Piñas futbolísticas

CAM01055

Tranquilos, o título non está errado. O certo é que, máis que unha peña, os nosos compañeiros de viaxe das últimas semanas son unha piña, un grupo enorme e variopinto de amigos.

O sábado pasado acudimos a un partido do Celta, case que o único punto común que une aos integrantes das peñas coas que compartímola xornada, e puidemos comprobar que o fútbol non o é todo nin cando se trata precisamente de ir a velo. O meu xeito de enfocar a tarde cambiou completamente cando un dos membros máis veteranos dos Merlegos me dixo que a peña foi o mellor descubrimento que fixo nos últimos dez anos porque “O Celta é a excusa, o punto común que logra reunir a 170 persoas, no noso caso, de tódalas idades, de tódalas ideoloxías políticas e relixiosas e consegue que se fagan amigos máis aló das diferenzas”. Unhas diferenzas que grazas ao fútbol se olvidan.

Deste xeito compartimos viaxe coas peñas de Merlegos Celestes, Peña celtista do Milladoiro e Norte Celeste falando de todo tipo de temas; das pachangas que fan os venres Merlegos contra Milladoiro, das novas chaquetas que fixeron para os socios da peña, das apostas deportivas que tiñan preparadas para o fin de semana, das diferenzas de clases según en que lugar do estadio te sentes, ou mesmo se te sentas ou estás de pé animando. Xoán, quen organiza as viaxes porque lle tocou a sorteo, cóntanos que un bus llelo pon o Celta para as tres ditas peñas, pero que cando son moitos pagan un entre todos, porque a solidaridade é o primeiro cando hai un obxectivo común. Xa corre algunha cervexa polo autobús. Coméntannos por un lado que vaiamos falar con dúas das integrantes de Norte Celeste porque nos van contar a curiosa situación que vive esta peña de A Coruña, que teñen que ocultar cal é o bar no que teñen sede (tanto a administrativa como a de beber) por medo a algún acto bandálico da sección máis radical do equipo rival. “Isto ocorre en ambos bandos porque entre milleiros de persoas sempre hai algún que estropea todo”. 

Acabouse a viaxe, chegamos a Vigo e imos directos cara o bar Movie onde as tres peñas nos xuntamos con Carcamáns Celestes. Caen as cervexas e os pinchos. Dende peña do Milladoiro invítannos a compartir as actividades que fan: “Ao redor do fútbol tamén hai cultura e nós tratamos de facer actos diversos”. No próximo mes organizaran a presentación do libro “Fútbol es fútbol” do xornalista deportivo Jacobo Buceta. Achéganse as 18:00 e vai comezar o partido, non queda tempo para máis, e a nosa sensación é que o máis importante do día xa pasou e agora só queda disfrutar do espectáculo.

Fernández Ferro 141 C03

Posted on 28 Febreiro, 2014, in Posts individuais and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: