Daily Archives: 28 Marzo, 2011

Querida dieta…Japón, cambios de hora y cine

Lunes. El día ha empezado temprano. Demasiado después del cambio de hora del sábado noche. Un tema muy comentado hoy entre mis somnolientos compañeros de televisión. Hemos perdido una hora de nuestro querido fin de semana. ¿El motivo? El ahorro. Aunque como decía uno de mis compañeros esta misma mañana, la semana anterior a las 8 ya era de día y hoy mismo apenas se vislumbraba un rayito de sol. Como le comentaba a una compañera después de su lacónico comentario de cansancio: siempre nos quedara volver a ganarla en octubre.

En mi semanal camino en coche hasta Santiago, las noticias de Radio Nacional me acompañaban, mi primer medio del día y de mi dieta. Libia, Japón y Berlusconi.

Read the rest of this entry

A Voz de A Lama

Comezo hoxe a miña semana de consumo de medios dun xeito un tanto especial. Porque o meu día non o marcou unha información publicada no País, no Mundo, nin en calquera outro medio de comunicación corrente. Hoxe A Voz de A Lama foi quen verdadeiramente levou “a voz” cantante no meu día.

Eran escasas as 11 da mañá e chegaba ás miñas mans un exemplar desta revista. E é que, dúas compañeiras nosas tiveron a oportunidade esta fin de semana de visitar as instalacións da cárcere de A Lama, en Pontevedra. Máis en concreto, puideron visitar o estudio de radio dende o que moitos dos internos se converten  en xornalistas e outros en espectadores. Unha emisora que naceu hai xa un ano e que, aínda que soamente emite no centro,  permite aos internos estar moito máis achegados á liberdade e á realidade.  Read the rest of this entry

Relatos de medios

Hoy es lunes, y empieza mi primer día de dieta de medios. A primera hora de la mañana, mientras venía en coche de camino a Santiago, ya había consumido el primer medio, la radio, aunque quizás debido al sueño no presté demasiada atención a las noticias.Al salir de clase, una vez llegué a casa consulté los medios digitales, en este caso el periódico El País. La primera noticia que me llamó la atención fue la aparición de plutonio y agua altamente radioactiva en la central de Fukushima, la última novedad sobre la situación atómica en Japón. Una situación que mantiene inquieta y preocupada a toda la población, y no es para menos puesto que afecta a un gran número de personas. Esta noticia me hizo reflexionar acerca de los problemas que la propia humanidad crea, por ejemplo al construir centrales nucleares, las cuales son altamente peligrosas. Horas más tarde hablé con una compañera sobre esta misma noticia, a la cual también le había impactado. Otra noticia destacable es la que nos informa acerca de los avances rebeldes en Libia, la cual comenté con mi padre esta misma noche. Y durante el día de hoy, el gran número de trabajos no me ha permitido profundizar con mayor profundidad en los medios.

Padín Martínez 3Q

Malos fumes

Hoxe, luns,estou desbordada. Levanteime  pensando en todo o que teño que facer e non vin nada que me motivase, nin tan sequera o tempo acompaña. Despois de ir a clase e de traballar a mediodía sobre o cine en Galicia mentres tiña o informativo de TVE de fondo, decidín que debería facer unha pausa na miña tan ocupada vida de estudante con mil traballos sen rematar, para consultar a prensa mentres comía algo e ir tomar o aire coas miñas compañeiras de traballo “cinematográfico”. O descanso era perfecto ata que pasou un bus diante de nós, obrigándonos a respirar unha bafarada de fume que saía do seu tubo de escape. Iso recordoume a unha noticia que vira no telexornal, na que se falaba de que no 2050 non se permitirán coches que consumen combustible nas cidades. En seguida nos puxemos a debater e chegamos á conclusión de que agora mesmo, unha cidade, un mundo sen contaminación automobilística é, cando menos, inimaxinable. Trátase dunha utopía perfecta nun mundo que depende tanto de enerxías non renovables e que non fan máis que contaminar e destruír o lugar onde vivimos. E voltando ao mundo, despois de respirar unha bocanada de “mal fume”, segumos traballando. Mañá, será outro día.

Mourelos Mascato, TGP 3Q

Tuenti capítulo 4: Un psicólogo sen carreira

Esta semana falaremos das marabillosas virtudes do Tuenti coma psicólogo ao que algúns dos seus usuarios recorren.

Unha ruptura amorosa, unha discusión paternal, un suspenso ou, pola contra, unha alegría ou un triunfo persoal son temas habituais para escribir un estado. Ao mellor tamén interesa buscar o ánimo da xente, que se compadezan dun.

Así se interesan por el ou ela e pode desafogar e sentirse mellor. Non sería máis sinxelo contarllo a alguén da confianza dun que de verdade poida axudar a avanzar e mellorar?

Grupo 3b1

En Bergantiños tamén falan por onda comunitaria!

Radio Roncudo é a radio alternativa da bisbarra de Bergantiños. É unha emisora de radio libre, sen ánimo de lucro e propiedade da Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme.

Dende Radio Roncudo faise radio para a comunidade e foméntase o cariño polo medio entre os que teñen o gusto de facelo.

Radio que non recibe ningún tipo de axuda oficial, polo que todos os que participan nela axudan a mantela. Fano de dúas maneiras:
1. Os que emiten programas en Radio Roncudo pagan unha cuota mensual de 15 euros.
2. Por outro lado, están os aboados. Pagan 20 euros ó ano e poden escoitar Radio Roncudo a través da internet.

Por último, Radio Roncudo forma parte da rede de radios libres e comunitarias galegas: Radio Piratona de Vigo, Radio Kalimera de Compostela, Cuac FM da Coruña, Radio Clavi de Lugo, Radio Filispim de Ferrol. Unha rede que funciona de xeito ceibe e igualitario, e que teñen entre os seus obxectivos o do recoñecemento social da súa labor.

Paula Vázquez López.

Collendo forza antes do último esforzo

Esta semana seguimos traballando na redacción. É a última fase, é certo, e quizáis por iso xa estamos un pouco cansados. Pero non imos desfalecer. O certo é que non fixemos grandes avances todavía, sobre todo porque a redacción é un proceso que vai pouco a pouco para non cometer erros. Confiamos en que nesta semana avanzaremos bastante, xa que levaremos a cabo varias reunións para seguir traballando.

O estilo de redacción, tratando as tres familias en xeral, implica unha dificultade engadida. Pero sabemos que fará o traballo máis atractivo e se cadra interesante. Aínda así, o esquema que seguimos vai do máis xeral ó máis concreto, co fin de exemplificar as diferenzas entre as familias con paradigmas nas que queden moi ben reflexadas.

En fin, que seguimos traballando, que xa non queda nada. Coma sempre e esta vez por adiantado, dicir que sentimos non engadir imaxes ou vídeos ou calquera cousa que o Equipo de crítica e corrección considere atractiva para o post, pero é que pensamos que o noso traballo non require destes recursos.

TGA 4A1

Imaxe e lembranza: Os 5 fantásticos á conquista do mundo

En anteriores capítulos, cada membro do grupo estivo visitando ós diferentes entrevistados para sonsacarlles información a través das sobrecolledoras imaxes dos nosos albumes familiares. Unha vez acadados os seus maquiavélicos obxectivos (muahahahaha), “Os cinco fantásticos”, continuaron coa súa investigación na penumbra do seu recuncho secreto (“A Vazcueva”) e por fin puxeron en común as claves para a conquista do espacio exterior.

Agora baixo o lema “¡¡Todos un e un para todos!!” a súa misión pasou a ser un obxectivo común. Os  nosos heroes  xa teñen perfilada a estratexia que levarán a cabo para acatar as ordes de Marcelo e redactar o Informe Final. O mellor traballo escrito nunca por un ser vivo, incluidos chimpancés.

Proximamente… As conclusións serán reveladas para o público vulgar.



GI4, 4B1

A radio de Yantzaza

A Radio Amazonas diríxese aos habitantes da pequena cidade de Yantzaza, ao sur de Ecuador, na provincia de Zamora-Chinchipe. Non ten máis de 10.000 habitantes pero é o centro económico da provincia despois da cidade de Zamora, a só 43 quilómetros.

Defínese como unha radio de carácter alternativo, que ten o obxectivo de recuperar a tradición e a cultura da zona. Trátase dunha radio provincial que manifesta que desenvolverá unha labor de recuperación da música propia do seu “lindo Ecuador”. Deste xeito, na súa programación a música ten unha presenza moi importante.

Dende a súa constitución no 1998 ata a actualidade, a radio foi aumentando o territorio ao que se dirixía. Comenzou cunha cobertura a nivel da cidade de Yantzaza e agora xa se pode escoitar en toda a provincia, e incluso no norte de Perú.

Vila Alonso, Sara. 4CL

A praza de Cervantes, a nosa sala de estar

Probablemente, a Ágora da capital galega

Tras dar boa conta dos interesantes puntos de vista de sor Esther, elo da cadea que une os grupos da suposta “exclusión” coa autodenominada sociedade, voltamos ó centro neurálxico do noso “experimento social”: a praza de Cervantes. Alí é onde nos dirixiremos, probablemente cara a finais desta semana, a vivir nas nosas propias carnes como vai a comunicación por alí, nun espazo onde trasegan executivos con traxe, malabaristas da rúa, amas de casa dirixíndose ó seu ultramarinos de sempre e persoas que adican o seu tempo a ve-la vida pasar encaramados a unha litrona.

Para que a nosa comunicación sexa algo metódica e “científica”, dentro da improvisación que supón toda interacción humana, imos elaborar un cuestionario. Unhas pequenas guías, que servirán para inspirarnos e non para seguir ó pé da letra, para que falando e falando cheguemos o quid da cuestión sobre a que estamos investigando: existe exclusión dentro da sociedade compostelá? Seguiremos informando…

TGA 3b2

Facebook los cría y ellos se juntan

Como habéis podido comprobar las líneas generales de nuestro trabajo han ido siempre hacia la exposición de nuestros datos en facebook, de nuestro comportamiento en la red… Pero ahora que el trabajo ya está encaminado, estamos empapados de datos y nuestras conclusiones ya se están cocinando, hablemos de comunicación en estado puro.

Hemos encontrado un artículo bastante interesante sobre los community manager:  persona encargada de gestionar, construir y moderar comunidades en torno a una marca en Internet, al parecer ahora se están ofertando puestos de trabajo para personas conocedoras de las grandes redes sociales como Twiter o Facebook -objeto de nuestro estudio-. Os dejamos el artículo y rogamos que se cuezan los debates como hasta ahora.

Y hablando de debates, en el post anterior hubo una discusión bastante interesante sobre porqué nos comportábamos como nos comportábamos ante las solicitudes de amistad y un largo etc, os contestamos que la exposición si que existía a la hora de firmar el contrato con Facebook y que este entraba en lucha con el derecho al olvido que citábamos. Qué os parece?

Un saludo del grupo 4b3.

http://www.elpais.com/articulo/Pantallas/necesita/community/manager/elpepirtv/20110327elpepirtv_1/Tes

As cadeas do pensamento

Algunha vez reparaches no que pensas das migracións? E de por que pensas o que pensas? En Galicia, moitas das nosas familias coñecen a emigración de primeira man, o que fai que nós tamén sexamos partícipes ou polo menos herdeiros da vivencia da emigración.

Dous titulares de prensa “seria”:
Bandas de georgianos, rumanos, búlgaros y kosovares roban en pisos y empresas alavesas

Más de 11.000 jóvenes gallegos emigran al año en busca de empleo

Xa vedes que a cousa é ben distinta. Como sabedes, a emigración en Galicia é un piar básico da nosa historia. Os avós lémbrannos día si, día tamén como a xente marchaba na procura dun futuro mellor. Os galegos deixaban a terra para traballaren, por necesidade, por pobreza… Agora, a inmigración é outro conto. Nestes titulares vemos a percepción social que temos do rol do inmigrante, percepción que muda radicalmente cando toca falar de nós mesmos. Frases como “antes marchabamos con todo regulado, Read the rest of this entry

Ampliando conceptos

Para a materia de Comunicación Interpersoal e Comunitaria, o equipo de documentación ofrécevos un par de recursos para ampliar coñecementos sobre a asignatura. Algúns destes recursos versan sobre conceptos básicos tratados a través de varios autores.

– Sobre o sentido común:

La trama invisible de la vida social: comunicación, sentido y realidad

– Tratamento da cultura baixo o eido da subxectividade:

Subjetividad, Cultura y Estructura

– O ben común:

La revolución de la información: en la búsqueda de un bien común

Grupo 3P

Trátaas ben

Un xornalista sen fontes non é nada. Un xornalista debe tratar ben as súas fontes. Os nosos esforzos miraron cara dous puntos específicos: un xornalista (e mellor se está curtido en temas de sociedade), e asociacións de mulleres e contra os malos tratos.

Ao principio os nosos intereses ían enfocados cara La Voz de Galicia. Investigando, chegamos ata unha xornalista de El Progreso, xornal de Lugo, que tratou durante moito tempo as informacións relativas á violencia de xénero. Moito máis específico, e esperamos que moito máis útil.

E, ¿a onde acudir para ter información sobre a realidade das mulleres e a violencia de xénero? Que mellor que o Observatorio de la violencia de género.

Quédanos contrastar todo isto para levar mellor o traballo de campo, para pouco a pouco achegarnos á redacción do noso libro de estilo. E con isto, intentar entender un pouco mellor esta realidade, e contribuir á solución. Esperamos que pronto se acaben as bágoas.

Para o seguemento do noso traballo: ¿Coñeces a Ana Orantes? , Cuestión de principios, Días de xénero, Os topoi da violencia de xénero.

TGA 3b3. Tratamento da información xurídica relativa á violencia de xénero.

Nenos… que se pode facer con eles?

Por fin fixemos as enquisas, aínda que o noso nos custou. Entre os “isto non se entende”, e os “está escrito mal, non é Jhonas, é Jonas”, a verdade e que nos entraron ganas de mandar calar os rapaces máis dunha vez. Anxiños.

O xoves chegamos ó Peleteiro un pouco máis tarde da hora acordada, pero deixáronnos pasar as aulas despois do recreo. Cos alumnos de sexto non houbo ningún problema, posto que o profesor estaba vixilante, mantendo a ralla as travesuras dos rapaces. Con quinto non foi o mesmo: a mestra deixounos solos ante o perigo e tivémonos que  enfrontar ós risos e as argalladas dunha trintena de nenos que pouco máis tiñan que facer que perder o tempo… e facérnolo perder a nós.

Con todo isto, xa fixemos algúns esbozos do que poden ser os resultados… é o certo e que nos sorprendeu a pouca cantidade de produtos Disney Channel que os rapaces exhibían na escola.

Mais non todo foi meterse ca nosa enquisa. Tamén nos quedaron anécdotas. Por exemplo, aquel neno que cun inmenso sorriso nos dixo que non nos preocupáramos pola cantidade de series que vía en Disney Channel, porque as vía todas. Ou aquela que nos preguntou cal era o nome daquela serie onde aparecía un negro…

Por outro lado, unha das nosas compañeiras debatíase ca entrevista real. A nena que se prestou a “saír na tele” non cabía en si dos nervios. No primeiro intento a rixidez impediulle dicir algo máis que “sí” ou “non”. Na segunda, e dista vez a vencida, o problema da súa inquietude por ser “famosa” solucionouse grazas a un calcetín… os resultados, a continuación:

TGA 3A2

Terminada la documentación, empieza la redacción

Ya tenemos los periódicos que vamos a usar para el trabajo así como escuchada y reescuchada la entrevista a Jacobo Rey, director de la agencia AGN. También libros sobre la materia y algún interesante artículo…. ¿Que toca ahora? Pues plasmarlo todo en 15 carillas. Esta semana nos pondremos seriamente a repartir trabajos y haremos el primer boceto serio de TGA tal como lo tenemos pensado.

Para la próxima semana esperamos ya poder subir alguna parte del futuro trabajo 😀

Un saludo, y a seguir currando.

GI4 – 4b2

A utopía pode cumplirse

A todos nos gustaría ser xornalistas independentes, non condicionados por presións de ningún tipo e capacitados para comunicar todo aquilo que cremos necesario para o noso público. Desgraciadamente a realidade amósanos que isto é practicamente imposible pois a miudo vemos como os medios son meros soldados do poder político e o económico.

Unha vez definido o noso cuestionario, no que intentaremos que os xornalistas nos digan como perciben o fenómen do que falamos antes, o dereito a comunicar, se algunha vez o viron limitado e demais experiencias persoais  xa puidemos falar con un privilexiado. Ubaldo Cerqueiro (na foto nos estudios de Radio Neria, outro dos seus proxectos) é testemuña de como non é necesario nin estudar xornalismo nin ser gregario dunha liña editorial para gañarse a vida neste mundo. Coa súa páxina http://www.quepasanacosta.com/ é agora mesmo referente na Costa da Morte e desde a súa creación en 2007 non pararon de crecer.

Esta semana realizaremos todas as entrevistas, agardaremos que todas sexan tan interesantes coma a que nos brindou Ubaldo. Un saúdo e sorte para todos

GI4 4a2

Sol en Santiago, llueve en Benidorm

Galicia vuelve a sorprendernos. Repasando los diferentes documentos de los que  disponemos sobre la marca Galicia, realizada por el gobierno popular (dato importante) mediante la consejería de turismo, nos hemos dado cuenta de un detalle harto curioso: una de las líneas por las que se ha apostado a la hora de potenciar el turismo en Galicia, uno de los atractivos turísticos que se exhiben como típicos de la zona es el clima tropical. Sí, amigos. El sol, la playa… Read the rest of this entry

A pegada da historia

O fío condutor da narración cinematográfica é o relato retrospectivo que elabora o propio Daniel sobre o impacto na súa vida e na do resto da familia que tiveron os sucesos que protagonizou o seu irmán maior Derek, encarcelado tres anos antes polo asesinato de dous xóvenes negros que lle intentaban ua camioneta. Bob, o director do instituto que tamén foi profesor de Dereck, encarga a Daniel que redacte como traballo escolar a súa autobiografía, marcada polo tráxico suceso. Cos recordos que brotan na redación do traballo e a vivencia dese primero día de Derek en liberdade  entrelázanse os fragmentos da película. O pai de ambos, bombeiro, foi asasinado por un negro e este feito determinante é asumido por Dereck dende unha perspectiva racista que o impulsa a vincularse a un grupo “skin” local de ideoloxía nazi. American History X é unha historia de arrepentimento, un alegato contra a violencia racial que está configurada por dúas partes, o pasado  de Dereck e o seu presente cun muro que  os divide : o seu ingreso en prisión.  

 4V Villar Pardo Soraia