Daily Archives: 27 Marzo, 2012
A Arribada: a cidade como parque temático
O poder atopou na memoria que sustenta toda cultura un campo esencial para se facer ver e notar, para introducirse e venderse. A través da cultura da conmemoración as diferentes administracións atoparon un pretexto para celebrarse socialmente, favorecer a empatía ao redor das súas propostas e promocionar a identidade segundo os seus mitos e intereses. A revitalización historicista das feiras medievais é un dos exemplos máis evidentes.
Pero que pasado se quere lembrar e reconstruír? Quen recorda ou define o recordo colectivo? En Baiona, a conmemoración da suposta chegada da carabela “La Pinta” ao porto da vila coa noticia do descubrimento de América converteuse no referente histórico fundamental da vila mediante a festa da Arribada. Pero a propia etnografía da celebración contradí a súa coartada identitaria: as mesmas empresas organizan os mesmos espectáculos, cos mesmos actores e postos de artesanía, na chegada da Carabela Pinta, na Festa da Istoria de Ribadavia ou na Feira Franca de Betanzos. A escenificación é a mesma. A representación da efeméride tamén. Pouco hai daquel teatro da Antiga Grecia, considerado como o medio de comunicación máis perigoso por abordar tanto o pasado mitolóxico como a información de feitos políticos cotiáns desde unha perspectiva crítica. Aquí a historia só é un produto de masas. Un simulacro dos “tempos gloriosos” do pasado medieval. O espectáculo da revisión da memoria da cidade, masificada e homoxeneizada nun espazo e un tempo finxidos.
Alonso Rodríguez, CL4X
LLamazares e os seus “tuits”
É que a vida nas redes sociais dan para moito. Fálovos de comunicación e políticos, eses seres que de cando en vez baixan do seu “Olimpo” ó mundo terreal para facer o que o común dos mortais chamamos “twittear”. Pois Gaspar LLamazares para mín é o paradigma de “twitterman”, xa que supoñendo a priori que sexa él en persoa o autor dos mesmos pódese dicir que non para. Quen siga a este home pode saber que ata interactúa cos cidadáns, e rebate o tema do día creando un mini-foro paxareiro que non pasa desapercibido. Por suposto a crítica á dereita española, á reforma laboral e a un longo etcétera enche case sempre os seus 140 caracteres, ademáis utiliza para isto unha linguaxe propia do pobo chan, sen demasiadas rimbombancias. Un non sabe,de feito cál é a fronteira entre LLamazares como imaxe de Izquierda Unida ou LLamazares a título persoal ou si se confunden os papeis. O que ninguén dubida é que está en campaña eterna, e polo menos da a cara co seu electorado. Se se compara o uso que fai Gaspar LLamazares do Twitter có de outros políticos coma Mariano Rajoy, presidente do país a diferencia é evidente. Tanto Rajoy (será a título persoal?) coma Wert limítanse a ir contando todo o que fan,case nunca escriben nin as impresións, nin críticas,coma teletipos de noticias. É certo que cada vez máis persoeiros públicos se suman ó movemento twitteiro para achegarse máis ó pobo,a diferencia radica na maneira de comunicar. Ábrense novas ferramentas electorais, e está por ver que consecuencias vai traer.
Diario Público 3-9-11:A importancia do Twitter na política:
http://www.publico.es/espana/394372/twitter-marca-la-votacion-de-la-reforma
Leiro Magdalena S2B 2A4
Banco del Tiempo: aprendizaje en relación
¿Qué es un banco del tiempo? Un sistema de intercambio de servicios, habilidades o saberes cuya moneda de cambio no es el dinero, sino el tiempo. Una forma de capear, a través de la cooperación, las penurias de la crisis y de generar, en la relación, conocimiento. Este tipo de iniciativas fomentan la comunicación interpersonal entre los miembros de una comunidad, creando vínculos entre quienes interactúan.
Como explica Maritza Montero, en relación se construye la “otredad” del “yo” y de los “otros”. Nos hacemos y somos en el nexo, la conexión; y en la conexión también aprendemos. Un banco del tiempo puede ser una escuela para muchos, y un parche en los bolsillos apolillados para otros. Sea como fuere, si te gusta conocer gente, quizás puedas dedicar un poco de tu tiempo a esta interesante propuesta.
Montes Mariano, S2B, 3A4
ProT: “AGARESO” Xornada intensa
Remata outro martes da man de AGARESO. Pouco a pouco nos fomos facendo un oco e gañándonos máis a confianza de todos, en especial de Carmen Novas, a coordinadora do seminario.Durante esta tórrida tarde de marzo o menú de hoxe comezou con dous pratos fortes. E como non son doados de dixerir o grupo decidiu partir o post en dous e adicarlle a semana próxima á segunda parte da xornada de hoxe, posto que durante Semana Santa non haberá seminario. Coma sempre ás 4 en punto da tarde comezou a xornada. Susana ía falar dun proxecto que levou a cabo AGARESO en colaboración coa Xunta, ACPP e Cordes en El Salvador. De seguido puxemos toda a nosa atención en Susana, que ía narrando en primeira persoa a experiencia vivida o verán de 2011, onde percorreu 7 escolas en 18 días, nunhas xornadas polos manglares do Baixo Lempa, de illa en illa e sen máis medios ca un equipo de radio do máis rudimentario co que experimentaban cós escolares que colaboraban a modo de xornalistas fortuítos. O obxectivo da viaxe era concienciar á poboación e especialmente ós máis novos na necesidade dunha pesca sostible nun marco de natureza sostible, tendo a radio como único medio de difusión, e sorteando toda clase de dificultades. Así de aldea en aldea foron falando dos diversos temas, tartarugas mariñas, auga, o punche (caranguexo local)… Desa maneira, coa axuda dun excombatente salvadoreño chamado “Pedro” e coñecendo o contexto do país e da rexión foron levando a cabo o seu obxectivo. O próximo ? Mellorar os medios no país.
Blog de AGARESO no Baixo Lempa: http://agaresobajolempa.blogspot.com.es/
Leiro Magdalena S2B, 2A4
Adeus ao deporte en aberto?
RTVE medita o peche de dous dos seus canais de TDT: Clan (de debuxos animados) e Teledepote. TDP é o único canal en aberto hoxe na TDT que emite exclusivamente eventos deportivos. A audiencia pode atopar aquí sobre todo tenis (os mellores torneos e grand slams do circuito ATP), probas de atletismo, baloncesto de liga ACB, entre outros. Non obstante, semella que na actualidade o que vende non é o deporte en aberto, senón ridículos e baleiros “debates” (si, moi entre comiñas), formados por uns cantos personaxes que pouco parecen saber do que falan, morbosas polémicas, publicidade (incluso teletendas polo medio para rañar financiamento)… Está visto que Teledeporte, como canal público que é, non pode competir con isto, e logo dos últimos recortes da Administración, pode que se teña visto condenado á desaparición.
Entra agora en escena a cuestión de se a xestión de Televisión Española respecto das súas canles é a adecuada ou non. Con respecto a isto escribía Ramón Trecet no seu blog “TDP anuncia lo que sale en TVE, pero en TVE no se anuncia lo que sale en TDP”.
Que o deporte é un fenómeno de masas no mundo da comunicación é un feito mais, teremos a partires de agora que pagar sempre por velo?
Ferro Falcón, S2A, 2A3
“Música e sociedade”
Jaime Hormigos Ruiz publica en 2008 Música y sociedad, unha análise sociolóxica da cultura musical con respecto á sociedade e á posmodernidade. Desta obra estamos a sacar datos moi interesantes para incorporar ao noso traballo. Entre outras cousas, analiza cronoloxicamente como a música se vai vencellando á sociedade ao longo da historia, xa dende a Grecia clásica (que era empregada para os rituais de culto aos deuses), e á comunicación (xa dende a Idade Media por exemplo cando, vendo o interese e a relevancia que suscitaban na poboación os xoglares, eran pagados para facer propaganda política).
Xunto a este, estamos lendo outros 7 libros máis que nos sirvan de guía para confeccionar o noso traballo, se ben é certo que ningún deles trata especificamente a comunicación musical entre xeracións. Por iso, temos que ir sacando información de onde se pode.
Asemade, tamén estamos realizando xa os cuestionarios para analizalos canto antes. Este luns tamén tivemos unha entrevista coa musicóloga, que nos dixo que estabamos facendo un traballo moi interesante e que nos axudaría no que puidese.
Quedan poucos días para a nosa exposición, o xoves á volta de semana santa así que intentaremos traballar o máximo posible, a pesar da distancia á que estaremos os membros, para facer canto menos amena e interesante a presentación no noso TS.
Ferro Falcón, S2A, 2A2
A festa: o opio do pobo
O concello de Trazo ultima os detalles da sétima festa da xuventude para o vindeiro venres 30 de marzo. É un evento que ten lugar cada ano a comezos da primavera e que pretende xuntar aos mozos de entre 18 e 40 anos empadroados no municipio ao redor dunha mesa de confraternidade pra recordar vellos tempos e procurar un chisco de divertimento.
Detrás deste tipo de festexos, creados ex profeso para salvar o almanaque de lecer de concellos rurais galegos onde escasea a oferta cultural dirixida aos máis novos, non existe ningún tipo de tentativa por reavivar o apagado sentimento de pertenza a unha comunidade. Na maioría dos casos nin sequera chega a existir tal consciencia crítica. Moi ao contrario, a festa da xuventude de Trazo, ao igual cá da mediana idade, a dos maiores e mesmo a recentemente bautizada como Festa do Grelo, ten un sentido moito máis radical, no sentido de raíz, ligado a unha artimaña política moi común entre os gobernos locais: manter contento ao pobo para seren lexitimados no poder.
Por outra parte, despois de pecharlle as portas de calquera tipo de posibilidade formativa ou laboral no seu propio berce natal e obrigalos a todos a convertérense nuns apátridas desleixados e forzados a trocaren a agricultura de subsistencia sen axudas nin rendementos pola vida globalizada da cidade, sería moito pedir que entre os mozos aínda existiran relacións grupais, interese por participar nos asuntos locais e un compromiso comunitario máis ou menos definido. Mal que nos pese, se é que aínda importa algo nas dinámicas da cultura de masas que imperan a día de hoxe, para reforzar o sentimento de comunidade haberá que pensar en algo máis ca na festa.
Ríos Dafonte, CL4X
Amarelos
No meu último post falei sobre Colifata, unha radio que emite dende un psiquiátrico como parte da terapia dos internos. Coñecer esta iniciativa fíxome reflexionar sobre a capacidade de recuperación e integración que ofrece a comunicación. Recentemente atopei unha proba máis: “El mundo amarillo”.
Este libro de Albert Espinosa achégase bastante ao que entendemos por manual de auto- axuda pero non o é. En realidade trátase dunha recompilación dos descubrimentos que o autor fixo grazas a algunhas das conversación que mantivo durante os dez anos que estivo enfermo de cancro e que, ademais, poden axudar tanto aos que padecen esta enfermidade coma aos que non.
“Es curioso, pero la fuerza, la vitalidad y los hallazgos que haces cuando estás enfermo sirven también cuando estás bien, en el día a día”. (Albert Espinosa)
No primeiro capítulo Espinosa conta que perdeu unha perna durante a súa loita contra o cancro pero hoxe celébrao pensando que é unha das poucas persoas que poden recordar o proceso de aprender a camiñar. Non vou desvelar nada máis, recomendo lelo para aprender a atopar a parte positiva e deliciosa en calquera contexto de desencanto. Seguro que ao final ti tamén buscas os teus “amarelos”, esas persoas especiais que se cruzan na túa vida e cunha soa conversación poden chegar a cambiala por completo.
Pérez Capelo, S2E, 3B2
A historia da corrupción tamén se escribe con cemento
De Certeau imaxinaba a cidade coma un libro coas súas sinécdoques (o Gaiás) ou os seus asíndetons (un paseo polo casco antigo). No fraseo que rodea a súa historia, a teórica Anna Clua vai artellando os personaxes e entre eles os arquitectos. Dentro das correntes da cidade, que se comunican despois a través dos medios, os arquitectos son os que deseñan o hábitat e escenifican as relacións entre a sociedade e a cultura. En Compostela é doado apreciar esa vontade dos arquitectos de definir a idiosincrasia da comunidade, e de representar o incívico de tirar papeis ao chan ou romper pólas das árbores públicas.
A corruptela ten forma de volutas silenciosas e amoréase nos despachos da Audiencia Provincial. Pero o luns a narración chegou ao desenlace. O arquitecto xefe do Servizo de Obras de Santiago e o aparellador municipal foron condenados por prevaricación. Os feitos remóntase ao 2009 cando un funcionario de Raxoi advertiu que os técnicos non recomendaban a reforma do polideportivo Quiroga Palacios á empresa que acadara na licitación a mellor puntuación, Construcciones Piedra y Sigrás. Desde o goberno local pedíuselles que corrixiran o erro. Porén, en lugar de concederlle a obra a CPS, os técnicos converteron a Montebalsa na primeira empresa aumentándolle a puntuación. A remodelación do centro tiña un orzamento de preto de 350.000 euros e formaba parte do Plan E. Tres anos despois arquitecto e aparellador están condenados á cadea e á inhabilitación para exercer, respectivamente.
Ameixeiras Cundíns, CL4X
Esos jóvenes químicos
El próximo viernes 30 de Marzo, se organizan en Coruña, igual que en Lugo, Santiago, Vigo y Ourense, la XXIX Olimpiada Gallega de Química. Esta prueba se hace para los alumnos de bachillerato, pero también puedes participar aquellos que estén en la ESO pero que tengan “excelentes capacidades”.
Los tres primeros clasificados por cada demarcación universitaria tendrán opción de participar con todos los gastos de desplazamiento, estancia y manutención pagados, en la XXV Olimpiada Nacional de Química, que se celebrará en Madrid los días 28 y 29 de abril de 2012.
Y a su vez, los cuatro mejores alumnos formarán el Equipo Olímpico de España. Estos cuatro “cerebritos” acudirán a la 44ª Olimpiada Internacional de Química, a celebrar en Washington (USA) del 21 al 30 de julio de 2012, y en la XVII Olimpiada Iberoamericana de Química en Santa Fe (Argentina) del 23 de septiembre al 10 de octubre de 2012.
Con todo esto vemos como un concurso local, o en este caso autonómico puede ayudar a estos jóvenes, a conocer mundo y a otros compañeros con sus mismas inquietudes estudiantiles. Es sin duda, un ejemplo de como algo muy pequeño, como una Olimpiada en Coruña, puede engrandecerse tanto y acabar visitando Washington en verano, representando a España.
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/coruna-lugo-ourense-santiago-vigo-acogen-viernes-pruebas-xxix-olimpiada-galega-quimica/idEdicion-2012-03-27/idNoticia-738905/
Doval López, CL4X
“Comunicación política no TS”
Rompendo un pouco coa dinámica programada no calendario do noso TS, estes últimos sete días foron dunha semana de toma de decisións. En primeiro lugar, porque xurdiron imprevistos: Santiago Martínez, consultor político co que contactamos para pedirlle que ofrecese unha charla sobre comunicación política nas redes, anunciounos que, moi ó seu pesar, non podería acudir nesas datas. E en segundo lugar, porque para compensar esta falta, decidimos apuntarnos ó ciclo de cine que se realizará na USC entre o 9 e o 13 de abril. Para iso, os membros do noso grupo escollemos a película Presidente Mitterrand, que consideramos idónea para, por unha banda reflexar o carácter dun político coma foi o ex mandatario socialista e, por outra, porque sen deixar de lado as nosas raíces de xornalistas, pensamos que podería dar bo xogo analizar a interacción do presidente co reporteiro nun coloquio posterior que teremos.
Por outra banda, seguimos querendo falar cos protagonistas do noso traballo, os verdadeiros políticos, non os do cine. Para iso elaboramos un cuestionario que, en canto poidamos, remitiremos ós gabinetes de comunicación dos partidos maioritarios en Galicia: PPdeG, PSdeG e BNG. Deste xeito, esperamos poder pactar unha entrevista con cada un dos representantes para que nos dean máis pistas sobre o funcionamento da comunicación política, se é verdade que os políticos xestionan eles mesmos os seus perfís nas redes sociais ou que posibilidades lles ven nun futuro a estas para captar simpatizantes. Manterémosvos informados. De momento, deixámosvos cun pequeño adianto de Presidente Mitterrand, o filme que proxectaremos de aquí en dúas semanas na facultade.
Fernández Fernández, S2B
Especialización local en medios xeralistas
O Baixo Miño, o Salnés, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Val Miñor… Todas as comarcas das Rías Baixas galegas teñen presenza en distintos medios de comunicación, tanto xeralistas coma locais. Sen embargo, cada un destes medios ten o seu xeito de clasificar a información referente a cada zona xeográfica.
A comarca de O Morrazo, situada entre as rías de Vigo e Pontevedra, é un claro exemplo desta distinción nos medios. Así, temos que o xornal con maior tirada desta península, o Faro de Vigo, conta cunha edición propia para esta zona e unha redacción propia, en Cangas.

Mapa da comarca de O Morrazo
Pola súa banda, o Diario de Pontevedra tamén fai un seguimento das catro localidades que forman parte do Morrazo, aínda que neste caso Marín vai separado na propia distribución do xornal do resto dos municipios pertencentes á comarca.
La Voz de Galicia é o xornal con menos tirada dentro da comarca. Sen embargo, nas súas seccións tamén se fai referencia aos diferentes municipios, aínda que non se consideran coma un territorio común. Así, na edición dixital pódese observar coma o municipio de Marín aparece incluído en Pontevedra, mentres que os municipios de Moaña e Cangas inclúense na zona de Vigo.
A inclusión dos medios na rede deu lugar tamén a novas posibilidades de comunicación que abren as portas a unha información máis especializada no local dun territorio. Neste sentido apareceron recentemente páxinas coma “Xeado de Toxo, o teu guieiro do morrazo” ou “delMorrazo”, que fan competencia aos medios máis tradicionais.
Rivas Martínez, CL4X
Miño, un maravilloso enclave turístico.
Miño es un pueblo costero que cuenta con unos 5.760 habitantes aproximadamente y pasa de ser un lugar tranquilo y casi desierto, en invierno, para convertirse en verano, en un gran atractivo turístico que atrae a multitud de público, debido, sobre todo, a sus cuatro playas. Este hecho hace que la mayoría de ferias, fiestas y diversas actividades estén concentradas en la época estival aprovechando la estancia de montón de turistas que vienen de todas partes de España e incluso del extranjero. Alguna de las actividades que ofrece el ayuntamiento es la concentración de vehículos clásicos que se celebra a mediados de agosto en la play a grande de Miño en la cual se hace una ruta turística, exhibiciones, muestra de coches clásicos de competición y además cuenta con una carpa con mercadillo. Otro festival es el de “Sambollo Folk” dedicada a la música folk. “Miño rock” en honor a Santiago Apóstol y dedicada a los amantes del rock. “Feira da cebola” celebrada también a mediados de agosto exaltando este producto tan típico del municipio. Diversas romerías como la de San Payo o San Ramón. La fiesta de San Pedro que se celebra a finales de junio durante una semana y dónde hay orquestas reconocidas y atracciones para los jóvenes, y por último, desde hace unos años, Miño, también cuenta con un feirón semanal celebrado todos los domingos tanto en verano como en invierno dónde se pueden adquirir productos hortícolas, ropa, zapatos y artesanía.
Leira Castro, Patricia CL4X.
Conde Roa e Leo Bassi, local e global
Este martes circulaba polas redes sociais de todo o Estado a noticia de que o alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa, cancelara a actuación do humorista Leo Bassi. Tamén se fixeron eco os principais medios de comunicación galegos. Aínda que nun primeiro momento o rexedor xustificara a cancelación coa coincidencia doutras propostas no programa, rematou por recoñecer que era el o que persoalmente non gostaba do artista: “Leo Bassi me produce especial repugnancia”. De aí desprendeu que non había ningún interese en que “a cultura compostelá se identifique con este tipo de humor”.
Podemos ver as claras conexións que se producen entre o eido local e o estatal ou global, que hoxe en día se ven máis aceleradas, case que súbitas, grazas ás redes sociais que permiten a participación da comunidade cidadá. Por unha banda, está a cidadanía do local, de Santiago, que se fai eco da nova e, pola outra, o propio humorista Leo Bassi, que aproveita para brincar co tema subindo ao seu facebook unha popular foto de Conde Roa bailando o pasado nadal coas Mamás Noel, co pé de foto “Aquí Alcalde de Santiago de Compostela, señor Conde Roa en una de sus propuestas culturales por su ciudad“ (http://on.fb.me/GUr77g). Ademais da brincadeira, Bassi cualificou a cancelación da súa actuación como “censura”.
Deste xeito, unha nova de trascendencia local, que nun principio só afectaría á festa da Ascensión de Santiago, adquire eco alén da comunidade da cidade, chegando a outros usuarios que adaptan a mensaxe ás realidades de seu (que en parte coinciden coa de Santiago, en tanto que fai parte do Estado español e está gobernada polo PP, mais tamén con temáticas locais propias). Un usuario comentaba na rede social: “Es que esto es la cultura para el PP. El pasado invierno la única oferta cultural de Oviedo fue la Ópera y… “Bob esponja, el musical”, relacionando a nova coa súa cidade, Oviedo, e cunha realidade de nivel estatal, as propostas culturais do PP.
Ríos Rodríguez, CLX4
Fagamos cidade
Se observaramos o contido de tódolos xornais galegos durante un ano, posiblemente non habería un só día no que non houbera información procedente de asociacións cidadás.
Por exemplo, esta fin de semana (23, 24 e 25 de marzo) celebrouse na Praza de España de Pontevedra a I Feira do Pan, promovida pola Asociación de Panadeiros Artesáns da cidade. Aínda estando en tempo de crise, as asociacións atrévense con novas iniciativas, que se ven reforzadas pola publicidade e polo apoio dos medios, que incorporan esta clase de eventos ás súas axendas. O Diario de Pontevedra recolle unha ampla panorámica do acontecido na fin de semana: presentación, nó e desenlace.
Este é un dos exemplos máis comúns de como as comunidades participan na vida diaria da cidade. Uns profesionais dun determinado sector ofertan una serie de actividades lúdicas e ociosas para o divertimento dos cidadáns. Pero estas organizacións teñen moitas outras funcións: denunciar, levar a cabo actividades culturais ou educativas, potenciar e coidar espazos naturais…
De feito, existen tantas comunidades como intereses poidan telos cidadáns e o número de estas organizacións non deixa de medrar. Así, esta fin de semana, de novo en Pontevedra, os furancheiros de toda a provincia (e non só da cidade) decidiron unirse para legalizar a súa actividade ante o goberno autonómico.
A cidade vibra cos pasos dos seus cidadáns. Cada pisada conforma unha realidade que fai medrar o entorno no que nos atopamos.
Cardalda Vidal, CL4X
FOLTRA: CIENCIA Y ALTRUISMO CONTRA LAS PATOLOGÍAS DEL SISTEMA NERVIOSO EN TEO
Tras el asombro y orgullo de los cacheirenses, Montouto (Teo), es el lugar privilegiado en el que se inauguró hace unos días el nuevo centro sanitario de esta fundación.
Foltra es una conmovedora oda al derecho a la salud, una fundación nacida del amor del Dr. Jesús Devesa y su mujer Ana Peleteiro, que no se limitó a empeñar hasta la última brizna de aliento, sabiduría e ingenio, para que su hijo, afectado por una hemiplejia a causa de un accidente de tráfico, recuperase su calidad de vida, sino que desde el 2005, iniciándose en la parroquia de Cacheiras, se ha dedicado a ayudar a pacientes con lesiones celebrales y medulares, y a sus familiares, quienes pagan el tratamiento según sus posibilidades, lo cual evidencia la falta de ánimo de lucro. Pablo Devesa, el afortunado hijo, fue asimismo quien inspiró a sus padres a la hora de nombrar al valiente proyecto que ha ido evolucionando y materializándose hasta hoy, ya que “foltra” fue la primera palabra que pronunció al despertar del coma tras el tratamiento con HGH. (Human Growth Hormone/hormona del crecimiento humano). Investigando y navegando por Internet, descubrieron que se trataba de una palabra húngara que significa amistad o ayuda…Qué atino para bautizar una obra de agradecimiento a la oportunidad que la vida le había brindado a su hijo, mediante la dedicación desinteresada a la mejora de la salud de todos aquellos con problemas similares o incluso peores. A los ocho meses, Pablo se había recuperado y pudo aprobar los exámenes, llegando a licenciarse en Biología molecular.
A pesar de contar con distintos galardones científicos y ser reconocido a nivel nacional español e internacional por los éxitos que avalan su labor investigadora, y de carácter social, como el del la emisora de radio de Sevilla, Voces Solidarias, en el que los oyentes lo votaron como mejor proyecto social, la innovadora terapia del doctor Devesa se ha tropezado con varios detractores entre sus colegas, que se basan en la inexistencia de estudios que corroboren la acción de la hormona en la neurona…
Acontecimientos como Foltra, a base de fe, optimismo, lucha y trabajo, sí merecen toda mi atención y elogios, las personas que realizan una labor admirable, como en este caso, por la comunidad de pacientes de enfermedades del sistema nervioso y sus familiares, sin realizar falsas promesas, ya que el doctor aseguró desde un principio que el tratamiento no tiene los mismos resultados exitosos en todos los pacientes. Me alegra que haya ciudadanos que hagan esfuerzos e inviertan su tiempo y habilidades en socorrer a otros o mejorar su realidad, y que en noviembre de 2010, el Departamento de Sanidad haya premiado esta actividad con su respaldo autonómico, reconociéndola como Fundación de Interés Gallego.
Ya hay médicos, clínicas y centros que están aplicando el tratamiento en otras ciudades españolas, como el centro de Villaviciosa de Odón en Madrid.
Y es que Foltra se ha convertido en todo un fenómeno social, desplegando ante un pueblo tranquilo, cada vez más desmembrado por el asentamiento de más urbanitas, la realidad cruda y dolorosa que padecen más personas de las que pensamos; personas con nuestros mismos derechos y muchas más dificultades y adversidades a las que enfrentarse a diario, conmoviéndonos con sus éxitos. Parece que la comunidad cacheirense se ha vuelto más solidaria al presenciar las transformaciones que eran y son tan necesarias para tener en cuenta la calidad de vida de todas y todos, como por ejemplo la adaptación de las aceras de la clínica y la eliminación de los obstáculos y barreras arquitectónicas que no deberían existir en ningún lugar.
Gracias a este fenómeno hemos visto a Cacheiras en las páginas de los diarios y recibimos visitas de pacientes y familias de todo el mundo, lo que hace sentirse a muchos orgullosos de este gran avance que es como si formara parte de la comunidad.
Brea Ledo, CL4X
Unha identidade
Un símbolo, un emblema, unha cultura, un sentido de cidade, e ademais outro de comunidade social. Isto é o que aporta a muralla de Lugo ós seus concidadáns.
En torno a ela non só se construíron ó longo dos seus máis de dous mil anos de historia edificios e igrexas. En torno a ela construíuse toda un tecido social, unha comunidade unha sociedade local cunha pasado común, derivado do asentamento celta coñecido como Luc. Nel confluíron romanos e suevos, visigodos e xudeus, ata diferenciar á antiga capital da Gallaecia do restos de urbes non só de Galicia senón tamén do resto do mundo. Dentro e fóra da muralla xurdiu unha cultura, xurdiu unha sociedade.
E aínda así poderíamos atribuírlle tan só este mérito á muralla e ó pasado romano da cidade? Pois é claro que non, a cidade conta con outra serie de factores que tamén influíron na personalidade da cidade. O paso do río Miño marcou o comercio e os cultivos da cidade. Por ser sede eclesiástica e antiga capital administrativa, sempre se respirou na cidade un certo señorío relixioso vido a menos. E sen embargo, un pobo tan arraigado á tradición galega en épocas máis modernas foi un dos grandes defensores do nacionalismo galego a través de actos como o dos mártires de Carral. Acontecementos moi dispares, raíces enfrontadas entre si que, sen embargo, conformaron unha identidade, unha cidade, mais non probablemente unha única comunidade.
Abuín Mallo, CLX4