De reunión en reunión
Lena e Noemi: O pasado martes fomos de novo á ludotecas. Facía sol, polo que os nenos xogaron fóra ao baloncesto e ao “tiburón”, unha especie de pilla-pilla ao que xogan os máis pequenos. A hora de estudio foi dura de levar, sobre todo ao ver o sol que asomaba pola fiestra. O máis interesante foi a reunión de monitores que houbo de 8 a 9 e media Fixemos un xogo que nos ensinaba a colaborar e a transmitir mellor este valor aos nenos. A continuación, valoramos todos os aspectos da ludotecas, monitores e nenos incluídos e que nos servíu para darnos conta de que ser voluntario leva moito traballo máis aló de estar todas as tardes cos nenos.
O xoves, fixemos un programa de radio cos pequerrechos. Preguntamoslles sobre os seus debuxos favoritos (non incluido o Xabarín) e despois fixemos un concurso de distintas probas. A verdade é que os rapaces parecían moi contentos e nós emocionadas de poder aportar algo. Para rematar xogamos un partido de baloncesto, comprobando o competitivos que poden ser os nenos.
Lara, Laura e Cristina: A pasada semana aproveitamos para coñecer todos os ámbitos nos que traballa a Coordinadora do Barrio de Vite . Pois ben, esta semana voltamos ao terreno da educación, posto que tivo lugar a reunión mensual das diferentes entidades que traballan na solución de casos: a propia Coordinadora, persoal dos centros de ensino de Vite, o Secretariado Xitano, prefesionais dos servizos sociais do Concello, etc. Avaliouse o seguimento de varios casos concretos. Como traballo común, orientado a superar situacións de exclusión, presentouse un proxecto de colaboración para a celebración do Día Internacional do Pobo Xitano o 8 de Abril, con accións de promoción e
difusión. Destacamos o cambio que produce a nosa presenza na comunicación entre os profesionais: cando hai confianza entre os interlocutores, paran o seu discurso para explicarnos cousas e incluirnos na conversa; cando non a hai, o off the record convírtese en alto segredo. Credes que é debido ao seu propio segredo profesional, ou credes que é un comportamento habitual na comunicación humana?
TGP 1D
Posted on 6 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged Participación (TGP´s), Voluntarios. Bookmark the permalink. 5 Comentarios.
Pois creo que se trata de que non vos coñecen ben e non entenden que fan unhas rapazas de xornalismo alí. Ben pode ser que non entenden iste súbito interese por un espazo no que o voso rol non está contemplado de antemán.
Resistencias grupais. As asociacións e voluntarios teñen unha longa traxectoria entre deles como representantes. Moitos deles pensan que só eles representan; vestixios de andar en políticas e en militancias. Se finalmente lles fixérades un perfil biográfico e de interese real polo que están alí, de seguro que seria moi revelador.
Marcelo
Xúrdeme, entón, unha pregunta: a resistencia grupal pode intensificarse cando a comunicación se dá nun terreo que o grupo (ou o representante do grupo) non domina? A traballadora social á que acompañamos preocúpase de abrirnos as portas ás actividades e incluirnos nas conversas que mantén. Pero isto só o fai cando a persoa coa que fala, sexa o tema que sexa, é de confianza; cando fala con profesionais cos que non ten confianza persoal, tende a excluirnos, aínda que coñezamos o tema. Pode que sexa que aínda non entende que facemos ali (de feito, creo que non entende nada disto), pero teño a impresión de que o seu comportamento depende directamente da súa posición con relación ao seu interlocutor (que non a nós) e ao espazo no que ten lugar a comunicación. En función disto, a nosa presenza será máis ou menos desexable. É ese un rasgo de resistencia grupal, un factor que a intensifica…?
Cristina Corral
por certo, que é iso do “tiburón”? e que a min iso dos xogos do rapaces e as transformacións lúdicas entre xeracións de vellas apostas e competencias aléntame a curiosidade. Ten que ver coa peli de Spielberg ou non?
Marcelo
Semella entrañable o proxecto que estades a realizar. ¿Pensades que coa vosa presenza marcaredes o futuro dos nenos e nenas cos que compartides tempo e espazo? ¿E eles e elas o voso?
O tiburón e como lle chaman os nenos pequenos ao pilla-pilla de toda a vida. Non penso que a nosa presenza vaian marcar a vida dos nenos pero sí que se levarán un bo recordo dos días que pasamos xogando e estudando con eles. Por outra parte, penso que ao igual que eles aprenden cosas novas de nós, nós aprendemos deles, e o tratar cos nenos tan de preto vainos servir para futuras situacións que se nos presenten e que teñan que ver con este campo.
Lena e Noemi.