ProT: ATEGAL en internet
Cando chegamos o primeiro día e aínda non sabíamos o que iamos facer para colaborar coas Aulas da Terceira Idade non nos podíamos imaxinar que nos involucraríamos tanto e tan profundamente na labor da asociación. Tanto Paula como Fátima, as principais dirixentes de ATEGAL axudáronos pronto a situarnos no día a día.
Ao longo destes meses de traballo tivemos que ir a cubrir diferentes actos organizados ou promocionados polas Aulas da Terceira Idade de Galicia. Despois de realizar sesións fotográficas durante os actos e cubrir a información realizamos artigos para subir á páxina web da asociación: http://www.rumorosos.com. Pero no só nos dedicamos a iso, a nosa labor tamén consistiu en ir as clases, involucrarnos case ao cen por cen na asociación.
A verdade é que consideramos realmente positiva a experiencia de poder traballar con esta asociación durante este tempo. Aprendemos como funciona por dentro, e como se deben elaborar notas de prensa para facer públicos. Aprendemos, en definitiva, como se leva a comunicación nunha asociación.
Borja Oujo Paz, S2D, 3a2
Posted on 10 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged Adultos, Curso 2011-2012, ProT. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
A páxina dos rumorosos está moi ben, mágoa que non a actualicen máis.
ATEGAL mola!
Agora xa está actualizada.