¿Cantas veces á semana falas cos teus avós?

 ¿Quen non escoitou e quedou fascinado cunha historieta do seu avó ou bisavó? “O café da memoria” foi un encontro para recuperar un modelo de expresión que nos mostra a riqueza e a variedade da nosa lingua, dos contos, ditos e saberes e da xestualidade que acompaña a calquera relato oral. Unha maneira de achegarnos as experiencias dos nosos maiores, sobre todo no referente á maternidade.

Moitas veces non nos damos conta do duro que era fai non moito tempo (na época dos nosos avós) coidar os nenos e incluso dar á luz nunha aldea, pero iso era máis levadeiro grazas a comunicación que existía entre os veciños do pobo que non dubidaban en botar unha man cando alguén o necesitaba. Na actualidade, iso se está perdendo, ¿ou coñecedes a tódolos vosos veciños?

Unha charla amena e con multitude de anécdotas que nos deixa unha cousa clara:

NON podemos perder a Comunicación Transxeracional xa que podemos aprender moito dos nosos avós e eles de nós.

TGP 1A

Posted on 24 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 11 Comentarios.

  1. Fai escasas dúas horas que falaba diso co meu irmán cando estabamos chegando de Santiago á nosa aldea. Comentáballe que non coñezo a moitos dos nosos veciños. E cando digo coñecer refírome ao que vós dicides, que con moitos deles nunca tiven unha conversa.
    Claro que non se pode perder a comunicación transxeracional. Estas dúas horas que levo na casa xa me serviron para que a miña avoa me volvese contar unha desas historias que ninguén as sabe contar coma ela.
    Se tendes a sorte de ter a algún dos vosos avós vivos (eu soamente teño á miña avoa materna) e non estades acostumados a falar con eles, eu aconséllovos que o fagades. Pásase moi ben e apréndese moito. Eu, polo de agora, tentarei achegarme un pouco máis aos meus “velliños veciños”.

  2. Corrección grupos 1-2

    Supoño que de algún xeito isto se está perdendo, pero eso débese sobre todo á vida urbana. Nas aldeas ou vilas é máis doado manter ese contacto cos veciños. Por outra parte, o que dicides que é obra da “comunicación que existía entre os veciños do pobo” eu asociaríao máis ás formas de ser de antes, o establecemento de relacións de familiaridade cos veciños en núcleos pequenos nos que todos necesitaban de todos. En canto á comunicación trasxeracional coincido co dito.

  3. É certo que a comunicación de veciño a veciño estase perdendo, pero en parte. Os tempos mudan e as formas de comunicación tamén. En primeiro lugar deberíase diferenciar entre urbano e rural
    Ademais, segue habendo comunidades de montes, asociacións de veciños, etc que xeran o apego á comunidade e un sentimento de proxecto común. Neste tipo de asociacións certo é que a mocidade e minoría ou simbólica, pero pola contra, hai outro tipo de asociacións, que organizan festas e “tinglados varios” moitas veces lideradas e compostas por xente moza na súa maioría e que son outra forma de crear comunidade. Xa non hai esa relación de dependencia co veciño que había antes, pero segue habendo necesidade de relación e de festexar cos membros da nosa vila ou parroquia, non creedes?

    Por outro lado, é moi certo que non coñecemos a maioría dos nosos veciños, pero conversamos con xente de todo o mundo a través das redes sociais, e tamén con xente do noso entorno. Estamos interconectados a través da rede. ¿substitúe un tipo de comunicación a outra? Vólvenos mais cosmopolitas? É un paso adiante?

  4. Por outra parte a comunicación transxeneracional é moi importante. Os vellos son un libro de historia aberto, da nosa historia, e ademais a experiencia vale un punto. Pero todo está a mudar, que opinades sobre o que di Kapucinski no seguinte fragmento?

    Quen siga crendo que a experiencia acumulada ou os éxitos obtidos teñen que proporcionar, automaticamente, o respecto e a aceptación dos demais, equivócase de todas todas. Nas nosas sociedades, a pirámide do poder xa non se estrutura en función da idade e dos saberes que noutras épocas adquiríanse cos anos. A idade, hoxe en día, converteuse nunha carga. […] Os vellos ou anciáns non queren darse conta ou aceptar a nova situación, e permanecen aferrados a un privilexio de datos persoais que xa non ten razón de ser. O conflito cos mozos convértese así, evidentemente, en algo inevitable. […] Consellos para os adultos? Escoitar aos mozos e prestarlles atención, renunciar a toda posición de poder, admitir que un xa se atopa no bando dos derrotados. Se nos atopamos fronte a unha nova consciencia e a novas actitudes que negan valor e autoridade á experiencia dos maiores […] É necesario que entendamos que os mozo nos escoitarán só coa condición de que nós lles escoitemos a eles e de que sexan eles os que nos conviden a falar. A clave de todo está no interese recíproco“.

    Kapuscinski, R. (2005). Los cínicos no sirven para este oficio. Barcelona: Anagrama.

  5. Estou de acordo con Kapuscinski, se ben creo que é un pouco radical. A experiencia dos maiores é fundamental para que os novos teñamos coñecementos abondos sobre determinados aspectos do mundo. Pero tamén é certo que ás veces minusvalórasenos en pos de manter unha xerarquía e privilexios xa desfasados, cando nós poderiamos se-lo principal motor do cambio.
    Pero Kapuscinski neste fragmento céntrase demasiado niso, en que só vale a opinión dos mozos e que se nos debe deixar todo a nós. ¿Realmente credes que isto está ben, non porque estea mal en si a idea, senón credes que a xuventude está realmente preparada para isto, que é o suficientemente comprometida?

  6. Ana Vega Fernández

    Estou dacordo en que Kapuscinski é demasiado radical coa súa mensaxe. Chamádeme radical tamén a min pero eu son das que pensa que os maiores son a base dos que aprender os valores máis importantes da vida. A xuventude tamén pode e debe aportar as súas experiencias e opinións, xa que algún día seremos nós os vellos e imos querer que o resto da sociedade que está por debaixo en canto idade nos escoite. Vivín coa miña avoa desde que nacín. Contábame miles de historias cos seus momentos duros e cos seus momentos máis blandos. Poucas veces a escoitaba detídamente. Sempre aparecía algo que entretíñame máis. Fai cinco meses marchouse para sempre. É agora cando doume conta de verdade do moito que boto en falta as súas palabras e os valores que sabía transmitirme.

  7. Si é certo que por moitos coñecementos teóricos que unha persoa teña, a experiencia é a experiencia, e por sorte ou desgracia soamente se pode adquirir cos anos. Pero tamén é certo que a xuventude, a inexperiencia, a inocencia son os motores do cambio; o necesario cambio. Como mostra a revolución de Oriente Medio que está protagonizada case exclusivamente pola mocidade. Por iso penso que o ideal é o equilibrio mutuo, como di Kapuscinski o interese recíproco. Nun momento no que os adultos xa puxeron todo da súa parte, non pensades que sería interesante que lle cederan o posto as novas ideas? Novos xeitos de pensar e de ver a vida.

  8. Moitas grazas polos vosos comentarios, alegrame moito que vos interese tanto este tema.
    A verdade é que a tertulia foi moi interesante, aprendemos cousas moi sorprendentes, aínda que a charla centrabase no tema da maternidade poidemos vislumbrar o que comentamos no post, que a relación cos veciños non é a mesma, e iso serviunos para meditar, sobre como cambiaron as cousas.
    Tódolos fins de semana como na casa dos meus avós, e xa non vou falar das cousas que directamente me contan a min, senón que escoitando as conversas que manteñen cos meus pais doume conta do cambio dos que os falo, cando recordan momentos sempre falan de, “Finita a da palloza” ou “Pepe o da Solana” por poñer algúns exemplos, e da boa relación que se os axudaron a pintar a casa, que si coidaba dos fillos cando non podían…
    A verdade é que eu vivo nun núcleo máis urbano que o pobo dos meus avós, vivo nun bloque de edificios de 12 pisos, e decatome de que se coñezo o nome 10 veciños xa é moito e que as únicas conversas que manteño con eles son as que se dan nos escasos minutos que estamos no ascensor.
    Todo isto da moito que pensar, se necesitaramos calquera cousa dos veciños, quen pode dicir que ten a confianza suficiente como para pedir calqueira cousa?

  9. Cando a miña avoa paterna vivía, tiñamos o costume de ir comer con ela tódolos sábados do ano. Residía nunha casa enorme dunha vila lucense (Ferreira de Pantón) na que todos sabían de todos, para ben e para mal. O caso era que, se a miña memoria non me falla, non había fin de semana no que non chegaramos á casa co maleteiro do coche até arriba de nabizas, mazás, noces, castañas, carne, ovos, patacas…cada cousa provista por un veciño distinto. Recordo, sendo eu ben pequena, os paseos da man da miña avoa recorrendo as casas da vila para dar á súa neta a coñecer e, de paso, levarme ás leiras e ás cortes para que vise os animaliños. O relembro que permanece na miña cabeza é que todos coidaban de todos, a pesar de que conlevase que todos estivesen pendentes do que facía o resto.

  10. Cheas de recordos me veñen á mente ao ler esto e síntome agraciado de pasar a miña infancia con meus avós na aldea -aldea que visito cada vez que volto a miña casa, en Celanova- e teño a sorte de coñecer a meus veciños e oír as súas historias e de meus avós cando por alá vou. Porque agora que estou na universidade doume conta de todo o que os vellotes saben da vida, vexo todo o que aprendín e aprendo deles e por qué non, boto unhas risotadas escoitandóos lonxe dos fumes e contaminación da cidade, no monte, onde o descanso e o aillamento se apodera de un. E que ben vén ás veces contra o estrés da cidade. Que ben vén.

  11. Andrea Fernández Alejandre

    Yo vivo en la ciudad y mi abuela materna también. Cada dos por tres se pasa por casa y nosotros por la suya, quitando llamadas telefónicas xD Lo cierto que en mi caso no creo que esté perdiendo la comunicación con mi abuela. Y sí, me tiene contando muchísimas cosas de la vida, sobre todo de cuando tuvo que emigrar a Alemania… Lo que pasa es que a veces noto que me quiere imponer cosas que ella piensa y que no van acorde a los tiempos en los que vivimos… Así que sí: no perdamos la comunicación con nuestros abuelos, pero como dice Kapuscinski, que ellos también nos escuchen a nosotros. Y que no intenten imponernos sus opiniones xD

    Andrea Fernández Alejandre, 2A1, 2G

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: