“Semana de actividades”

O traballo sobre diversidade cultural vai collendo o seu camiño. Esta semana estamos ultimando documentación de libros, páxinas web e documentais que poderían ser interesantes para o tratamento do tema. Ao mesmo tempo, tamén continuamos preparando dúas entrevistas que serán esta semana: a David Pintor e Antonio Seijas, dous ilustradores galegos que nos van falar da diversidade cultural na arte , xa que participan na exposición de Ilustramundos.

No marco dos eventos, aparte do ciclo de cine, é posible que preparemos un visionado dun documental seguido dunha tertulia sobre o tema.

E tamén estamos realizando desde o pasado mércores a dieta relacional e de medios, que consiste en ver cantas veces aparece o noso tema do TS nos medios cos que esteamos en contacto. Por agora, as conclusións que sacamos son: escaso tratamento destes temas nos medios e cando se trata case sempre son noticias negativas aos inmigrantes, onde non se produce un contacto co Outro senón que só se nomea a versión oficial. Destacar como excepcións: Cumbre Internacional de debate en La Estila que fala dun proxecto fomentador da multiculturalidade en Santiago coa axuda de estudantes das tres universidades galegas. Ademais, o xornal gratuíto Santiago Siete tamén traía un artigo esta semana que fala das distintas relixións que existen en Santiago e a súa pacífica convivencia (resaltar que nesta había un achegamento ao Outro por parte do xornalista). Que credes vós destes temas?

Esta semana continuaremos coa dieta ata o mércores e faremos as entrevistas para poder sacar conclusións máis acertadas.

Hortensi Gesteira Estévez

S2D

Posted on 20 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. O dos medios de comunicación (en xeral) á hora de tratar temas realacionados con persoas inmigrantes é algo que me supera. É certo o que apuntas de que na maioría dos casos só tratan temas negativos. A min chámame moito a atención, ou máis ben ponme dos nervios, cando escoito ou leo nos medios novas do estilo “unha banda de rumanos”. Cando os atracadores ou ladróns son españois trátanos igual? Eu non escoitei referirse a Jaume Matas, Urdangarín e toda a tropa do caso Palma Arena como “unha banda de españois”. Por cousas coma estas é polas que se acaban creando estereotipos que moitas veces non teñen moito que ver coa realidade.

  2. Lara Lozano Aguiar

    A noticia aquela de dos españoles y un gitano.. Da que ver como no século XXI aínda os xornalistas, porque ese foi un dos nosos, pon ese tipo de cousas que na miña opinión tamén son faltas de respecto…

  3. hortensia gesteira estévez

    ás veces ata os mesmos xornalistas están imbuídos polos propios prexuízos contra os inmigrantes e ao empregar a linguaxe non teñen o coidado necesario. Pero, esa linguaxe está tan metida en nós mesmos que cando vemos este tipo de noticia incluso non atopamos nada raro a simple vista.

  4. hortensia gesteira estévez

    Creo que os propios xornalistas xa teñen tan interiorizados os prexuízos que existen no conxunto da sociedade que á veces xa o fan por inercia. É que parece que a sociedade non nota nada raro ao dicir: “unha banda de rumanos”, xa está moi metido na nosa conciencia que todo nos parece normal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: