Non saben o que queren… se amarse ou odiarse

Chegada a nosa redacción final ó seu fin, en disposición estamos de poder ofrecervos as premisas fundamentais que indagamos sobre o trato das fontes de sucesos no xornal El Correo Gallego:

Aínda que din recorrer no mesmo grao ós cidadáns que a fontes oficiais, a estas confírenlle maior relevancia.

A rutina productiva fai que a verdadeira esencia do xornalismo, que é a do traballo na rúa, tenda a escasear.

A amizade coas fontes facilita o acceso á información por parte do xornalista.

O exercicio con acontecementos tráxicos condiciona á persoa do xornalista e á noticia final que este proporciona.

O contraste de información por xornalistas será a única vía para superar a inexactitude dos datos que reciben das fontes.

Ambas partes se necesitan, pero ninguna quere ceder nunhas relacións nas que uns “procuran” os datos que outros “agochan”. A tolerancia e o respecto mutuo resultarán indispensábeis nunha relación de amor e odio simultáneo.

(TGA 2b2)

Posted on 15 Abril, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Corrección Grupos 1-2

    En tódolos ámbitos, a relación interpersoal faise vital para a supervivencia, pero no xornalismo isto reflíctese especialmente. As redaccións funcionan como un todo uniforme, profesional e exacto. Deben ser rigurosos coas fontes e precisos coa información. Hase sacrificar a ética xornalística por unha mellor información, ou ante todo hai que cinguirse ás normas a pesares de sacrificar valiosos datos?

  2. Javier González Penedo

    A premisa fundamental é que o xornalista poña todos os seus medios “legais” para que a información que fai pública sexa do maior rigor, exactitude e calidade posible. Isto de per se xa implica respetar as normas deontolóxicas que a profesión trae consigo. Non conformarse cos datos parciais e non contrastados dos simples comunicados e notas de prensa é factor indispensable para un produto final de denotado valor. Será cun completo e axeitado traballo de indagación co que, todo gran profesional da comunicación que se precie como tal, ofrecerá datos valiosos e de preciado interese sen ter a necesidade de ignorar a ética xornalística.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: