RADIO FAVELA- LOITA POR UN FUTURO- ÉRGUETE.
Mencionar narcotráfico en Galicia é pensar automáticamente nunha serie de escenarios e de protagonistas. As Rías Baixas saben o que é ver perdida a toda unha xeración de mozos. Supoño que vós, lectores, coñeceredes xa a historia. Quen viva por esta zona de Galicia, comoé o meu caso, sabe que non queda vila nin aldea na que non houbera algunha vítima das drogas, especialmente a finais dos anos 80, época que coñeceu a miña irmá máis vella, que foi quen me contou o devir de aqueles anos. Un símbolo atopámolo en Pazo Baión e as súas réplicas, esparexidas por todo o Salnés, que controlaban o “cartel” galego a conta de fillos de obreiros ós que o futuro non lles prometía nada e que vían no trapicheo un “negocio” redondo. Radio Favela é un claro exemplo de xente que quere cambiar o sistema dende abaixo e que non se quere resignar a esperar un futuro peor. A importancia do medio á hora de levar a cabo o plan é fundamental pois a radio democratiza, óena brancos e negros, altos e baixos, feos e guapos…
Un país como o Brasil, onde existe unha forte discriminación racial e tamén grandes diferencias entre ricos e pobres é un terreo fértil para a propagación do narcotráfico, promovido polo mesmo goberno que arrinconando á pobreza en guetos fomenta a conflictividade social. Radio Favela é un raio de esperanza, unha voz que clama por unha sociedade máis xusta. No fondo non hai tantas diferencias entre Galicia e Brasil, pero como dí o refrán “non hai máis cego ca o que non quere ver”.
Enlace a un vídeo de Érguete: http://www.youtube.com/watch?v=7qa4fypQ2D4
Leiro Magdalena S2B 2A4
Posted on 20 Marzo, 2012, in Documentos and tagged Comunicación Local, Curso 2011-2012, Galicia, narcotráfico, Radio, Radio Favela. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.
La comunicación y la información son un acicate imprescindible para el desarrollo social. La dimensión educativa y formativa de los medios, se evidencia en Radio Favela.
Moi certo Daisy, os medios teñen que seguir concienciándose de que a súa obriga ética é denunciar a opresión do pobo, pero o corporativismo esta a arrasar con todo.
Salvando as distancias entre Galicia e Brasil o que é compretamente certo e a sombra dos governos detrás do narcotráfico. Resulta pouco crible que co poder e cos medios que dispoñen os corpos do estado non se remate con esta lacra. O narcotráfico move millóns, en Ciudad Juarez o 90% da policia esta sobornada.¿ e en España ?. Tranquilo… en España non hai corrupción.
Se valorásemos máis o Estado de benestar nos anos de bonanza non estariamos onde agora nos atopamos. Aquí quen máis quen menos intentaba mamar do teto. Co narcotráfico o mesmo. Gústanos moito vivir ben a conta do sufrimento dos demáis, pode soar demagogo pero é así ou non?
Toda a razón, se hai o que hai é porque alguén o permitiu e a partir de agora só podemos soñar cun futuro mellor, porque o pasado… manda carallo como temos o pasado aquí
Sabes Matalobos ? pois dín que a realidade supera a ficción. Aínda hoxe hai moito trapicheo, pero aqueles anos foron tolos porque a heroína fixo estragos na xente nova, agora a coca e o éxtase disimulan máis.