Realmente informados?
Como futuros/as xornalistas que seremos, decidimos escoller como tema o estudo das relacións e rutinas que se establecen (ou non) entre o Parlamento de Galicia e tres medios de comunicación: El Correo Gallego, La Voz de Galicia e El País. Do mesmo xeito, atenderemos ao servizo que os medios fan ao cidadán á hora de informar sobre a actividade parlamentaria.Tendo en conta que o Parlamento é a institución que leva a cabo a actividade lexislativa en Galicia, parécenos moi interesante analizar que vínculos crea cos medios e que tipo de comunicación resulta desta relación. A través dun modelo estándar de entrevista, obteremos información tanto do parlamento e do medio. Ao final do proceso, analizaremos as respostas obtidas e sacaremos unha serie de conclusións.
http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_CentroPrensa.aspx
TGA 1b4 GI1
Posted on 2 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Xornalismo. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Muy interesante su trabajo y muy bien expuesto en este post loq ue pretenden, muy acertado el enlace, pero hizo falta una imagen o video que ayudara un poco con la atención y el interés.