Malos fumes

Hoxe, luns,estou desbordada. Levanteime  pensando en todo o que teño que facer e non vin nada que me motivase, nin tan sequera o tempo acompaña. Despois de ir a clase e de traballar a mediodía sobre o cine en Galicia mentres tiña o informativo de TVE de fondo, decidín que debería facer unha pausa na miña tan ocupada vida de estudante con mil traballos sen rematar, para consultar a prensa mentres comía algo e ir tomar o aire coas miñas compañeiras de traballo “cinematográfico”. O descanso era perfecto ata que pasou un bus diante de nós, obrigándonos a respirar unha bafarada de fume que saía do seu tubo de escape. Iso recordoume a unha noticia que vira no telexornal, na que se falaba de que no 2050 non se permitirán coches que consumen combustible nas cidades. En seguida nos puxemos a debater e chegamos á conclusión de que agora mesmo, unha cidade, un mundo sen contaminación automobilística é, cando menos, inimaxinable. Trátase dunha utopía perfecta nun mundo que depende tanto de enerxías non renovables e que non fan máis que contaminar e destruír o lugar onde vivimos. E voltando ao mundo, despois de respirar unha bocanada de “mal fume”, segumos traballando. Mañá, será outro día.

Mourelos Mascato, TGP 3Q

Posted on 28 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Tu consumo de medios es bastante limitado, no haces especial mención a ninguna noticia que te llamara la atención más que a esa de los automóviles. La idea de este trabajo es ver como el consumo de medios fomenta tu comunicación con la gente de tu entorno, y eso en tu post casi no aparece reflejado, ya que sólo se hace mención a la noticia de los coches y casi de forma anecdótica. Un consejo para futuras intervenciones relacionadas con el consumo de medios, intenta plasmar en el post como los medios fomentan tu comunicación con los demás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: