Rematamos, pero con bos recordos e gañas de repetir!

Na tarde do martes, ao rato de chegar á ludoteca, viñeron unas rapazas que estudan educación social para facernos unha entrevista (contradiccións da vida) a cerca da nosa estancia en Don Bosco. Despois, estivemos xogando ao “cao”, un xogo de baloncesto, cos rapaces e monitores. Na hora de estudo Lena axudou aos rapaces co exame de coñecemento e lingua castelá que tiñan ao día seguinte, e Noemi, intentou non perder a paciencia coas matemáticas.

E o xoves… a despedida. Ao ser o noso último día na ludoteca encargáronnos facer unha charla sobre o tema da semana, a convivencia.  Despois axudamos aos pequenos a facer un cómic, algo bastante complicado. Despois de axudar a recoller despedímonos dos monitores. Parece mentira pero nun mes conseguimos intregrarnos no pequeño mundo de Don Bosco e os nenos tamén se acostumaron a nós, chegando a pedir  un rapaz que Noemi o axudara a facer os deberes.

Sen dúbida, este mes de voluntariado foi unha experiencia gratificadora. Volveremos de visita, tendo na cabeza a idea de volver á ludoteca como voluntarias habituais.

Lara, Laura e Cris fomos esta semana ao local da Coordnadora de Vite, centro neurálxico da preparación do acampamento que terá lugar en Porto do Son esta Semana Santa. Lévase facendo desde o ano 90, e nel participan nenos e nenas de todas as idades, nomeadamente residentes do barrio de Vite, e tamén algún dos rapaces con problemas cos que tivemos contacto no Xelmirez II. No vindeiro post contarémosvos algo máis sobre as actividades e outras novidades do noso voluntariado.

TGP 1D

Posted on 15 Abril, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Corrección Grupos 1-2

    Apaixoante semella o que nos contades sobre a vosa experiencia de voluntariado. Estas vivencias adoitan ser as que endexamais se esquecen, porque marcan o propio espíritu do ser que as vive e persisten por sempre nas mentes de quen as experimenta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: