“ProT: As dificultades dos pequenos”

O venres, a miña compañeira Andrea Fernández e eu volvemos un día mais á gardería Snoopi. Observando cómo interactúan uns con outros, fixámonos en que a pesar de que sempre hai algunha pelexa por posuír xoguetes, a maioría das veces non hai problemas para compartir. Véselles moi unidos. Un caso que nos chamou moito a atención foi o gran progreso da pequena Irene, unha nena de 8 meses que fai unhas semanas non saía do colo das monitoras e que o venres o único que quería era estar de pé e xogar con demais cativos. Un deles, chamado Pablo, facíalle especial graza. E el, a pesar de que Irene é máis nova, facía todo o posible para facela rir. Sen embargo, sempre hai algún neno con algunha dificultade á hora de relacionarse cos demais. Un caso concreto foi o do pequeno Nube ( un nome un pouco raro para un neno a verdade). Nube apartábase dos demais cativos e o único que quería era que as monitoras lle fixesen caso e para isto pasouse a tarde chorando. Sen embargo, en ningún momento xogou con demais nenos. Nube é un neno cun aspecto enfermizo e débil, non está vacinado e está por debaixo do peso dun neno da súa idade. Isto débese a que os país, segundo nos contou a responsable do centro, teñen un xeito de pensar diferente e van en contra dos canons da sociedade actual, algo que claro esta, afecta directamente a Nube e a súa forma de relacionarse. Esperemos que co paso do tempo isto cambie.

Díaz Leal, S1D; 2A1

Posted on 24 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Realmente creo que as garderías axudan aos nenos a socializar e a ser menos tímidos dende que son novos. Por exemplo, a miña curmá pequena non foi á gardería e cando empezou ao colexio, non estaba ben adaptada e custoulle estar cos demais. Entón, será certo que se fas as cousas de pequeno che custan menos de maior?

    • Na gardería comezan a relacionarse cos demais nenos aínda que ao principio custalles ( a uns máis ca a outros), xa que estan acostumados a relacionarse tan so cos seus familiares. Eu creo que un neno que non acude a unha gardería terá as mesmas dificultades que tiveron os que si o fixeron ao comezo, a diferenza é que se non van a gardería comezan a relacionarse cos demáis nenos máis tarde. Sen embargo tanto garderías coma colexios son as claves para o desenrolo social dos máis pequenos.

  2. Alba Domínguez Piñeiro

    Estou completamente de acordo co que comenta Tensy. Se os nenos dende bebés socializan con máis xente que cos da súa propia casa, fanse sociables moito antes. Non fai falta que vaian a gardería, só inserilos nun ambiente máis colectivo. Por exemplo: eu teño unha irmá de 3 anos. Seus avós teñen un bar e xa dende bebé pasou moito tempo nel. A xente achegábaselle e xogaba con ela, xa foran nenos que ían cos seus pais ou persoas adultas. Deste xeito ela afíxose a estar rodeada de xente dende ben pequena e cando lle tocou este ano ir ó colexio foi a única nena que non chorou por ter que quedar alí o primeiro día. Ó contrario, levaba xa unha semana dende antes do comezo do curso querendo ir ó colexio e logo chorou porque quería quedar alí, non porque quixese marchar.
    Hai que desbotar o mito de que os bebés son tan fráxiles que non se poden sacar da casa. Xa nolo dicía Laura, a profesora, o outro día. Non se pode seguir con esa mentalidade de que os nenos empecen a socializar no parbulario, hai que facer porque socialicen antes. Xa digo que unha gardería non fai falta, só sacalos da casa e non telos encerrados todo o día .
    E se non mirade para min, ós 8 días de nacer eu xa estaba na praia; así saín despois tan sociable 😉

    • Estou de acordo contigo. A clave está en que os nenos aprendan a socializarse co seu entorno sen importar o lugar. As garderías axudan moito neste sentido pero non son os únicos lugares onde os máis pequenos poden aprender. E sen dúbia, canto antes mellor, a que nos nosos primeiros anos de vida é cando máis rápido aprendemos.

  3. Lara Lozano Aguiar

    Que caso máis bo para estudar o do pequeno Nube. Pero moitas veces os nenos só se comportan dunha determinada maeira para chamar a atención, polo que hai que ter coidado con estas conductas e saber diferenciar cando é por unha cousa e cando é só por facerse ver. Deberíades reservar os nomes dos pequenos porque co que acontece hoxe na ree é mellor prever. Só é un consello!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: