O fútbol, un problema de comunicación

Hoxe sufrín unha das derrotas máis dolorosas dos últimos tempos.

Hai apenas media hora que finalizou o partido que enfrontaba ó Recreativo de Juerga e ó Dínamo Verushka, pertencente á fase de ascenso a 2ª división da liga universitaria. Tratábase dun partido de máxima rivalidade no meu piso, pois dous dos meus compañeiros xogan no Recre, mentres que eu defendo as cores do Dínamo. Pois ben, o partido empezouse a perder no camiño ó pavillón. Mentres que Abel amosaba boas sensacións eu íame laiando por unha posible derrota ou mala actuación, dicindo –o cal é certo- que levo uns días cos dedos algo doloridos despois da dureza dos últimos partidos e que o frío que facía faríame complicado parar os primeiros balóns, ó ter as mans entumecidas. Efectivamente, así foi. Os xogadores do Recre –que xa estaban no campo moito antes do inicio do partido- saíron moito máis concentrados ca nós –moitos xogadores do Dínamo ata chegaron tarde- e nos meteron tres goles en apenas tres minutos. Dous deles, verdadeiros canonazos da súa estrela Manuel, dobráronme uns dedos fríos que colleron sensibilidade, e tiven que pedir o cambio. O resto foi unha historia de desesperación no banquiño ata que acabou o partido co humillante 9-2 no luminoso.

Isto faime reflexionar sobre a importancia dos factores anímicos no deporte, máis alá das cuestións físicas ou técnicas –de feito, eu creo que somos superiores e xa lles gañamos no Torneo Gelmírez-. Mais tamén me fai reflexionar sobre a importancia da comunicación no fútbol, pois eles estiveron ordenados en todo momento sobre o campo, e se falaban constantemente para marcar as súas posicións e organizar as axudas defensivas, mentres que o noso equipo era o reino do caos, onde cadaquén facía a batalla pola súa conta.

Se queredes máis información sobre o Dínamo Verushka, consultade o noso blog

Fernández Lema, S2B

Posted on 18 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. La comunicación dentro del terreno de juego es esencial para que el equipo tenga opciones de ganar, dentro del campo un futbolista puede llamar la atención de otro para persuadirlo (como cuando se hablan antes del partido), para evaluar la condición física del jugador, para informar sobre nuevas tácticas y posiblemente la más importante, para poder motivar al jugador.

  2. seminariocomunicacion2

    Efectivamente, la comunicación es esencial dentro del campo, pues el fútbol es un deporte de equipo y es necesario una coordinación entre todos los jugadores para que todo vaya bien. Y después esta comunicación también es fundamental para la motivación de los jugadores…

  3. Manuel Domínguez

    Que grande Manuel!! Parece que quiere conseguir ascender tanto en futbol sala como en fútbol, dicen algunas lenguas que en este último cuenta con un gran equipo detrás que aún no conoce la derrota, habrá que ir a verlo en la última fase de ascenso 😉 jajajaja cuidate Marcos!

    • Pues si, la verdad es que Manuel hizo un partidazo. Es el líder tanto dentro como fuera del campo, y no solo en lo futbolístico. Sus compañeros lo respetan y sus rivales también. Y en fútbol 11…pues eso, que aún duele el 3-0…a ver si tenéis suerte y ascendéis!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: