A música ten mensaxe e ás veces letra

Moitas veces entendemos por cancións con mensaxe aquelas que teñen unhas letras reivindicativas, as chamadas cancións protesta. Pois ben, eu coido que a música pode conter e transmitir mensaxes teña ou non letra. De feito, na miña opinión, as cancións levan letra cando non son capaces de transmitir a mensaxe coa melodía.

Fixémonos, sen ir máis lonxe, na música do cine. Por regra xeral, a música nos filmes de terror e de suspense non ten letra pero é un dos elementos chave para transmitirnos esa sensación de tensión e mesmo de medo que nos fai saltar da cadeira nun momento dado. Neste sentido, unha escena que me parece moi interesante é a da ducha en “Psycho” de Hitchcock.

Outro exemplo. Este coido que é máis macabro e, neste caso, representa o efecto que pode ter a música nun contexto concreto dentro da propia película (xa non só no espectador): “Apocalypse Now”, de Coppola. Nesta película hai unha escena na que os soldados americanos utilizan a composición de WagnerRitt der Walküren (Cabalgata das valquirias)” como tortura previa, e despois simultánea, ao bombardeo dun poboado vietnamita. O asunto é que esa mesma música xa fora utilizada na realidade do mesmo xeito e coas mesmas intencións polas tropas nazis na segunda guerra mundial. Dise que Coppola se inspirou nese feito para levar a cabo esa escena que, por certo, non ten desperdicio, igual que toda a película.

Pica na seguinte ligazón para ver a escena: http://youtu.be/Gz3Cc7wlfkI

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 28 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Creo que o sentido da música llo damos cada persoa. É dicir, pode ocorrer que unha canción que a min me suscite un sentimento de pena e tristura a outra persoa non lle diga nada. A consonancia da música co cine é moi salientable: a min tenme pasado de escoitar unha melodía e despois vela en consonancia con imaxes e cambia todo moito.
    As que máis me marcan a min son as melodías das películas de guerras:

  2. É certo que o sentido llo damos cada un de nós pero ademais diso a música leva a súa propia mensaxe que, moitas veces sen darnos conta, influe en gran medida na nosa actitude, no noso estado de ánimo e mesmo no noso rendimento académico ou laboral. Diso saben un pouco os terapeutas que aplican a musicoterapia nos seus tratamentos. Deixo aquí a ligazón á web dunha empresa que trata este tema:
    http://www.lamusicoterapia.com/general/historia-de-la-musicoterapia.html

  3. Lara Lozano Aguiar

    Dentro do noso traballo ProT poidemos ver que a musicoterapia e moi importante en persoas con patoloxías como o Alzheimer e tamén é necesaria para o resto das persoas porque nós coa música podemos evadirnos, divertirnos… Non sei o mundo da música é algo diferente e que cada un entende da súa maneira. Os dj´s entendeno dunha, os terapeutas doutra, mesmo meu pai que é mecánico sempre ten a radio prendida porque para él tamén é algo que ameniza o seu traballo!

    • Claro que si! A música ten un gran poder de comunicación. Ademais é universal… dá igual o idioma; a música enténdese en todo o mundo. ENténdea todo o mundo, incluídas a s persoas os animais e mesmo as prantas. Por certo, xa que mencionas os Dj’s… A verdade é que somos unha “raza estraña” que poida que si, que entendamso a música de xeito diferente. E traballamos con ela dun xeito que pode que se achegue bastante ao da musicoterapia xa que unha das nosas funcións é a de provocar emocións no público coa música que poñemos e coas nosas mesturas. Neste sentido, vou deixar aquí un vídeo sobre como un DJ é capaz de provocar sentimentos no público que ten diante e, por unha vez, non é meu senón dun par de bos compañeiros e amigos:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: