Interxeracional: Conclusións (I)

Concluíndo os procesos de investigación levados a cabo ao longo das derradeiras semanas chegamos a unha serie de proposicións deducibles de todas as experiencias acadadas. Tal é así que nos serviremos dos días que restan para achegarvos as probas do que conforman un corolario do noso traballo, o cal versa sobre a transmisión interxeracional nun colectivo que mudou o rural pola cidade.

Nun primeiro termo: o éxodo profesional convertiuse en éxodo universal, de xeito que se extendeu a tódolos colectivos afectando principalemente a asalariados agrarios, os residentes de comunidades dmograficamente máis pequenas e ós xóvenes. Entre as principais causas do éxodo rural atópanse os maiores ingresos das clases urbanas, maior acceso ao consumo, maior acceso aos servizos de información, sanitarios, de ocio e principalmente de ensinanza.

O proceso industrializador e a terciarización da economía propiciou a unha desagrarización e o éxodo rural e, á súa vez, desembocou nun avellantamento do medio de orixe -o rural-, unha redución dos seus espazos comerciais e administrativos, a desaparición de transporte público, o cerre de escolas, abandono de terras de cultivo….

Na cidade o anonimato, as relacións formais e impersoais pero dependentes do status social, a heteroxeneidade da poboación, a diferenciación ea  estratificación social. Porén no rural a ocupación adicado ao sector primario, a división do traballo, o pequeno tamaño da comunidade e a súa baixa densidade, a pouca mobilidade da estratificación social.

As principias diferenzas que se atopan responden a unha ruptura ou unha brecha insalvable entre as formas de vida levadas a cabo dun medio a outro e destacamos un sistema de interacción moi diferenciado entrámbolos dous.

Posted on 19 Abril, 2013, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: