Aves de paso: para cando o retorno?
“Non todo é rasgar xornais vellos, que tamén” O tema amplísimo que tratamos de abordar, levounos previsiblemente por un sendeiro moi difuso. Non foi fácil marcar liñas e establecer acotamentos, a dificultade reside na aportación vivísima que tivo tal fenómeno nas tres grandes oleadas que prevíamos investigar: comezos do século XX, in media res do mesmo século e a presente. Así pois, o noso percorrido exténdese dende a conversa con Neira Vilas ata o recordo que nos trouxo o seu grande almirante, Luis Seoane. Dimos conta da opulencia que os indianos de Avión deixaron na terra. Das escolas financiadas polos emigrantes (moitos deles sen teren retornado). Contactamos cun galego en Sevenoaks (Reino Unido) emigrado desde Bexo (Dodro, A Coruña). Seguimos cos estereotipos dende o efoque artístico (cine, teatro, música) e mesmo chegamos, sen contalo, ao síndrome de Ulises.
Que é emigrar? Son os fillos sen pais, é a terra sen homes e son as viúvas de vivos. A definición é simple: movemento de poboación que deixa un lugar para establecerse noutro por motivos económicos ou sociais. Tras o que afondamos no tema descubrimos que a emigración é moito máis que esta simple definición. Para nós esta experiencia supuxo medrar como profesionais porque traballamos con persoas, entrevistándoas, remexendo nos seus recordos. Persoalmete coincidimos en que se estreitou o noso vínculo ca emigración e nos cambiou a perspectiva. Antes de comezar o traballo, definimos que a nosa liña sería a emigración cara Latinoamérica no século XX. Como dixemos nun post, a emigración está case na definición de galego mais sempre o vimos como algo de nosos avós ou quizais de nosos pais. Somos unha xeración que medrou ao tempo que medraba a democracia e a economía española ata que chegou a crise. Hoxe, podemos dicir logo de falar con novos emigrantes ou xóvenes que ven o seu futuro fóra de aquí, que sentimos outro vínculo co termo. O vínculo máis próximo, o dos nosos iguais, rapaces estudados, criados no primeiro mundo que queren ou teñen que marchar. A desazón que supoñía antes emigrar convértese hoxe en sinónimo de posibilidade. Pero, como nos comentara Neira Vilas, agora os rapaces marchan cun contracto previo e van moito mellor preparados, estudados, é unha cousa totalmente distinta. Coincidimos nós con ese pensamento pero observamos que en todas as emigracións sempre hai un lazo que as une: procura dun futuro mellor. Porén, cal é a boa cara da moeda? A diversidade cultural, a amplitude de perspectivas e a optimización nas posibilidades laborais.
Gustaríanos, xa que é o útimo post, que nos contarades que foi o que máis vos chamou a atención e se, coma nós, sentides máis próximo o tema ou o plantexades como unha posibilidade. Deixámosvos unhas fotos do grupo traballando hoxe na Fundación Eugenio Granell.
151.D00
Amosa Tato, Cristina
Gómez De la Campa, Xiana
Gómez Calvo, Noelia
Gómez Vales, Laura
Luengo Martínez, Diego
Posted on 26 Marzo, 2015, in Posts grupais. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
Emigrar é palabra por excelencia que agocha un sinfín de sentimentos, historias e inquedanzas dunha persoa. Persoalmente, creo que a vosa definición deste termo recolle os puntos principais da mesma. É ben certo que é un ámbito inabarcable que convén centrar nunha época xa que pode acabar send o difuso e pesado de máis. Como a maioría das cousas, a percepción das mesmas cambia unha vez que ns documentamos e iso foi precisamente o que vos ocorreu. O voso traballo de campo remove historias e algunhas delas prefiren estar onde están, e aínda así, insistides nelas. Paréceme, sen dúbida, un tema que pode dar moito xogo.
LAREU PEREIRA, IREA REXINA 151.E02
Grazas por darnos as respostas que buscábamos!
Sentímonos ledos de que o noso obxectivo, tratar dunha maneira máis cercana e amena un tema tan complexo, chegara aos nosos lectores. Dende o inicio tentamos darvos unha nova perspectiva sobre un tema constante na nosa realidade e aportarvos nova informaión que axude a crear un novo pensamento e a abrir novos horizontes.
151.D00
Ademais de ser un tema que nos toca moi de preto, xa que o raro é non atopar a alguén que teña un familiar ou amigo relacionado coa emigración, é un ámbito que dá moito de si. E é que ten tantos puntos positivos coma negativos. É certo que ese termo encerra unha morea de sentimentos: a morriña, a soidade que se sinte ao chegar a un lugar totalmente descoñecido, a ausencia dos nosos… Pero tamén, ábrese ante o suxeito que emigra un amplo campo que abarcar. Novas culturas, dilución das fronteiras e novas amizades son algunhas das posibilidades que se nos presentan cando nos vemos obrigados a abandoar a nosa terra en busca do que vós dicides no post: un futuro máis próspero.
Os galegos, polas circunstancias e o contexto que nos preceden, acostumamos a relacionar a emigración co recordo que temos dos nosos antepasados obrigados a marchar. A todos se nos vén á cabeza como imaxe a famosa fotografía de Manuel Ferrol. Mais non todo é así. So hai que saber aproveitar as ocasións que se nos presentan por moi complicadas que semellen.
GONZÁLEZ VÁZQUEZ, AIDA 151.H02
Como ben dis e como tentamos reflexar nalgúns dos nosos posts os tempos mudan e en consecuencia as características da nosa emigración. Aqueles emigrados que recordamos con nostalxia e os de hoxe comparten un dos seus motivos, a mala situación económica da terra e ao mesmo tempo diferéncianse nas condicións nas que marchan, sendo licenciados e contando cunha boa base educativa.
A emigración é unha oportunidade de futuro sempre e cando se faga por vontade propia e non polas circunstancias económicas alleas a xuventude.
151.D00