COGAMI: Presentación do vídeo

Durante os anos oitenta comezaron a aflorar conceptos como “integración” ou “participación activa”. Parecía que unha nova vía se abría timidamente para as persoas con discapacidade. Podían soñar xa con formarse, traballar, ser útiles para a sociedade; ter unha vida completa. Pero ese soño, esas esperanzas, carecían en Galicia dunha coordinación que o fixese plausible.

E entón naceu COGAMI, seguindo o modelo doutras organizacións nacionais para potenciar o movemento asociativo e para dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Lonxe da visión pesimista, do derrotismo e do conformismo, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade adica os seus esforzos desde fai vinte anos a potenciar capacidades.  A súa misión é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Este pequeno gran proxecto a día de hoxe conta xa con 53 asociacións/delegacións en toda Galicia. A Confederación está constituída de forma directa por 17 entidades: 4 Federacións Provinciais, 2 asociacións de ámbito autonómico e 11 asociacións de ámbito comarcal ou supramunicipal.

Pero sobre todo, COGAMI segue a ser a historia de persoas individuais. Xente que se forma, se relaciona, é apoiada, da e recibe servizos na comunidade, ten unha actividade laboral … A labor da Confederación na busca de novas metodoloxías de traballo e na prestación de servizos e innegable. Mais se as persoas coas que tratan non tivesen as capacidades que tanto loitaron por demostrar, todo os seus logros non serían posibles.

Cómpre dar as grazas a cada persoa que diariamente, co seu esforzo e a súa firme convicción, fan posible a labor de asociacións coma esta. Por iso, os protagonistas deste vídeo son eles. Son os rostros visibles da capacidade, a oportunidade, as gañas, a autonomía, a motivación e a implicación.

T4A

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: