Non tiremos a toalla

A nós, estudantes de xornalismo, non deixan de falarnos dos 6500 xornalistas en paro, da crise que está a atravesar a prensa en papel, da precaria situación de moitos dos xornalistas que milagrosamente seguen contando con un soldo a fin de mes, do xornalismo dixital como único futuro que lle queda á nosa profesión, etc. Estou farta de tantas palabras e tan pouco interese na busca de solucións. En todas as clases ás que asistín en xornalismo, neste ano e medio, só en dúas ocasións nos falaron do futuro do xornalismo e das posibles solucións ao “stand by” actual. E digo “Stand By” porque aínda que o xornalismo dixital é a nova fronteira, quédanos moito que recorrer ata que cheguemos a aproveitar todas as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías e  sobre todo ata que consigamos levar á rede un xornalismo de calidade.

Con todo, penso que se está a ocultar a verdadeira causa desta crise na profesión. O xornalismo non está en crise por Internet, nin polo descenso de ventas. A profesión está en crise porque non se intentou potenciar o interese do lector, nin se pulou pola creatividade, senón que primaron as historias baleiras tinguidas de polémica, esquecéndose así, os verdadeiros deberes do xornalismo a prol dun interese puramente lucrativo.

Fronte a esta situación non podemos permanecer inertes. O xornalismo pode axudar á sociedade. Creo nun xornalismo capaz de crear condicións de diálogos entre as diferentes faccións dunha comunidade, estimulando así a tolerancia, o espírito común, fomentando a cooperación na busca de solucións.

Geada Ares

S2D

2b1

Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Mi post de esta semana semana puede que sea un poco “quejica” y el tuyo más positivo, pero creo que ambos tocan el mismo tema: el futuro de la profesión. Estoy de acuerdo en que hay que encontrar soluciones, pero para ello también hay que detectar los problemas y el por qué de esta situación. Está en nuestras manos demostrar que un periodismo de calidad y comprometido con la sociedad es posible, pero los lectores también tienen que concienciarse y diferenciar lo profesional de lo que no lo es tanto.

  2. Antía Geada Ares

    O meu enfado é produto non só da fatídica situación, senón tamén da indiferencia que amosan moitos fronte a busca de solucións. Dis que é moi importante detectar os problemas e coñecer as causas, eu iso inclúoo dentro do proceso de busca de solucións, porque para atopar a saída a unha situación, é preciso analizala a fondo. E penso que isto non se está facendo. Con todo, creo que aínda existe unha alternativa que está levando a cabo un xornalismo de calidade e comprometido coa sociedade, o problema está en que non se pula por esa alternativa. Os medios deberían apostar polo xornalismo de calidade, e os lectores deberían apoiar tamén ese verdadeiro xornalismo.

  3. Concordo moito contigo, e incluso engado unha cousa. A prensa do corazón autodenominouse “xornalismo”, o cal lle está a facer gran dano á nosa profesión.

  4. seminariocomunicacion2

    Non entendo como os da prensa do corazón poden dicir iso. Algúns deles (son minoría) teñen a carreira de xornalismo e non podo entender que eles non saiban diferenciar entre que é xornalismo e que non o é. Supoño que se comportan así para salvar o seu traballo. Respecto aos outros individuos que participan nesta prensa do corazón, está claro único que saben facer é berrar uns cantos tacos.

  5. Ponme enferma que se mesturen as palabras “prensa” e “corazón”, urticaria!
    Hm estou de acordo contigo con que xa está ben de chorar, que nós vimos aquí con gana de axudar reflotar o xornalismo español. Porque sí, é o español o que se atopa en stand by. En América por exemplo souberon aproveitar os engadidos que ofrece a prensa dixital e así lles vai, mellor ca nós quero dicir.

    Eu penso que o noso erro foi primar en exceso os intereses das masas sen pararnos a pensar se estes intereses concordaban co noso deber. Se realmente eran da nosa incumbencia e pagaba a pena darlles coba. E non a paga, non a paga en absoluto porque iso foi o que nos afundiu ata este punto.

    Temos que recuperar ese ollo que tivemos posto na xente que ten sede de información, non de entretemento. Serán menos, pero son quenes alimentan a nosa profesión cunha dieta equilibrada, lonxe do fast food que pide o público desa cousa… sucedáneo de patio de luces.

  6. Eu penso que o xornalismo dixital en xeral se atopa nun Stand By. Ningún xornalista sabe realmente por onde van ir os tiros. Lembro aquel debate na clase de xéneros no que o mesmo Neira falaba da inadaptación da xente ao formato que se emprega nos xornais dixitais. Dende o meu punto de vista o futuro do xornalismo non se reduce aos xornais dixitais. Eu mesma confeso que se me poño a ler o periódico en internet leo só os titulares ou se hai algo realmente interesante. En cambio, encántame ler cada páxina do xornal en papel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: