O fin xustifica os medios?

 Los hombres no se hacen criminales porque lo quieran, sino que se ven conducidos hacia el delito por la miseria y la necesidad.

 Con esta frase do filósofo chino Ten-si, do século V a.C comeza o filme debut Navajeros (1980), do director español Eloy de la Iglesia.

A película, ambientada en plena crise laboral de comezos dos oitenta, xira en torno a un único tema: a delincuencia xuvenil.

Nos barrios marxinais do Madrid da época, moitos nenos e adolescentes eran analfabetos; non polo feito de que non puidesen ir á escola, senón porque a súa educación familiar era practicamente nula. Os fogares rotos, inexistentes eran habituais. A prostitución, os malos tratos, as drogas e as armas formaban parte do día a día de nenos sen rumbo. A cárcere facíase habitual: era frecuente que algún familiar ou amigo estivera preso.

As circunstancias provocaban a rebeldía dos adolescentes, que carecían de calquera tipo de formación. A fame, a necesidade traía consigo violencia, armas, prostitución e droga, creándose un círculo vicioso.

Isto lévame a expor unha cuestión: É a mala conduta innata á personalidade do ser humano ou é provocada polas circunstancias?

Bouza Veiga S1B, S1A1

Posted on 30 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Coido que as cousas que nos pasan son as que fan que actuemos de determinada maneira, penso que non é innata a mala conduta. O que nos rodea, a familia, os amigos…todo o que dalgún xeito esta en contacto con nós determina as cousas que facemos sexan boas ou malas.

    • É certo, opino que o noso entorno condiciona o noso comportamento. Porén, a persoa é quén de decidir qué camiño quere seguir, qué camiño é o máis adecuado, nalgúns casos.
      Uns pais drogadictos provocan un achegamento indiscutible e inadecuado dun fillo á droga; aínda así, pode que o propio fillo elixa alonxarse dela e incluso pode que cause un efecto “rechazo” hacia dito mundo ao vivir en primeira persoa os seus efectos.

  2. Óscar Vallo Mirás

    Desde mi punto de vista diferencio aquellas malas conductas que sí que vienen ligadas a la persona por cualquier tipo de razón genética, psicológica y otro tipo de conductas que según la situación “extrema” que se pueda ocasionar te lleve a una conducta poco moral o ética.

    • É certo. Nalgúns casos o comportamento e a conduta dunha persoa é independente do entorno no que se eduque. O home ten capacidade de decisión absoluta sobre si mesmo. Porén, en moitos casos, o instinto de supervivencia ou o descoñecemento de outras alternativas “obrigan” á persoa a ter unha determinada conduta ou outra. E se sucede na infancia ou adolescencia (como no caso do filme do que estou a falar) a volta atrás faise difícil.

  3. Leticia Río Dovao

    Creo que en muchos casos las malas conductas comienzan a raíz de las compañías y por asuntos familiares. En estos casos las malas conductas son por imitación a los que tiene alrededor o por influencia. En la minoría de los casos son algo innato a la personalidad.

    • A influencia da familia, das compañías etc é indiscutible no comportamento das persoas. De todos modos, nalgún caso, como dis ti, minoritario, a persoa é quen de decidir a actitude que quere ter, independentemente da educación que se lle impartira no pasado (se as circunstancias llo permiten)

  4. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    Eu penso que o fin nunca xustifica os medios. Está claro que non é o mesmo nacer nunha familia máis ou menos estable, que non. Vivir nun lugar respectuoso e tranquilo que saír á rúa e lidiar coa criminalidade. Non obstante, claro que isto inflúe no noso comportamento, somos producto da experiencia e constante reconstruccion de nós mesmos. Roubar por necesidade, drogarse por autodesprecio e frustración, prostituise ou matar por ser vítimas dunha rede mafiosa…Todo iso non o decidimos nós, son formas de sobrevivir ou de vivir rápido. Non sabemos do que somos capaces ata que tocamos a nada coa punta dos pés. O que está claro, e que fora de casos extremos, o fin non xustifica os medios, ou para min iso non tería sentido conseguir algo pasándolle á xente por riba non ten validez, xa que o máis importante é o camiño.
    Engadir que situacións familiares malas (maltrato, drogas, alcohol, abusos..), non deben ser o noso punto de partida. É posible saír diso e loitar de forma constructiva.

    • Estou totalmente de acordo contigo. Porén, neste post estou a falar de casos extremos. Por suposto que nun contexto “normal” (por chamalo dalgún xeito) é inadmisible que os obxectivos das persoas xustifiquen os medios empregados para conseguilos.
      En cambio, nun entorno difícil, no que a fame abunda, pode que roubar nun supermercado para que os teus fillos poidan comer sexa xustificable. Trátase dunha situación extrema, como dis ti, pero bastante máis habitual do que cremos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: