Onde o mundo se chama…

Ourense, 1941. Nace Carlos Casares sen que ninguén presaxiara o importante que ía ser na literatura e xornalismo, creando gratas obras ata 2002. Onte, 9 de marzo, cumpríanse dez anos da súa morte, e o xornal “La Voz de Galicia” quixo facerlle un recoñecemento digno de quen é. Cunha obra recopilatoria de 59 artigos do autor, o xornal galego fixo esta edición conmemorativa dun dos proxectos que máis éxitos lle deu: a súa sección “Á marxe” en “La Voz de Galicia”.

Non adquiriría o exemplar se non fose porque un profesor no-lo dixo, pero alégrome realmente de que o fixera. Dende pequena lin as obras deste autor, as cales gardei con cariño na miña biblioteca. Pensándoo agora mesmo, teño un gran número de exemplares das súas obras, tales como “O can Rin e o lobo Crispín” (1983), “Lolo anda en bicicleta” (1996), “O galo de Antioquía” (1994) e outras non tan infantís como “Vento ferido” (1967) ou “O sol do verán” (2002).

Casares sempre dicía que “a literatura non ten por que gustarlle a todo o mundo”. Pero el faicíao máis sinxelo, dende unha terra, dende un lugar, onde o mundo se chama Xinzo.

Dapía Freitas, S1B, 2A1

Posted on 10 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Un gran autor sen dúbida. Dende nova lin moitas das obras de Casares e encantaronme. Ten unha forma de narrar que te envolve e te engancha e ademáis é moi sinxela de comprender. Pareceme moi boa a iniciativa que tivo a voz de facer chegar ao público, a un precio asequible para todos, unha obra que nos achega un pouco máis a este autor.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      E tanto que si, desde logo podemos considerar que é un regalo, non me refiro ao prezo, senón ao gran valor que ten esta obra e sobre todo, de quen é.

  2. Alba Domínguez Piñeiro

    Está ben isto de que os xornais lles acheguen ó público este tipo de material, que promocionen a cultura con detalles deste tipo. Canta xente non mercaría un libro así pola súa conta, pero ó velo por apenas un euro co xornal pois cólleno, e unha vez que o teñen, pois leno, e así gañan coñecementos que non tiñan e que, de non ser por isto, non adquirirían nunca.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Pois si, promoven a lectura e dan a coñecer grandes autores descoñecidos para moitos. E por outra banda, dan moitas facilidades de adquisición do libro, todo vantaxes!

  3. Óscar Martínez

    Me alegro de que a través de un profesor hayas descubierto a Casares. Disfruta de su lectura, te dará buenos momentos.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      BUeno, xa o tiña descuberto se les ben o meu post, pero achegoume relatos que aínda non lera del, e que penso facer pronto, gracias!

  4. Lara Lozano Aguiar

    A verdade é que unha das cousas que máis nos gusta da nosa carreira son as referencias de xente que é grande e que ten unha obra merecedora de ser lida. No instituto lémbrome que os autores só formaban parte dun texto escrito e que só nos facían chapar título tras título sen nin sequera ler un anaco da súa obra. Fáltannos moitos autores por descubrir porque en nós tampouco hai unha iniciativa de achegarnos a eles. Con iniciativas como esta de La Voz de Galicia faise máis grande ao autor e réndese homenaxe ás súas obras.

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      É certo, era chapatoria sen nin sequera coñecer o autor nin a súa obra,e despois obrigábannos a ler libros de persoas diferentes. creo que deberia cambiar o sistema educativo achegando as obras mais aos alumnos. Tes toda a razon, gracias polo teu comentario!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: