ProT: “Nós xa acabamos, pero o ritmo da COPE segue”

 O noso traballo ProT xa chegou ó seu fin.

 Unha vez rematadas as nosas visitas á Cadena COPE Santiago, esta semana serviu para tirar conclusións sobre o que deu de si este proxecto, e plasmalas na memoria que no día de onte se lle mandou ó profesor Marcelo. Así, repartimos os diferentes apartados que a memoria debía conter entre os catro integrantes do grupo, pois a coordinación e entendemento -tal e como puxemos no noso apartado persoal- foran bos, e, por tanto, estábamos seguros de que a visión duns non ía variar substancialmente respecto da vision doutros. Efectivamente, así foi. En calquera caso, puidemos establecer unhas conclusións xerais do que foi esta experiencia, que nos gustaría compartir con todos vós:

 -Que a responsabilidade social da COPE reside nos seus intereses de competencia coas outras radios e para completar contidos que enchan programación.

 -Os contidos de responsabilidade social son principalmente fáciles de conseguir e baratos, isto é: son os vecinos os que achegan a información que escasas veces contrastan.

 -Non existe iniciativa profesional nin concienciación para buscar novos temas, para implicarse con casos de corte social xa que poucas veces saen da prevista grella informativa. 

-Gustounos realizar o traballo en COPE Santiago porque, ó tratarse dunha emisora de radio, achégase máis ós nosos intereses e ó que pode ser o noso futuro profesional que outro tipo de asociación. 

-A coordinación entre os membros do grupo moi boa, aínda que se cadra pódese mellorar no referido ós prazos de entrega de diferentes materiais. 

Sen máis, darlle as grazas á COPE Santiago e a todos vós por seguirnos durante estes dous meses de intenso traballo. Nós xa acabamos, pero o ritmo da COPE segue!

ritmo de la cope

Fernández Lema, S2B, 2A3

                                   

Posted on 18 Abril, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Pareceme moi interesante o voso traballo coa COPE pois, como dicides, traballar cun medio de comunicación sempre axuda máis que facelo con outro tipo de asociación que quizais non teña tanto que ver coa nosa carreira.
    Por outra parte vésevos moi contentos cos resultados obtidos e supoño que o feito de ter unha boa acollida tamén vos facilitou moito o traballo, nisto teño que dicir que nós tamén tivemos unha moi boa relación cos membros da nosa asociación e sei iso axuda a facer un mellor traballo.
    Sen máis noraboa por este traballo e espero que colaborar con eles tamén vos axudase a saber que o que estades a estudar é o que realmente queredes nun futuro.

  2. Efectivamente, esta experiencia foi especialmente proveitosa grazas ó feito de que a asociación elixida trátase dun medio de comunicación, polo que os coñecementos que adquirimos a nivel profesional foron moi importantes, e motívannos para seguir estudando xornalismo e adicarnos a est profesión nun futuro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: