Día 5 – Conclusión [DIARIO DE EXPERIENCIAS]

Como toda etapa,a nosa incursión no mundo da muller magrebí toca o seu fin.Foron días de busca de información, de controversias dentro do grupo, de agradábeis conversas con xente involucrada no tema.Foi ese percorrido de Babel (cafetería) a Marrocos onde conseguiamos chegar mediante as anécdotas dos nosos entrevistados: Samia, Salima, Hayat, Tarik, Noelia son só unhas poucas caras dentro do inabarcábel tapiz do noso tema TS.

A nosa “idea feliz” partiu do índice o outro como espello de nós mesmos;posteriormente focalizado cara a vida da muller marroquí. Por seguir co tema dos espellos,non tiñamos un espello hai uns meses era iso, un borrón opaco cargado de contradicións, etiquetas e ideas preconcibidas .Co paso dos días fixémonos cuns panos e comezamos a limpar toda esa escuridade e a empatía comezou a presidir un espello practicamente irrecoñecíbel.

A día de hoxe diante dese espello podemos ver a Hayat,Samia e Salima.Somos diferentes e sería hipócrita afirmar o contrario.Non somos diferentes pola cultura que nos separa senón como con calquera outro da clase por razóns estéticas , ideolóxicas , de afeccións, etc.

O que si afirmamos con absoluta rotundidade é que existe unha campaña de desprestixio contra esta cultura en particular. ¿Influenza ianqui? Non sabemos…pero o que está acontecer é un segregacionismo indigno e un xuízo sen defensa no que o acusado non e fulaniño de tal .O acusado é unha nación e cultura enteira.Señores somos galegos e galegas e  que se  saiba non escoitamos a un Uruguaio,Arxentino,… xulgarnos coma parasitos rouba cartos.Outra opinión pública e fiel á verdade é posíbel con acusacións concretas e non esa bagaxe de xeneralidades cargada de rancor.

S1C

Alonso Cabaleiro, Beatriz

Araujo Senra, Alicia

Barbón Concha, Loreto

De la Barrera Agulló, Elba

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: