Paro: Escrache final

Este é o último post do S2A. Tratamos o mellor que puidemos e soubemos a problemática dos desafiuzamentos, participando en roteiros populares, entrevistando ós afectados e estudando a fondo o proceso de execución hipotecaria dende un punto de vista xurídico. Isto quedou retratado nos nosos posts anteriores. Cremos que aínda nos queda unha cara por tratar, que ademais está moi de actualidade. Falamos dos escraches:

http://www.youtube.com/watch?v=tJKkRjL1fzE

Hai quen, coma María Dolores de Cospedal, califica os escraches de “nazismo puro”. Non entanto, a maioría dos cidadáns ven neles unha manifestación pacífica na que se pretende denunciar a situacións de milleiros de familias. O escrache é, para moitos, o último recurso. Sen o apoio dos diputados que faltan, a ILP non sairá adiante (http://escrache.afectadosporlahipoteca.com/).

O que o S2A pensa é que vivimos nun país democrático, cada vez menos, no que é a cidadanía a que escolle os seus representantes. Así que, María Dolores de Cospedal, estás aí porque che puxemos nós. Non gobernas só en ti mesma, senón que tamén determinas o futuro de millóns de persoas, desas que che elixiron. Por isto, teñen todo o dereito do mundo a expresar as súas demandas e ti tés o deber de escoitalos. O escrache non é un delito, non hai intimidación, non hai coacción. É un exemplo da liberdade de expresión.

Dito isto, despedímonos. Grazas a todos os que lestes e comentastes o que fomos escribindo, con máis ou menos acerto. Ata aquí chegamos! 

S2A

Posted on 26 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Para ser político hoxe en día (aínda que estes parámetros sempre os houbo), tes que ter enchufe e ganas de mandar e obter beneficios. A política xa non é para os cidadáns, senón para os máis achegados ós políticos. Como ben dicides, Cospedal foi elixida polos cidadáns, aínda que sigo mantendo a idea de que a maioría votaron non por conviccións nin por valores, senón por desbancar ó partido que estaba antes, pensando que todos os problemas se ían solucionar así, cambiando a silla do xefe no despacho.

    Estamos nun país no que semella que as manifestacións se escapan das mans. Sí, é certo, pero das mans dos que mandan, non dos mandados e afectados. Chamarlle “nazismo puro” á unha simple rebelión, á unha simple manifestación e expresión, é caer no pozo da ignorancia e da indiferencia. Agora, defender o que é teu, e que dalgún xeito cho “roubaron”, é un delito. Defender leis que perxudican ós que xa teñen un calvario, suponse que é o correcto e o que todos, como “patriotas” deberíamos facer. Pois sinceramente, por unha parte alégrome de que se estea producindo o escrache, porque isto quere dicir que aínda hai ganas de loitar, de revelar o que certos cantantes están ocultando e procesando. Por outra banda, como ben explicades, o escrache é a última solución. Unha solución definida como problema. É o problema ante o que semella non haber solución, polo menos á curto prazo.

    Se hai que “escrachar”, que se “escrache” na porta das casas, porque é a entrada ó lugar no que todos nos sentimos seguros. É o lugar onde os que toman decisións se refuxian da realidade. Atentar contra o lar, é atentar contra a propia persoa. Un verbo, que non é delito, senón que é “non querer resignarse á ser manipulados coma auténticas marionetas”. É unha reivindicación persoal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: