O que o Movemento Scout protexe

Ao tratar un tema como o dos scouts, directamente relacionado coa infancia e a xuventude, ao ser os máis novos os que conforman esta organización, este grupo ve necesario explicar o contexto no que nos movemos. É dicir, dar unha pequena orientación do que son os Dereitos dos Nenos. Consiste nun Tratado amparado polas Nacións Unidas que establece cales son os dereitos que protexen a tódolos menores de 18 anos, así como os deberes que están obrigados a cumprir.

Entre os puntos máis importantes, estarían o dereito á vida, á non-discriminación ou á toma de decisións, por parte dun adulto ou organización encargada, que máis favoreza ao neno, así como o respeto ás opinións que transmita de xeito acorde á súa idade e madurez e sempre que non atente contra outros dereitos. E o Movemento Scout, como organización que vela polo benestar e a boa formación e educación dos máis novos, está intimamente involucrado en todo o que ten que ver coa protección deses dereitos. Especialmente, o que recolle o dereito ao espacirmento, ao xogo e á participación en actividades culturais e artísticas, o que vén sendo a verdadeira razón de ser da existencia de dito Movemento.

A participación xunto coa Organización das Nacións Unidas é unha das actividades fundamentais dos Scouts. Ambos pretenden erradicar o traballo infantil e previr eficazmente a drogodependencia. A concienciación do perigo das enfermidades de transmisión sexual, e especialmente do SIDA, ocupan gran parte do intento por mellorar a calidade de vida e os sistemas de saúde en tódolos países do mundo. Neste enlace ofrécensenos as pautas de como a Asociación de Scouts de España ASDE traballa na protección da Convención dos Dereitos do Neno: http://www.scout.es/asde-y-el-dia-mundial-de-la-infancia/.

Imagen-56-300x1691

Isto quere dicir, con respecto ao núcleo deste traballo, que é a comunicación, que o Movemento Scout traballa alén dos seus. Pese a ser unha asociación pechada, en canto ó alto nivel de fidelidade que se esixe aos seus compoñentes para favorecer o traballo en grupo, tamén se move intensamente fóra dos “límites” que marcan as longas andainas, as acampadas e as pañoletas. Tal e como nos afirmou unha das nosas scout entrevistada, Uxía Cabaleiro, “a idea que se pretende acadar é a de facer unha sociedade mellor, onde exista unha colaboración mutua, así como fomentar os valores que axuden a crear esa sociedade mellor”.

En vindeiros posts profundizaremos na relación da infancia e da xuventude cos medios. Tamén falaremos de como eses medios de comunicación retratan ás asociacións e organizacións como as Scout, e como ese retrato que se dá pode influir na visión que a sociedade ten acerca do escultismo.

GRUPO 151.H00

GÓMEZ CASTRO, DAVID 151.H01

GONZÁLEZ VÁZQUEZ, AIDA 151.H02

IGLESIA CASTIÑEIRA, SILVIA 151.H03

LAREO VILELA, LIDIA 151.H04

Posted on 12 Marzo, 2015, in Posts grupais and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Tatiana Ojea Vázquez

    Los derechos de los menores son fundamentales, por eso creo que proyectos como el que presentáis o el programa Katorce18 de la asociación con la que trabaja mi grupo, realizan un gran labor en la educación de los jóvenes. El hecho de que los menores de edad conozcan sus derechos y deberes no es sinónimo de exención de culpa o de responsabilidad, más bien todo lo contrario, conocer sus derechos hará que busquen que se respeten y los hará responsables de los actos que cometen ya que son conscientes de cuales son los limites. No debemos olvidar que los menores están en una etapa evolutiva y que también es necesario trabajar junto a los padres, puesto que son un pilar base en la educación y deberían enseñarles estas obligaciones y privilegios. Si la sociedad, tanto menores como adultos, conoce los derechos de los niños intentarán respetarlos. El movimiento Scout busca al igual que ARELA que los menores se comprometan con la sociedad, puesto que el futuro depende de las nuevas generaciones.

    Os dejo el enlace de un video sobre el programa Katorce18, que trata de concienciar a los jóvenes sobre la ley del menor.

    OJEA VÁZQUEZ, TATIANA 152.F03

    • Efectivamente, que los menores conozcan sus derechos y deberes no implica que no tengan culpa o no sean responsables. Sin embargo, si los conocen hay más posibilidades de que los cumplan. Y en los casos complicados, existen asociaciones que ya se están encargando de ello, como hace la asociación con la que trabajáis.
      En cuanto al vídeo, es muy interesante. Los scouts también instruyen a los jóvenes en esos temas.

  2. seminariocomunicacion1

    Paréceme moi interesante este post. A infancia e a xuventude son parámetros fundamentais na vida da calquera persoa, xa que son etapas que influen dunha maneira moi significativa na personalidade. As menores deben ter unha protección especial, e grazas a este tipo de organizacións e fundacións asegurámonos que ningunha quede na rúa.
    A Fundación Diagrama tamén trata este tipo de temas.
    Aquí vos deixo as súas accións

    “Centros, hogares y programas socioeducativos dirigidos a menores sujetos a medidas judiciales y/o administrativas de protección.
    Centros y programas educativos y de formación reglada y no reglada.
    Centros, programas y servicios sanitarios y sociosanitarios de atención integral a la salud.
    Centros, programas y servicios de formación prelaboral e inserción sociolaboral.
    Programas formativos, preventivos, de mediación y de intervención dirigidos a familias que se encuentran en situación de riesgo o conflicto social.
    Centros y programas específicos destinados a la atención integral de drogodependientes y exdrogodependientes.
    Servicios y programas dirigidos a la atención integral de reclusos y exreclusos.
    Proyectos de cooperación para el desarrollo, especialmente en las áreas educativa y sanitaria.
    Proyectos de investigación dentro de todas las áreas concretas de intervención de la Fundación, colaborando activamente con distintos organismos, entidades y universidades españolas e internacionales.
    Campañas informativas y de sensibilización orientadas a difundir la realidad de los colectivos atendidos en la sociedad.
    Campañas educativas y de sensibilización para la promoción de hábitos de vida saludables, voluntariado, cuidados medioambientales e igualdad de género.”

    https://www.fundaciondiagrama.es/sala-de-prensa/multimedia/videos/la-labor-de-fundacion-diagrama

    GÓMEZ CALVO NOELIA 151.D02

    • Que existan fundacións, asociacións e grupos que traten estes temas é moi bo para a sociedade. Ao fin e ao cabo, a xuventude actual son os adultos do futuro, e unha educación con boas bases dará bos resultados.
      Da Fundación Diagrama puiden ver que non so traballan con rapaces, senón con todo aquel que se atope en situación de exclusión social.

Deixar un comentario