1. Down Galicia

.Imagen

A nosa primeira reunión coa directora de Down Compostela, Marta Rodríguez, serviunos para aclarar o noso proxecto e modificar algúns parámetros

A nosa primeira intención era traballar con nenos que estiveran adaptándose á vida escolar pero neste momento démonos conta de que isto era sumamente complicado xa que non poderíamos nin sacar fotografías nin gravar vídeos debido a lei de protección de menores. No artigo 4.2 da lei orgánica de protección xurídica do menor recolle o seguinte:

 La difusión de información o la utilización de imágenes o nombre de los menores en los medios de comunicación que puedan implicar una intromisión ilegítima en su intimidad, honra o reputación, o que sea contraria a sus intereses, determinará la intervención del Ministerio Fiscal, que instará de inmediato las medidas cautelares y de protección previstas en la Ley y solicitará las indemnizaciones que correspondan por los perjuicios causados”

Isto fíxonos modificar a nosa idea principal e tomar a decisión de en lugar de tratar con nenos tratar con adultos e con xente da nosa idade. Todas creemos que foi a decisión correcta xa que estamos moi contentas coa xente que estamos a coñecer e coa que nos estamos relacionando.

TITORIZADO 3B, 142.D00

Posted on 20 Febreiro, 2014, in Posts grupais and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. No son menos interesantes los adultos que los niños. Todo lo contrario, ya que trabajar con gente de tu edad que tiene un problema y ver como llevan su vida es muy positivo. Pero quiero deciros que nosotros estamos trabajando con Alcohólicos Anónimos y por lo tanto también debemos respetar su imagen para que, aunque alguien no tenga problema en ser filmado o fotografiado, no se asocien sus caras con los otros, pero eso no nos ha echado atrás. No cabe duda de que contar todo sin poder usar material audiovisual es más complicado, pero este tipo de retos no pueden echar atrás a un periodista.

    NEIRA CARBALLO, EVA 142.B03

  2. Que é o que ides traballar con eles exactamente? Xa como coordinador do voso grupo, podedes extendervos un pouco máis se podedes;)

    Gómez Sal, Lucas. BCP 203

  3. É certo que poderían existir solucións para cubrir os ámbitos de relación de nenos con síndrome de down nas escolas, coma facer firmar ós pais dos rapaces autorizacións conforme a que os seus fillos foran filmados ou fotografiados.
    Pero en dita reunión, a directora Marta Rodríguez, tras facernos ver a complicación de traballar con menores de idade, proporcionounos unha boa alternativa como a de traballar xunto a eles no ámbito de lecer. Non só por aforrarnos traballo ou non, se non porque noutras actividades coma nas distintas clases de aprendizaxe (motricidade, vocalización, etc) sería moi posible que chegaramos a molestar ós rapaces que están atendendo. Calquera de nós tamén estaría incómodo se vén alguén a mirarnos no que estamos na clase.
    Por iso tamén, decidimos traballar con adultos, que por certo non son menos interesantes que os rapaces evidentemente, cando falamos de adultos falamos de xente non moito máis maior dos 18 anos que acuden os venres ás actividades de ocio da asociación.

    TITORIZADO 3B, 142.D00

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: