QUEREMOS COMPROMISO

Esta semana quixémonos centrar naquelas asociacións que abranguen a persoas e tamén familiares que sofren algunha enfermidade mental. Púxenme en contacto con FEAFES Galicia, a principal federación na comunidade galega deste tipo. Nos vindeiros días, entrevistaremos ao presidente da mesma e a algún usuario. Este post, polo tanto, irá dedicado a coñecer un pouco máis dito grupo  co obxectivo de comprender máis este colectivo.

FEAFES é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1995 e que agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade. Ten como obxetivo principal a mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias e coidadores.

Falando da súa historia, a atención das persoas con enfermidade mental recaía principalmente nos familiares más próximos mentres aquelas persoas que non contaban con apoio, acababan internados en hospitais psiquiátricos nos cales o tratamento e a atención eran de dubidosa calidade. Na década dos 80 esta situación comezou a cambiar grazas a aparición dun movemento social favorable á reforma psiquiátrica que chegou ao seu punto máximo coa aprobación en 1986 da Lei Xeral de Sanidade.  Nese instante xorde o movemento asociativo, nacendo en Galicia dous colectivos que loitarían polos dereitos das persoas con enfermidade mental. Foi un proceso longo e complexo en Galicia, que acabou dando lugar a FEAFES.

Esta entidade ofrece diversos servizos entre os que se atopan a prestación de atención temperá a familiares co propósito de facilitarlles o manexo das dificultades da nova situación. Dispoñen de centros de rehabilitación psicosocial e laboral e realízanse as seguintes actividades: adestramento en habilidades sociais, psicoeducación, prevención de recaídas, entre outras. Ao mesmo tempo, tamén se apoia as familias dos usuarios a través das Escolas de Familias e grupos de autoaxuda. Cómpre destacar a labor de FEAFES no seguinte punto: aquelas persoas que non teñen posibilidade de convivir cos seus familiares, teñen duas alternativas, vivir en pisos tutelados ou en minirresidencias. Ocúpanse tamén de incorporar aos usuarios no mundo laboral, no deporte e naquelo que abrangue a vida cotiá.

Como ben se introduciu ao comezo do post, entroncando coa mellora da vida das persoas búscase tamén o compromiso de toda a sociedade por comprender a súa situación e normalizala. Neste papel destacan os medios de comunicación e dende o noso traballo de campo coa axuda das entrevistas e dos coñecementos adquiridos, iremos analizando o trato das persoas con enfermidade mental en vindeiros posts.

LAREU PEREIRA, IREA REXINA 151.E02

Advertisements

Posted on 19 Marzo, 2015, in Posts individuais. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Me parece muy interesante el trabajo que está a realizar vuestro grupo de trabajo. Como le comenté hace tiempo a tu compañera Carla, creo que existe un grave problema a nivel social en cuanto a la relación con personas enfermas en general. El hecho de que la sociedad necesite encasillar a cada persona y que formen su opinión sobre las mismas en prejuicios hace que vean a cualquier persona que esté enferma como un problema, cuando ni mucho menos no es así.
    Me parece admirable el trabajo que realiza FEAFES, sobre todo en esa lucha que tienen en concienciar a la sociedad de que una persona enferma es una persona normal que puede llevar una vida como cualquier otra. Y sí, es importante que los medios de comunicación ayuden a su labor.

    VIÉITEZ OTERO, SARA 152.C05

    • seminariocomunicacion1

      O noso traballo de campo é complexo, tanto na temática como nas facilidades á hora de traballar. Grazas as asociacións tratamos a saúde mental cunha concepción diferente, feito que teremos en conta cando teñamos que falar como xornalistas sobre a saúde mental.

  2. Interesaríamonos máis pola entrevista a algún dos usuarios, e facer breve todo o entramado institucional, incluida a entrevista ao seu presidente, que, algunhas veces, soen ser intermediarios e nada máis das organizacións. A ver se conseguimos a entrevista cos usuarios. Gracias. MM.

  3. seminariocomunicacion1

    Será interesante ver esa entrevista que nos proponéis en posteriores posts al presidente de FEAFES para conocer su opinión sobre cómo tratan los medios de comunicación a esa “comunidad” que parece estar formada por las personas más vulnerables. Es interesante que tratéis de crear una comunicación con estas personas y a su vez con las personas que les ayudan en su día a día, que por supuesto serán quienes mejor conozcan las situaciones por las que pasan, así podremos conocer mejor este pequeño campo que también opera en nuestra sociedad y al que muchas veces no se le hace caso. En nuestro grupo, como ya sabéis, estamos trabajando sobre el tratamiento de la información de cara a las Elecciones Municipales en Santiago; pronto pondremos en marcha el blog corporativo en el que podremos relacionar conceptos pero dar una visión más amplia a aquellas personas que les interese.
    Aquí os dejo un enlace (https://www.youtube.com/watch?v=5xHc5v61CVQ) donde podréis ver una entrevista al Vicepresidente de FEAFES en España, que también trata puntos como los que voosotros mostráis en vuestro post como el movimiento asociativo que surgió después de la Ley General de Sanidad en 1986, espero que os sirva de ayuda.

    VALVERDE CABALEIRO, DAVID 152.B05

    • seminariocomunicacion1

      Finalmente, non puidemos conseguir a entrevista co presidente de Feafes Galicia tras non recibir reposta, a pesares de poñernos en contacto. Grazas polo material suxerido, resultoume interesante e sacamos ideas para os próximos posts.

  1. Pingback: La voz de la salud mental | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: