Daily Archives: 27 Marzo, 2011

HACIENDO DE “PROFES”

Hemos participado durante unos días en la Iglesia del Carmen en Vigo ayudando a la alfabetización de niños con bajos recursos económicos.

No habíamos participado en nada parecido, así que esperábamos encontrarnos a niños inmigrantes y un ambiente un poco gris. Todo lo contrario, al llegar los voluntarios que colaboran habitualmente nos explicaron un poco los métodos a seguir, la historia de cada niño etc. eran un grupo de 10-12 niños. Los notamos extrañados ante nuestra presencia pero en seguida se abrieron.

Les ayudábamos a leer y a escribir pequeñas historias que presentaban a sus compañeros, también cantamos con ellos y realizamos algún juego… Conociendo cual era su situación familiar nos dimos cuenta que esas clases suponían una vía de escape para todos ellos, podían interactuar con otros niños de su edad y lo más importante aprender y evadirse por un rato de su realidad.

Ha sido una experiencia bonita que a algunos de nosotros nos gustaría seguir haciendo, porque todos esos niños transmiten mucho cariño y ternura y sabemos que con poco los podemos ayudar a no caer en la marginalidad y hacerlos un poquito más felices.

 2N

Os altofalantes do espírito do pobo

O 5 de decembro de 1994, unha radio arxentina comezou as súas emisións dende un pequeno estudio situado na localidade cordobesa de Los Zorros. Os inicios desta emisora son curiosos pois a iniciativa da súa creación xurdiu uns meses atrás na escola infantil desta vila, onde un grupo de alumnos presentou unha transmisión por radio, explicando así a importancia que posúen os medios de comunicación nas comunidades sociais.

Posteriormente decidiuse levar a cabo este proxecto, que estribaba na necesidade que tiña a vila de Los Zorros de contar cun medio de comunicación orientado á zona rural. O obxectivo principal desta emisora é, polo tanto, facilitar un servizo de información local a esta comunidade. Un medio a través do que enviar e recibir mensaxes. La municipal, nome oficial desta emisora, parte dunha base social, co propósito de desenvolver as facetas culturais e sociais desta área xeográfica.

Dezasete anos despois, esta emisora segue en activo, amoldándose paseniñamente ós novos tempos. A radio que naceu coma un proxecto escolar, hoxe xa ten presenza na rede, posibilitando a súa escoita a todo aquel que así o desexe, estea no lugar que estea.

O caso de Radio Burela é moito máis recente, pois empezou a emitir hai escasamente un mes, o 3 de marzo de 2011, primeiro a través da FM e máis tarde tamén por Internet . Non obstante, o obxectivo que persegue é o mesmo que o dos amigos arxentinos, pois pretende actuar como servizo para a comunidade local, dando preferencia á información que ten a Burela e á Mariña como eixos centrais.

Na actualidade, obsérvanse poucos contidos propios na programación da emisora, pois esta encádrase dentro da rede de emisoras municipais Radiofusión, que cobre unha alta porcentaxe da súa grella radiofónica. Nun futuro próximo estímase que isto troque nunha programación propia máis ampla. De tódolos xeitos o importante é que, a pesar de que os actuais programas de Radio Burela non son moi numerosos, amosan un forte compromiso coa localidade, ó interesarse pola actualidade burelesa e darlle voz ós seus habitantes.

Carla Fraga García CLX4

Denomínase “Bajo Flores”

O “Bajo Flores” é un dos barrios non oficiais, e máis pobres, da cidade de Bos Aires, Arxentina. Sitúase na zona sur do Barrio de Flores, separado polas avenidas Perito Moreno, Balbastro, Varela e Castañares.

Este barrio “non oficial” caracterízase  polas súas casas baixas nas que habitan preto de 80.000 inmigrantes orixinarios de Bolivia, Perú e Paraguai. Agora, xunto a algúns arxentinos, os seus únicos residentes.

Eles vense como unha mostra da Patria Grande, coa que soñaron San Martín e Simón Bolívar. Bolivianos, paraguaios, peruanos e arxentinos de todas as latitudes do país conviven coas súas costumes, comidas, festas, frases e palabras para fundir unha nova identidade con amalgama de cores e riqueza infinita.

Neste contexto, o seu gran obxectivo é cambiar o modelo de exclusión social que están a sufrir por parte das institucións públicas arxentinas.  E, conseguir así, acadar o rango de “oficialidade” que os equipare ao resto dos cidadáns do país.

 

Lorena Ruibal Serra CL4X

 

A submisión na urbe

“Sobre el telón de fondo del metro, nuestras acrobacias individuales parecen participar así, de manera felizmente apaciguante, de la suerte de todos, de la ley del género humano que resumen algunos lugares comunes y simboliza un extraño lugar público… maraña de recorridos, algunas de cuyas prohibiciones explícitas (Prohibido fumar, Prohibido pasar) acentúan el carácter colectivo y regulado. Está, pues, muy claro que si en el metro cada cual ―vive su vida, ésta no puede vivirse en una libertad total, no sólo porque el carácter codificado y ordenado de la circulación del metro impone a cada cual comportamientos de los que no podría desviarse sino exponiéndose a ser sancionado, ya por la fuerza pública, ya por la desaprobación más o menos eficaz de los demás usuarios”.

AUGÉ, Marc. El viajero subterráneo. Un etnólogo en el metro, LIEBREEDICIONES DIGITALES, 2009, pág. 25.

Esta pasaxe da obra de Augé fíxome reflexionar sobre o limitada que temos a nosa liberdade no contexto da urbe. E é que a lei, esa norma presuntamente consensuada, froito do contrato social, restrinxe as nosas accións diariamente, paso a paso, co pretexto de protexer a seguridade allea. ¿Ata que punto, pois, somos libres no seo da metrópole? E, peor aínda; ¿ata que punto somos conscientes das prohibicións que nos impoñen, cedendo ante elas, caladamente? Canta menor liberdade do individuo, maior conquista do Poder. Semella ser ésta a lóxica directamente proporcional que vén de instaurarse na sociedade actual (a lei Sinde, entre moitas outras reformas, acaba de demostralo).

Todo apunta a que estamos condenados á dinámica do “cívico”; a nosa liberdade remata onde empeza a dos demais. Esa é a escusa da que se vale unha norma abusiva, deseñada para o cidadán pero sen contar con el.

Nerea Pallares Vilar, CL4X.

Pelas pedras da rua São José, em Ouro Preto

Nesta manhã de sábado saí com minha esposa e a Melissa, minha caçulinha, para comprar umas coisas que estavam faltando. Uma das paradas foi na loja EletroChaves, um verdadeiro shopping em plena rua São José, também conhecida como “rua dos bancos”, em Ouro Preto.

A rua é uma simpatia, e desemboca numa ladeira de pedra em frente à igreja do Rosário. Na verdade, ela também começa a partir de uma ladeira, a rua Direita, e segue sempre plana, com algumas curvinhas e uma leve suvida em frente à padaria e ao banco Itaú (antigo Unibanco).

Mas o que mais me chama a atenção nesta rua é a arquitetura. O conjunto de casas é uma soma de casarões que datam o século XVIII, até a igreja do Rosário, construída para que os escravos pudessem frequentar o templo católico. De enorme e total simplicidade internamente, é, na minha opinião, a mais bonita exteriormente.

Essa é uma das ruas que mais circulo na cidade. Sempre que preciso de algo, faço questão de passar por ela, descer pela igreja do Rosário e seguir pelo caminho mais longo até minha casa. Poderia virar logo à direita e sair no bairro Pilar. Mas não. prefiro passar em frente à igreja do Pilar algumas ladeiras depois. Por que?? Por ser um caminho muito, mas muito mais bonito, com gostinho de Santiago de Compostela.