“ProT: Adeus, Feitizo”

Despedímonos da asociación Feitizo cun breve repaso dos puntos clave que caracterizan a esta asociación:

Persoa “social”

A asociación Feitizo está formada por diferentes socios, sendo a maioría deles xente nova menor de 35 anos. Aínda así, esta asociación estase dirixindo cara un cambio nos seus estatutos e na súa razón social, para permitir que persoas que superen esa franxa de idade poidan formar parte da asociación.

Comunicación

No referente a súa comunicación interna e externa, Feitizo utiliza diferentes estratexias de comunicación. A nivel interno, comunícase cos seus socios por teléfono, e-mail e mediante a realización de asembleas anuais e extraordinarias (tamén se realizan reunións máis informais para tratar asuntos concretos da asociación). A nivel externo, a comunicación realízase a través de diferentes redes sociais.

A nosa colaboración con Feitizo tamén nos serviu para coñecer cómo é a comunicación desta asociación coa súa comunidade. En xeral, sorprendeunos que prestasen tanta atención á imaxe que na súa comunidade teñen da asociación, pero despois explicáronnos que, ao traballar nun entorno no que todos coñecen a todos, é moi importante ter unha imaxe positiva e boas críticas, porque a principal publicitación desta asociación é a través do boca a boca. Ademais, precisan manter boas relacións co concello, xa que é o organismo que lle concede os permisos ou espazos (como o pavillón municipal) para a maioría das súas actividades.

As necesidades dunha asociación que acaba de comezar son moitas, e como grupo pequeno e con poucas posibilidades de axuda, tivemos que elixir moi ben cómo axudalos. Decidimos darlle apoio corporativo e tentamos organizar unha estratexia de publicitación e captación de socios, de apoio as actividades futuras que queren organizar e expansión do público obxectivo. Tamén deseñamos unha páxina web que amosa que é Feitizo e qué actividades está levando a cabo. Tamén decidimos potenciar os espazos na rede nos que se desenvolve Feitizo como Facebook, Twitter e Tuenti. Este apoio tenta servir para que a asociación poda recadar fondos para as súas actividades e aumentar o número de xente que participe nas actividades. Feitizo xa ten en mente novas actividades para os vindeiros meses, xa publicitadas en todos os medios que temos ao noso dispor, intentando que chegaran ao maior número posíbel de habitantes próximos a Santiago de Compostela, e especialmente ao concello de Arca.

Desenvolvemento

A colaboración con Feitizo tamén nos mudou a idea xeral que todos tiñamos de que unha asociación de temo libre adícase a realizar actividades para entreter aos nenos ou para ocupar o seu tempo de ocio, pero isto, non deixa de ser unha percepción completamente errónea, xa que, ante todo, o seu fin é educar en valores (valores como a solidariedade, respecto, ecoloxía ou a cultura galega) ao mesmo que os destinatarios (que pertencen a tódolos rangos de idade, tanto nenos como adultos como persoas da terceira idade) pasan un bo rato cunha alternativa lúdica de tempo libre.

Organización

En canto a organización interna da asociación, podemos ver que está composta por 14 socios constitutivos, que teñen voz e voto na toma de decisións. Nas reunións de Feitizo tamén participan máis socios, aínda que só teñen voz nas mesmas. Para unha mellor organización, os membros de Feitizo teñen unha presidenta, unha tesoureira e unha secretaria así como cinco vocais á hora de transmitir as decisións.

Territorio/espazo/redes

O territorio no que se desenvolve esta asociación é principalmente o concello de O Pino e arredores. No referente as súas redes, Feitizo colabora con diferentes asociacións coas que esta en contacto como o concello, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, o CPI Camiño de Santiago, do concello de O Pino, e a parroquia de Santa Eulalia de Arca, territorio onde desenvolve a maior parte das súas actividades.

En canto ao espazo, Feitizo realiza os seus proxectos e actividades inscritos esencialmente no espazo lúdico, pero tamén no sociocultural e medioambiental.

Final

Este foi, por tanto, un traballo de aportación mutua, no que tanto a asociación coma nos saímos beneficiados e conseguimos algo.

Por unha banda, a asociación gañou catro novos membros durante o período no que traballamos con eles. Neste tempo no que intentamos sacar partido á nosa familiaridade coas redes sociais e a nosa facilidade de investigación para poñer a cabo as innovacións das que xa falamos e que consideramos que foron de gran axuda para eles.
Por outra banda, nós aprendemos como é o funcionamento dunha asociación deste tipo. E non só aprendemos como funciona Feitizo en concreto e as súas particularidades, senón que tamén aprendemos como debe funcionar toda organización de características similares. É dicir, fomos conscientes da gran cantidade de traballo organizativo e promocional que implica a creación dunha asociación.

Grupo 1B1

Posted on 28 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: