Víctor Casas: “Queremos que os cidadáns de Santiago síntanse orgullosos de selo”

O pasado martes, tivemos a ocasión de compartir unha conversación co secretario xeral de Podemos de Santiago de Compostela, Víctor Casas. O noso obxectivo era indagar máis en profundidade, con fontes implicadas coma esta, nos proxectos que os partidos están a formar de cara ás Eleccións Municipais. O primeiro que debemos destacar é que Víctor fala refiríndose a Compostela Aberta, e deixa claro que Podemos forma parte dela, pero que ningún integrante ou afiliado de Podemos se presentará para liderar Compostela Aberta, iso sí, forman parte importante do partido de cara ás municipais.

A nosa primeira pregunta ao secretario xeral de Podemos foi clara, no tema que nos ocupa, observatorio de medios, ¿Os medios están posicionados políticamente falando de cara ás eleccións? Víctor Casas deixa entrever que na súa opinión, os medios tenden a posicionarse e defender os seus ideais, deixando á marxe un concepto de obxectividade que deslumbra pola súa ausencia. A parte de outros más aspectos nos que tratamos na conversa, que poderedes ver íntegramente no vídeo adxunto neste post, destacamos o momento no que Víctor afirma que Compostela Aberta se presenta ás eleccións co obxectivo de facer sentir aos cidadáns de Santiago orgullosos de selo. Por último, fixemos fincapé no tema da muller, de como se presenta ese tema no programa de Compostela Aberta, e Víctor foi claro. O concepto cremalleira dixo, é dicir, nos cargos do partido estarán o mesmo número de homes que de mulleres, xunto con outras accións socias que comenta acerca da igualdade de xéneros que defenden.

Aquí vos adxunto a entrevista completa con Víctor Casas, secretario xeral de Podemos en Santiago de Compostela, escoiten e xuzguen vostedes mesmos.

RIVEIRO COUSILLAS, JOSE. 152.B04

Advertisements

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts individuais and tagged . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Está claro que os medios tenden a posicionarse en canto a noticias de índole política. Como ben dixemos moitas veces nas aulas, a obxectividade é case imposible, xa que todos contamos cunha opinión e é moi difícil desprenderse dela á hora de falar dalgún tema, e sobre todo na política. Porén, aínda que non sexamos obxectivos totalmente, non podemos tender a ocultar informacións, terxiversar declaracións…etc, xa que iso o único que fai e quitarlle veracidade á información.
    Por outra banda, paréceme moi interesante esta enquisa polo feito de que moita xente non coñece esta agrupación e tamén, moitos pensan que o partido político Podemos estará presente pola súa conta nas próximas eleccións municipais.
    Adxunto un documento que explica, por parte do partido político, o proceso que se da neste tipo de eleccións.

    http://municipales.podemos.info/wp-content/uploads/2014/11/municipales-2.pdf

    PLATERO PÉREZ, CLAUDIA 152.D02

  2. Interesante apreciación de Casas sobre a primeira parte da lexislatura municipal e as empresas de información que cubren a (pre) campaña. Unha lectura de ausencias ou de ocultación, que é un parámetro a seguir nas análises posteriores. A lectura que fai sobre o consenso na súa candidatura unitaria, e a falla de claridade como táctica, fai parte do discurso do que participa Podemos. Aí atopámonos cun discurso oficial que xa se vai instalando na formación. O caso é que iso deconstrue as formas habituais que dos partidos se ten no país. O tema do programa, tamén difuso (ou asi o presentan as empresas de información) e pactista (socialmente, xa veremos se entre formacións políticas logo das eleccións), substitúese polo marco de relacións que presumen ter como base social, o cual é tamén interesante, xa que soborda a xactancia que outros partidos teñen tamén coa súa militencia e “simpatizancia”, Gracias. Saúde. MM

  3. seminariocomunicacion1

    Ante todo, enhorabuena tanto por la idea de entrevistar a Casas como por la entrevista.
    Como mencionaba antes Claudia y como nos repiten una y otra vez en clase: la objetividad es casi imposible (por no decir totalmente)
    Para mi gusto este handicap se convierte en una absoluta y dificultad cuando hablamos de política ya que cada uno tiene un ideología bien o no tan bien formada (pero al menos algo formada) y es muy complicado dejarla de lado para ejercer el periodismo.
    De hecho como aclara Casas en la entrevista existe un grupo de noticias bien diferenciadas que optan por restar importancia a la primera fase de la legislatura, lo que responde a la pregunta que se formulaba sobre si los medios están posicionados políticamente a la hora de hablar sobre las elecciones y aunque esté feo generalizar parece ser que si.

    GIRÁLDEZ RODRÍGUEZ, VALERIA 151.C02

  1. Pingback: El Observatorio de Medios centrado en las Elecciones Municipales de SdC continúa | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: