ADEGA: Conclusións Finais.

Non se cumpriron as nosas expectativas. A nosa colaboración con ADEGA baseouse en: asistencia a talleres de reciclaxe en colexios; realización dunha reportaxe con vídeo; e tradución de contidos web ao galego.

ADEGA preséntase como unha vía alternativa de desenvolvemento ecolóxico que loita pola defensa social e política do medio. Os seus socios están subscritos á revista trimestral CERNA (revista que informa sobre as cuestións ambientais que son noticia e  as posición que toma a asociación). Neste sentido, botamos en falta algo máis práctico nas actividades. Algo que nos somerxera máis nese activismo e achegamento coa comunidade.

Algúns erros internos que divisamos foron principalmente no referente á capacidade de cobertura e apropiación e a comunicación interna. Por un lado, non lle prestan atención e demasiado interese ao uso de redes sociais: teñen Facebook e Twitter, cos que pretenden informar das súas actividades e atraer seguidores e socios potencias, mais non lles dan un uso eficaz (debido en parte ao descoñecemento e inexperiencia neste campo das teconoloxías).  Por outro lado, entre eles mesmos písanse os roles e xerarquías e non se comunicaban, o que dificultaba asemade a comunicación co noso grupo: coñecemos un modelo organizativo que non funciona adecuadamente.

De todas formas, a relación cos membros foi cordial e amigable. Algunha vez que outra comentábannos os seus enfrontamentos cos medios. En concreto, falaron de La Voz de Galicia, xornal que deixou de tratalos nas súas páxinas por conflitos con algún dos directivos.

En resumidas, este primeiro contacto cunha asociación foi unha experiencia proveitosa, a pesares de ter problemas de negociación nun principio e de non tratar máis polo miúdo a súa labor coa sociedade e a política.

T6B

Posted on 26 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Analizar de forma pormenorizada la estructura de una asociación de estas características nos hará encontrar numerosos errores de base. Podemos hablar de un desaprovechamiento de las redes sociales o un fallo de comunicación en el lenguaje. No se hace entender o no consigue llegar. Estos problemas pueden ser un lastre para la consecución de los objetivos que persigue la asociación. Veo que, en vuestra opinión, sus fallos estructurales dificultan su éxito. Es una lástima que no hayáis podido extraer más experiencias del intercambio con ADEGA pero de todo se aprende.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: