“Entrevistas 15M: #AcampadaSCQ e Sofía Krysiak”
Posted by seminariocomunicacion1
A semana pasada, Lucía comentábanos cómo se desenvolveu a nosa entrevista co profesor Sabucedo e hoxe tócame a min recoller o testigo e falarvos agora do que nos contaron Belén e Cristina, encargadas do comité de comunicación da acampada obradoiro, e Sofia, participante activa nas manifestacións.
Belén é estudante de física e Cristina estudou xornalismo na nosa facultade. Ambas son participantes activas no movemento 15-M de Santiago de Compostela, máis coñecido como #AcampadaObradoiro ou #AcampadaSCQ, e encárganse da comunicación de actividades por medio do portal web e páxina de facebook da organización (déixovos ao final os links para que lles botedes un vistazo).
Preguntámoslles cómo viviron elas eses días na praza, e, principalmente, como foran as vías e estratexias comunicativas seguidas dende o seu comité ou o papel das redes sociais. Pero, se fixemos fincapé nalgún punto, foi no do trato que dende os medios de comunicación se fixo dos acampados. Elas nos comentaron que foi un papel lamentable ao principio, xa que ou ben desprazaban o tema por completo das súas axendas informativas ou ben sesgaban os datos non dando o número total de participantes ou pechando o encadre das fotografías e dos planos para que parecese que se houbese menos manifestantes na praza dos que en realidade estaban. Cando o movemento creceu en simpatizantes, os medios non tiveron máis remedio que cubrir o evento, pero tanto Cristina como Belén están de acordo en dicir que non se molestaron nunca por entender e transmitir de xeito fiable as reivindicacións dos manifestantes.
Pola súa parte Sofía Krysiak falounos de cómo viviu persoalmente eses días na praza do obradoiro, que para ela foi toda unha experiencia. De entre o que nos contou, fixo especial fincapé na importancia das redes sociais á hora de dar a coñecer o movemento, xa que sen estas ferramentas, cre, nunca tería tido as magnitudes e relevancia social que chegou a acadar. Ademais, ao igual que as responsables do comité de comunicación, tamén nos falou sobre o papel dos medios de comunicación que, segundo a súa opinión, considera que contribuíron de sobremaneira a crear esa mala imaxe inicial asociada ao movemento.
Como vedes, foron unhas entrevistas moi interesantes. Dende o noso grupo TS, agora quédanos por diante o traballo de seleccionar e editar aquela información que consideremos máis relevante para facer un vídeo documental que colgaremos ao blog na entrada do luns 23 de abril. Esperamos que vos guste!
**Aquí vos deixo os enlaces directos ás páxinas web do grupo Acampada Santiago de Compostela:
https://www.facebook.com/AcampadaSCQ
Cereijo Vázquez, S1F, 1B1
Posted on 8 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged 15M, Actividades da semana, Cultura, Curso 2011-2012, entrevista, Red Social. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
Aínda que a entrevista de Sabucedo foi a que me pareceu máis interesante, estas tamén nos aportaron información moi importante á hora de realizar o traballo. Lonxe da visión teórica do profesor, tanto as responsables de comunicación de AcampadaSCQ como Sofía déronnos unha visión máis próxima á rúa e ó desenvolvemento do movemento en primeira persoa. Ademais, elas trataron un punto de especial interese e relevancia: o papel dos medios de comunicación, que tanto nos afecta como estudantes de xornalismo.
Penso exactamente igual ca ti, Uxía, con excepción de que a min, a entrevista que máis me gustou foi a realizada ás membros do comité de comunicación da #AcampadaSCQ
Pingback: “15-M: Non é un adeus, senón un deica logo” | Común (e persoal)