Unha familia como as demais?

Para seguir coa miña recomendación de series que poden ser interesantes para exemplificar conceptos relacionados coa comunicación interpersoal, no post desta semana vou falar de Shameless.

Shameless é unha serie do Reino Unido que segue as vivencias da familia Gallagher nun barrio de clase obreira do norte de Inglaterra. As súas vivencias diarias, ademais de ser simpáticas e divertidas, mostran as relacións que manteñan tanto dentro da familia como cos diferentes membros da súa comunidade. Así, podemos ver como, aínda que aparentemente son moi diferentes, os Gallagher tenden a comportarse cus patróns similares tanto nas súas relacións entre eles como co resto do barrio. Desta maneira, as relacións cos seus veciños tende a dividirse en dous comportamentos “básicos”. Segundo se as persoas coas que se relacionan son consideradas como da súa familia, cos que se establece unha relación de cordialidade e de preocupación por eles que os leva a actuar ás veces de forma algo peculiar, ou se se trata de membros da comunidade cos que teñen relación pero non os consideran como “dos seus”, cos que teñen unha relación de interese e dos que non lles importa aproveitarse para conseguir o que precisan.

Funcionan as nosas familias e comunidades como as de Shameless? Ou estamos só ante unha ficción?

Aquí deixo o link do primeiro capítulo. Tranquilos! Non hai limitación de tempo que está en Youtube 😉

Bragado Paz, GBCP

Posted on 10 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Adrián Pérez Conde

    Seica tamén fixeron fai pouco a versión USA desta serie. Teñenme dito que está moi ben. Haberá que vela. Moi boa recomendación, Maru!

  2. Vaia familia máis rara, pero supoño que ao fin e ao cabo todos reaccionamos da mesma maneira.

  3. A verdade é que son raros de carallo Alberto. Pero son unha especie a estudar! As súas relacións cos seus veciños representan as diferencias que fan eles mesmos ao tratar coas persoas dependendo do que signifiquen para eles dunha maneira bastante razonada. Non sei se algún de nós podería dicir o mesmo..

  4. Uxía Bereijo Piñón

    Eu vin a versión americana da serie. Aínda que me gusta, non podemos olvidar o drama que se esconde tralo tratamento cómico das historias. Unha familia cun pai alcohólico, unha nai ausente, roubos de pouca monta… son algúns dos problemas que se contan na serie. Lémbrame un pouco a Aída, por exemplo, no tocante ó drama que ambas agochan.
    A familia Gallagher é marxinal, o que creo que condiciona moito a súa forma de comunicarse co seu entorno. Eles e os seus veciños conforman unha comunidade pechada, que poderíamos denominar “círculo de confianza”. Fóra de aí, a comunicación con todos aqueles alleos ó seu mundo é difícl, quizais polo medo ó rexeitamento pola súa condición.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: