEITA ECONÓMICA e A OPCIÓN CORRECTA (neste último recóllense unhas palabras de sor Esther Seoane que pode che sexan moi interesantes).
    Un saúdo

  8. Patricia Lorenzo Camacho

    Moitas gracias Sandra, aclaráchesme moitas dúbidas. É un tema bastante delicado pero parece que ides sacar interesantes conclusións ó respecto. Eu vivo moi preto da Plaza Cervantes e nunca me decatara de que existía unha “fundación” como esta da que estades a falar. Seguirei os vosos post. Moito ánimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: