As ondas do extra-radio
Radio Favela nace a comezos dos oitenta no Aglomerado da Serra, na cidade de Belo Horizonte (Brasil). A voz da poboación marxinal -aglutinada nese aglomerado de favelas- comeza a reverberar nos barrios da cidade grazas á posta en marcha desta radio comunitaria. A súa vocación contestataria e reivindicativa sitúa nas ondas a cultura popular do segmento de poboación que máis molesta ás autoridades. De feito, as persecucións políticas e policiais interrumpiron tres veces a emisión de Radio Favela.
Neste caso, as ondas do extra-radio converxeron coa industria do cinema ao realizarse o film ‘Radio Favela (Uma Onda no Ar)’, 2002. Déixovos o trailer. No link de abaixo tedes a primeira parte da película, que está colgada en youtube.
http://www.youtube.com/watch?v=V2118pODNhE
Fontoira Triñanes, Roi CL4X
Posted on 20 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Colaboracións, Comunicación Local, Radio. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Ten boa pinta! Cando consiga a película enteira gustaríame vela. Cres que representa ben o que pasou ou difire bastante da realidade como soe pasar con moitas películas?
Moi boas, Ana.
O filme podes atopalo -por moito que lle pese a Sinde- en series yonkis… Hai que resaltar que non ten unha vontade documentalista. Está inspirado na creación de Radio Favela e nos conflitos que tivo coa policía, pero os personaxes e a historia que se conta son ficticios, están adaptados aos cánones de guionización que permiten artellar un relato fílmico comercializable (co seu heróe, a trama de amor, os tópicos nos que se identifica o público, etc.).
Porén, o filme mostra bastante ben algunhas das funcións dun medio comunitario: o apoio á xente do entorno, que pasa a ser a protagonista; a importancia na programación da cultura popular (neste caso a cultura “negra”) e o folclore; e tamén ese espírito rebelde e contestatario dun medio axeno ós fluxos de mercado que rexen o panorama comunicacional.