ProT: A cooperación non é caridade

A colaboración coa cooperativa PANXEA estanos acercando ao mundo do comercio xusto e responsable. Ademáis de realizar labores de comunicación como a xestión das redes Twitter e Facebook, tamén recibimos breves seminarios de formación por parte dos membros.

Pero xa non se trata só dunha tarefa obrigada, o pasado sábado, asistimos de xeito voluntario e fora do noso programa de traballo coa asociación, a unha charla sobre cooperación internacional. “Cooperación en Galicia en tempos de crise” foi un obradoiro no que membros da ONG SODePaz nos mostraron un dos proxectos que están  realizar na rexión de Potosí, en Bolivia, para mellorar as condicións de vida dos habitantes, pero non dun xeito caritativo, senón a través de cursos de formación en distintas especialidades (enfermería, industria agroalimentaria…) e favorecendo a súa economía a través de avances técnicos nos sistemas de cultivo e gando.

Pero a labor destas asociacións non se limita só a formación técnica e económica. Tamén trata de formar, tanto nas rexións receptoras de cooperación como nas emisarias. Porque tamén é preciso formar nos países “desenvolvidos” para que sexamos conscientes do que ocurre no outro lado do mundo e como podemos ser xustos. Moitas veces so fai falla mirar as etiquetas do que consumimos e adicar uns intres a pensar de onde veñen e como chegaron ata nós.

Nas súas webs tedes toda a información se vos interesa coñecer máis:

http://www.sodepaz.org

http://www.panxea.org

Fontal Mato, S2C, 2B2

Posted on 28 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    E como viche a comunicación cara o outro nesa actividade voluntaria? como se comunican cos demais e entre eles, podes comentarnos?

    • María José Fontal Mato

      Nesa rexión falan un idioma propio pero tamén, algún dos habitantes, fala castelán polo que estes sirven de intérpretes entre a poboación e a ONG.

  2. Miriam Varela Fernández

    Paréceme moi acertado o tema central desa charla sobre cooperación internacional á que acudistes. Para axudar ao desenvolvementos das zonas maís desfavorecidas, a caridade, si, é importante, pero creo que podería dicirse que é pan para hoxe e fame para mañá. Considero que estes cursos de formación en enfermería, industria agroalimentaria… que dis que imparten estas asociacións son fundamentais para que esta xente poida en certa medida asegurarse un futuro por si mesmos sen ter que verse sometidos á dependencia da outra parte do mundo.

    • María José Fontal Mato

      O que se tenta con este proxecto é que acaden a soberanía tanto a nivel alimentario como social. Para iso é preciso axuda externa xa que as suas condicións son precarias pero non é a solución darllo todo feito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: