O escultismo en Galicia

Como xa dixemos anteriormente, o movemento scout naceu a comezos do século XX, coa figura de Baden-Powell como cabeza visible e principal impulsor do escultismo.

A España, e concretamente a Galicia, non tardou moito máis en chegar. No ano 1920 fúndase en Ferrol o Primeiro Consello Local dos Exploradores, baixo o mando de Emiliano Balás: o grupo 19. Xa dende os seus comezos tivo unha gran acollida, chegando a contar con máis de 300 rapaces voluntarios a pesar das difíciles etapas que se aveciñaban. A duras penas foi sobrevivindo durante a Guerra Civil, con notables baixas dentro da asociación.

No ano 1940, xa cun sistema totalmente diferente ó existente nos seus inicios, unha Orde Circular enviada polo Ministerio da Gobernación obriga a suspender tódalas actividades que estaba a realizar a Asociación Nacional de Exploradores. Comezaba deste xeito un período de espera polo rexurdimento da actividade escultista, aínda que con moitos intentos de retorno nese intervalo de tempo.

Xa no ano 62 formalízanse e dáselles forma a eses intentos de regreso, comezando a cristalizarse os primeiros grupos scout en Galicia como tal. Dez anos máis tarde, o movemento é ramificado en dous: en escultismo laico e en escultismo católico. En canto ao primeiro, Galicia conta na actualidade con seis agrupacións escultistas laicas.

Considérase que a primeira en nacer foi a xa mencionada Grupo 19, que conta cunhas raíces que proceden da década de 1920.

Logo da caída da dictadura, a actividade scout é retomada con máis forza que nunca, sendo unha época na que fructiferan numerosos grupos de rapaces con intención de realizar tarefas coas que aprender e divertirse ao mesmo tempo. Destes, sobreviven o Grupo Scout Chan, nacido en Santiago de Compostela no 1975, o Grupo Scout Semente na Coruña un ano máis tarde, o Grupo Scout Hércules, na mesma cidade no 1977.

hqdefault

Xa en 1985 aparece en Ferrol a asociación protagonista en tódolos nosos posts, o Grupo Scout Guía Vasco da Ponte. E moi recentemente, comeza a súa andaina en Lugo o Grupo Scout Tesela no ano 2014.

Todos eles pertencen a ASDE Galicia, pero o fundamental é que teñen o propósito de acadar unha mellor convivencia en sociedade, algo que se debe aprender dende ben novos e que non se debe esquecer aínda que se madure.

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Posted on 24 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. El tema que estáis a tratar me está gustando mucho. No conocía la historia real de los scouts y me sorprende bastante que tenga tanta antigüedad. Que superasen momentos como la Guerra Civil sin acabar con esta asociación es admirable. Creo que supone un gran esfuerzo por parte de estos grupos mantenerlos en pie pese a las dificultades que se le presentan en todos los sentidos.
    Igual estaría bien que hablarais con alguno de los chicos de la asociación con la que trabajáis y que cuente su opinión sobre la historia de este movimiento. Creo que, desde mi ignorancia, a raíz de todo lo que habéis dicho en otros post, para ellos es bastante importante la tradición.
    MULEIROFERNÁNDEZ, MARÍA 152.F02

    • Silvia Iglesia Castiñeira

      Totalmente de acordo, María. A tradición neste tipo de asociacións é un piar fundamental tanto na organización como nos valores que pretenden transmitir. Así mesmo, os ritos son un elemento estreitamente ligado coa tradición e como non, co escultismo. Por nomear algo en concreto, se hai algo que nos recorda aos rapaces scouts iso é o ritual da promesa, ou os cánticos cos que se despiden ao acabar as actividades que realizan nas súas xuntanzas.
      Por outra banda, o feito de que tivesen continuidade aínda despois da Guerra Civil e durante unha etapa tan restrictiva, en tódolos aspectos pero especialmente no ámbito ideolóxico, como o foi a dictadura franquista, é o froito do traballo de moitas persoas. Todas aquelas que coñeceran o movemento con anterioridade e non se resignaron a que quedara no esquecemento, pretendendo que tódolos rapaces que así o quixesen puidesen formarse a base de axudar aos do seu arredor.

      IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

Deixar un comentario