“15-M: Non é un adeus, senón un deica logo”

Toca xa despedirse deste traballo que desenvolvemos a modo de análise comunicativo do movemento 15-M. Dende este derradeiro post do noso grupo TS, o S1F, pretendemos achegarvos tanto unha reflexión sobre o que supuxo este traballo para nós, as conclusións que sacamos nestes case tres meses de pesquisas ao mesmo tempo que vos contamos máis ou menos cómo estruturamos as labores e cómo organizamos todo o traballo.

Nestas dúas últimas semanas rematamos a montaxe e posprodución do vídeo e tamén a redacción da memoria.

Durante a elaboración do vídeo o máis difícil foi seleccionar as declaracións máis interesantes para o traballo de entre todo o material dispoñible. Foi sobre todo no caso do profesor en psicoloxía social, Sabucedo (podedes ver o resumo da súa entrevista pinchando aquí, e o resumo das entrevistas aos membros do Comité de Comunicación de #AcampadaSCQ e a Sofía Krysiak pinchando neste outro enlace), onde nos atopamos con este problema. Unha vez seleccionadas as declaracións, foi necesario ordenalas para que a peza audiovisual tivese certa coherencia e respondese ós parámetros temáticos que buscábamos no traballo. Esta tarefa foi máis doada do usual xa que decidimos dividir os cuestionarios en dous bloques, un de preguntas comúns para poder contrastar os puntos de vista dos distintos entrevistados sobre os mesmos items, e outro bloque adicado exclusivamente ao entrevistado en cuestión onde lle pedíamos un afondamento máis específico sobre o 15-M segundo fose o seu perfil de implicación. Finalmente, dedicamos dous días máis á posprodución de audio e vídeo, para que non houbese moita diferenza entre as tres entrevistas e se mantivese unha mesma liña estética.

Para a elaboración da memoria decidimos dividirnos cada un dos puntos que debían integrala entre os catro membros do grupo. Deste xeito, cada un dedicaríase a un dos bloques temáticos do traballo: 15-M, redes sociais, grupo social e cidade. Pero tamén se encargaría de describir os distintos puntos do proceso. O portavoz designado ó comezo do traballo encargaríase de reunir cada unha das partes e de envialo ó profesor, unha vez fose revisado por tódolos membros do grupo.

Sen dúbida, o que máis botamos en falta á hora de facer o traballo foi dispoñer de máis tempo para afondar nos distintos temas que tratamos. Isto fixo que se tocasen de forma moi superficial para o noso gusto, pero se cadra era un traballo demasiado amplo, que impedía este tipo de tratamento. Ademais, ter que compaxinalo con outros traballos complicou bastante esta labor. A todos nos pareceu un tema moi interesante, sobre o que nos gustaría continuar investigando no futuro.

Este traballo foi unha oportunidade para analizar o movemento 15-M dende unha óptica que non nos era familiar. Serviunos para sumerxirnos na organización interna das acampadas, no día a día nas prazas, nas razóns dos “indignados” manifestarse, pero tamén supuxo toda unha bagaxe histórica e cultural que nos marcou os puntos en común da “Spanish Revolution” co resto de revolucións, protestas e manifestacións que tiveron lugar neses axitados meses da primavera e verán do 2011, dende o goberno cidadán de Islandia ata as protestas cidadás de “Occupy Wall Street”, pasando por unha chea de primaveras árabes.

Se algo sacamos en claro é que o 15-M non está morto, chegou para quedarse pero, como todo movemento sen unha cúpula organizativa clara, terá momentos de maior e de menor actividade. A axitación está nas rúas, os cidadáns agudizaron o seu espírito crítico e son máis conscientes ca nunca de que está nas nosas mans e non nas dos dirixentes cambiar aquilo que non nos guste ou que consideremos abusivo. Dende a sombra, o movemento segue traballando, levando a cabo reunións e organizando novas protestas e actividades que, gran a gran, están a contribuír a que cambiemos, por fin, o rumbo do noso futuro.

Xa para rematar, volvemos colgar o froito do noso traballo, ese video-documental que editamos a partir das entrevistas realizadas a tres perfís diferentes de participantes do 15-M: o de manifestante, o de organización interna e o de estudo académico do movemento.

Agardamos que vos gustase o noso traballo ou, como mínimo, que vos aportase algo novo, que vos sorprendese ou chamase a vosa atención.

Moitas grazas por chegar ata aquí.

Bereijo Piñón, S1F, 1A3

Cereijo Vázquez, S1F, 1B1

Posted on 27 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Carlos Asensio GBCP

    Me ha encantado el vídeo, enhorabuena por este trabajo tan bien hecho. Creo que hay pocos post tan creativos como este.

    • Moitas grazas, Carlos. Alégrome moito de que che gustase! A verdade é que unha das cousas que pretendíamos á hora de abordar o traballo era que fose algo orixinal e ameno, que deixase claras as ideas principais, pero de xeito breve. Por iso, pareceunos que o vídeo era unha boa alternativa ás exposicións que adoitamos facer sempre na clase.

  2. Sabela Cereijo Vázquez

    Muchas gracias por comentar, Carlos!
    El hecho de que te haya gustado nuestro vídeo ya compensa las horas que invertimos en hacerlo. Porque para nosotros no hay mayor satisfacción que el proyecto en el que hemos trabajado tanto tenga proyección y sirva para informar mejor sobre lo que supone el 15-M.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: