Praza Pública: “Dúas prazas para o cine, por favor”
Chegou abril, e con él, o traballo de dar profundidade ás nosas reportaxes. A primeira, como xa comentáramos, irá sobre a estrutura do Cineclube de Compostela, un grupo de xente volcada coa difusión de filmes que proporcionen algo más que diversión á sociedade. Por isto, Sergio e Álvaro foron de visita Á Gentalha do Pichel, o local sito na Rúa santa Clara onde cada mércores se proxectan as películas.
Entre disparo e disparo dalgunha fotografía que empregaremos no noso artigo, comezou unha película sobre historia, en alemán e traducida ao galego. Sen dúbida, lonxe do que estamos acostumados a ver nas Cancelas ou mesmo no Valle Inclán. Sorprendente e diferente, así se podería definir a longametraxe á que asistiron unhas trinta persoas nese pequeno rincón de Compostela. Un por un, na entrada, axudaban cunha pequena aportación dun euro có grupo do Cineclube, recibindo a cambio unhas fotocopias coa explicación do que verían posteriormente.
E tras rematar a proxección, xuntamos a cinco -ver foto- dos que ‘sempre están ahí’ no Cineclube, establecendo unha conversa que sairá á luz. Case media hora de debate, risas e historias sobre o fantástico mundo do celuloide. Contáronos, adiantando un pouco o contido, que todo cambiou moito dende a década pasada, cando comenzaron a súa aventura. Recordan con ledicia os primeiros pasos e como pouco a pouco a idea foi crecendo e deixando huella en Santiago. Sen dúbida, agora todo o mundo ten ganas de pedir dúas prazas -públicas?- para o cine, pero sempre por favor.
T1A
Posted on 5 Abril, 2013, in Documentos and tagged Aguado Taboada, Alonso Cabaleiro, Alonso Filgueira, Álvarez Vales. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0